Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
BASES DO XXI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
certame
BASES DO XXI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR A asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXI Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves. 1.- Establécense dúas categorías: A para participantes maiores de idade e B para participantes menores de idade. Outorgaranse catro premios: -1º da categoría A: diploma, obsequio conmemorativo e 100 €. -2º da categoría A: diploma, obsequio conmemorativo e 70 € -1º da categoría B: diploma, obsequio conmemorativo e 70 € -2º da categoría B: diploma, obsequio conmemorativo e 60 € Para recibiren os seus galardóns, os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario. Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada. 2- Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, mecanografados por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. 3.- Os traballos enviaranse por correo ordinario á Asociación Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XXI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que participan. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. Os traballos tamén poderán ser enviados mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso; e o segundo, denominado “plica”, os datos persoais que se esixen do autor. O prazo de admisión pecharase o mércores, 11 de maio de 2016. 4.-O fallo do xurado será inapelable e a entrega dos premios será o sábado, 21 de maio do 2016, nun acto que se celebrará no Teatro Principal de Ourense. 5.- Os relatos premiados publicaranse na web da A.C. Música e Cultura de Galicia (www.musicabarbadas.com), así como noutros medios de difusión. Os gañadores deberán enviar por correo electrónico os seus traballos á organización do certame. Destruiranse tódalas narracións presentadas ao certame, polo que non serán devoltas aos seus autores. 6.- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao xurado e o feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases. Ourense, 8 de marzo de 2016

Escrito por Justo, el Viernes, 11 de Marzo 2016
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal