Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
QUEN MAL ANDA
certame

QUEN MAL ANDA

(2º Premio na categoría B –participantes de 15 a 17 anos-. Ano 2011).

Unha vez, a un rapaz metérono nun centro de menores polo seu mal comportamento na casa, xa que lle pegaba aos seus irmáns e a súa nai falou cos responsables de Menores e estes dixéronlle que ían tomar medidas.

Ao cabo dun mes, os dos Servizos Sociais foron á casa do rapaz para falar. El berráballes:

-¡Deixádeme en paz! ¡Deixádeme! –pegaba golpes pola casa e os traballadores sociais dixéronlle:

-¡Tranquilo! Mañá vas ir para un centro de menores, porque o teu comportamento non é bo. ¡Cómo podes pegarlle aos teus irmáns, se son do teu sangue!

-¡Deixádeme en paz e non me comades a maldita cabeza!

-¡Como podes falar así tendo 14 anos, rapaz! ¿Paréceche bonito? De mozo vas acabar mal.

-¡Si home, veña, vaille comer a cabeza a outro!

O neno marchou para a rúa xunto aos seus amigos e os de Menores quedaron falando coa nai. Contáronlle que o mellor para o rapaz era que fose a un centro, porque alí aprendería a comportarse ben.

-En canto poidamos, chamámola para vilo a buscar –dixéronlle á nai.

Aquela mesma tarde avisárona de que virían buscar o seu fillo á mañá seguinte. O rapaz regresou á casa sobre as doce da noite. A nai botoulle a bronca e díxolle:

-Mañá voute espertar cedo, pois véñente buscar.

Así aconteceu. A policía tocou o timbre e preguntou:

-¿Está Marcos?

-Si, subide –dixo a nai-, que non quere baixar.

Entón, os axentes subiron e dixéronlle ao rapaz:

-Marcos, tés que vir con nós.

-¿A ónde me ides levar? –preguntou o neno.

-A un centro de menores.

Marcos quixo saber cómo se chamaba o centro e os policías dixéronlle que Santa María.

Pasado un tempo logo de que Marcos entrara no Santa María, puido saír de permiso á casa da súa nai e o rapaz estivo correcto. Como xa se portaba ben, trasladárono para outro centro que se chamaba Xacobeo. Aí, comezou a xuntarse con moi mala xente e a fumar porros. Aqueles novos compañeiros comíanlle a cabeza e dicíanlle:

-¡Fúgate, fúgate, que é moito mellor fuxir que estar metido aí dentro!

Entón o rapaz fuxiu. Estivo tres meses durmindo na rúa e roubando bicis. Cando o colleron, escapou outra vez e cometeu moitos outros roubos. Volvérono coller, pero un día que tiña xuízo escapou pola fiestra dun coche policial e andou catro semanas fuxido. Nese tempo fixo moitos roubos: doce bicis, dez móbiles, tres camisetas de marca, tres pantalóns, zapatos… O peor foi un día que o rapaz fumara varios porros e roubou pola noite dúas motos, pero collérono sobre as cinco e media da mañá.

Levárono para o calabozo e alí estivo toda a fin de semana. Moi pronto tivo un xuízo para xulgalo de todo o que fixera naquelas últimas semanas. Despois mandárono para un centro de Ribadavia. A Marcos non lle gustaba ese centro, por iso botou un día sen falar con ninguén. Os novos educadores dicíanlle: “o que meten polo que se fai, cúmprese”. Dende o 13 de novembro, día no que chegou ao centro, estivo alí dous meses e nese tempo chegou a pesar corenta e sete quilos. Ademais, tamén comezou a estudar. Tendo en conta que cando chegou non sabía nin sumar nin restar e que ademais lía moi mal e moi lento, ocorreu que mellorou moito en tres semanas. En pouco tempo, aprendeu a non contestar mal e tamén deixou de gritar.

Pero todo cambiou cando baixou de novo ao fogar, pois alí comezou outra vez a falar mal e cando ían corrixilo, berraba e daba golpes. Os educadores queixáronse:

-Este rapaz non aprendeu aínda nada, pois volve a contestar mal.

O rapaz seguía aí metido por culpa das amizades e das drogas. Fumaba moito e chegaba á casa cos ollos vermellos. Se a nai lle dicía algo que non lle gustaba, entón gritaba e pegaba puñetazos nas portas.

Por fortuna, nos últimos tempos,todo volveu cambiar. Marcos, arrepentido, rezaba tódolos días. Quería volver para a súa casa, coa súa familia. Agora portábase outra vez ben para poder saír de permiso de novo.

Por fin chegou o día no que o chamou o director do centro para dicirlle que dentro dunhas semanas ía poder volver para a súa casa.

Co paso do tempo, Marcos, traballou de mecánico, que era o que sempre quixo facer. Aos dezanove anos foi vivir coa súa moza a un piso e ao seguinte ano tiveron un fillo e chamáronlle Aitor.

O neno medrou e comezou a sacar a ESO, como antes fixera seu pai. Viviron xuntos algúns anos, pero un día Marcos e a súa muller foron de compras, mentres Aitor quedou na casa. Ao rato, chamouno a policía e contoulle que os seus pais morreran nun accidente de coche. O rapaz xa non quería vivir máis sen eles e entón empezouse a meter nas drogas, ata que un día que foi de troula cuns amigos, tomou unha pílula que lle deu unha moi mala viaxe e debido a ela, Aitor tamén morreu.

(Rubén González Dasilva. Ano 2011)


Escrito por Justo, el Viernes, 22 de Julio 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal