Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
A NENA QUE ROUBABA AS ESTRELAS
certame

A NENA QUE ROUBABA AS ESTRELAS 

(1º premio da categoría D –participantes ata 11 anos-. 2011)

1- CARLOTA

Carlota é una nena; non é alta, non é baixa, non é grosa, non é fraca…..pois cómo é Carlota?. Carlota ten o pelo marrón clariño e moi enredado. Os seus ollos son verdes, o seu nariz….pois…..pequeniño e recachado. A Carlota encántalle todo o que teña que ver cos experimentos, as apócemas….Só ten 11 anos, mais xa sabe o que quere e o que vai ser de maior: CIENTÍFICA. Cando algo se lle mete na testa é moi difícil que cambie de opinión.

Por aquel entonces Carlota quería algo para regalarlle á súa nai, mais non podería ser un agasallo normal e corrente porque á súa nai era a mellor do mundo, ou iso cría ela. A súa nai tamén tiña o pelo enredado. Todo o mundo dicía que se parecían moito.

Así que Carlota buscaba un agasallo……

2- AS ESTRELAS

Carlota precisaba algo especial e a ela non se lle ocorría outra cousa que as estrelas. Todas as noites as contemplaba abraiada. Pasábase todo o día no seu cuarto, pensando. Pero… en qué pensaba?. Ela dicía que pensaba en como coller as estrelas. Mais ninguén a cría. Cómo ía roubar as estrelas? É imposible! Mais ela non lle facía caso a ninguén. 

Cando xa levaba tres días sen saír, pensando, o seu cuarto parecía un laboratorio. Miles e miles de montañas de papeis e libretas cheas de apuntes. Fotografías pegadas en tódalas partes, lapis, gomas, estoxos…. Todo no chan! Na mesa! Nos estantes! Un desastre….

3- O DESCUBRIMENTO

Carlota pensara en “mooooooooooitas” formas de coller as estrelas, pero ningunha valía. A primeira era cunha cana de pescar, máis de seguida a rexeitou…As estrelas non pican coma os peixes. A segunda era una rede xigante, máis así deixaría o ceo sen estrelas e sería moi triste. Pero un día pensou nunha cousa: un ganapán co mango moi, moi longo. Gardouno no armario e pensou: -o probarei de noite. Durante o resto do día Carlota non paraba quieta porque estaba moi contenta. Se o invento funcionaba, tería as estrelas! Mentres comía quería dicirllo a alguén, mais non lle crerían e ademais tiña que ser unha sorpresa. De súpeto pareceulle que o tempo ía moi de vagar, nunca chegaba a noite.

4- FUNCIONA

Ás nove todo o mundo se foi para a cama e ás once todo o mundo durmía menos Carlota. Ela estaba esperta. Ás doce levantouse e sacou os pés fóra da cama. Ao pisar o chan un arrepío recorreulle todo o corpo. Qué frío!... nin sequera se puxo as zapatillas. Foi correndo ao armario e sacou o ganapán. Asomouse á ventá. Fóra sopraba o vento e todas as árbores se movían. O choro dun neno fixo que o silencio desaparecera. Carlota sacou unha man, despois a outra, e apoiouse no alfeizar. Agarrouse o tellado e impulsouse, Púxose de pé no tellado e unha pedra caeu…. Unhas persoas que pasaban pola rúa miraron cara arriba e Carlota agachouse detrás da cheminea.

5- A PRIMEIRA ESTRELA

Carlota seguía agachada detrás da cheminea e esperou uns minutos antes de poñerse de pé. Mirou cara abaixo….agora xa non pasaba ninguén. Colleu o ganapán, estaba moi nerviosa. Non podía parar de pensar que se funcionaba…. tería as estrelas!.

- Acouga Carlota, se non funciona, non pasa nada…..

Agarrou o ganapán moi forte, respirou profundo e…..levantou o ganapán. Achegouno a unha estrela e pechou os ollos. Non se atrevía a abrilos. E se o tivese conseguido? Abriu os ollos moi de vagar, alongou a man cara á rede do ganapán e….. queimouse!. Abriu os ollos de golpe… e alí estaba. Na súa man. Unha estrela. Non era moi grande mais ben pequena. Carlota non o cría. Conseguírao.

6- A MIÑA CAIXA DE ESTRELAS

Carlota baixou do tellado e entrou no seu cuarto, colleu un rotulador negro e nunha caixa de zapatos escribiu: A MIÑA CAIXA DE ESTRELAS. Despois gardou nela a súa estrela. Antes de ir durmir, escribiu nela o seu nome e os seus apelidos: Carlota Pérez Fernández. Fixouse na caixa e decidiu que o día seguinte pegaríalle algún debuxo na tapa, non lle gustaba a foto dos zapatos que aparecía. Despois meteuse na cama tapada ata o nariz, apagou a lámpada que lle regalaran mamá e papá no seu aniversario. En canto apagou a luz non lle deu tempo a pensar en nada máis e quedou profundamente durmida.

Esa noite soñou moitas cousas, mais sobre todo soñou, con ceos repletos de estrelas e caixas de zapatos.

7- POIS QUE NON ME CREAN

O día seguinte cando Carlorta espertou, colleu a súa mochila, vestiuse moi rápido e marchou cara o colexio. Cando saía correndo o seu pai asomouse a porta e gritou:

- Carlota, non almorzas.

- Non teño tempo.

E….por qué Carlota non tiña tempo?. Porque llo quería contar á súa mellor amiga Paula. Quedaran na estatua que había baixo a árbore vella. Cando chegou Carlota, Paula xa agardaba. Paula preguntoulle:

-Qué era o que me tiñas que contar?

-Paula, eu…….collín unha estrela!

-Claro, claro….qué tiñas que me dicir? E non me digas outra parvada.

-Non é unha parvada Paula, é certo.

-E para iso chamáchesme? Carlota non é que non te crea pero…..

-Pero qué?

-Nada déixao, mais non lle digas iso a ninguén. Todos pensarán que toleaches.

8-CARLOTA TOLEOU

Carlota foi soa ao colexio. Paula e máis ela nunca discutiran mais aquel día si. Paula non cría que ela collera unha estrela. Carlota lle dixo:

- Es moi mala amiga.

- Pois mellor, vou xogar con outra amiga.

- Vale, non quero estar contigo.

- Adeus.

Carlota tamén llo quixo contar a Roberto, o seu veciño, mais o único que lle dixo foi:

-O meu pai ten razón, cando as mulleres medran vólvense tolas!.

-Escoita! Eu non toleei.

-Carlota, mira, teño dous anos máis ca ti e dígoche que non se poden coller as estrelas.

Fora onde fora todo o mundo lle dicía “toleaches” ou “Ao mellor foron alucinacións”. Carlota non lles facía caso.

9-A CAIXA ÉNCHESE

Carlota pechouse no seu cuarto. Non tiña ganas de falar con ninguén. Ata o seu pai lle dixo que iso non podía ser: cómo ía coller unha estrela! Paula xa non lle falaba e iso que en clase lle mandara moitas notas .

Aquela noite Carlota, ás doce, volveu a saír ao tellado para coller outra estrela. Cando a colleu esquecéuselle Paula e gardouna na caixa. Repetiu isto moitos días. Ata que tivo a caixa chea de estrelas non parou. Cando a caixa estivo chea Carlota non sabía que podía facer con todas as estrelas. Estaba claro que eran para a súa nai, mais cómo llas daría?.... estaba moi nerviosa. Achegouse ao calendario que colgaba da parede, o día seguinte tería que darlle o regalo a súa nai, porque mañá era o seu día especial: o 25 de
xaneiro.

10- UN COLAR DE ESTRELAS

Carlota pensara nun montón de formas para regalarlle as estrelas a súa nai. A primeira era facer un debuxo e pegar as estrelas nel. Non lle gustou. A segunda era darllas así, sen mais, na caixa de zapatos. Tampouco lle pareceu unha boa idea. E aconteceu isto coa terceira, cuarta, quinta e sexta…… pero a sétima idea pareceulle marabillosa, e sabedes cal era a súa idea? Pois era un colar de estrelas! Así que se puxo mans á obra e comezou a facer o colar. Cando rematou peiteouse, púxose as súas mellores galas e saíu do seu cuarto. A súa nai estaba na cociña. Carlota dixo:

-Mamá, teño algo para ti.

-E qué é?

-é,…….

11- O SONO DE MAMÁ

-Carlotaaaaa a almorzar!

A súa nai chamábaa.

Carlota deitada na cama deuse conta de que todo fora un soño. Quedárase durmida e agora, …..agora non tiña nada para regalarlle a súa nai.

-Imos Carlota, que se arrefría o leite!.

-Vou- rosmou.

Calzouse e foi cara á cociña. Chegoulle o arrecendo das torradas. Sentouse nunha cadeira suspirando. A súa nai acaricioulle o pelo:

-Carlota, por qué suspiras?.

-Non, por nada…..

-Sabes Carlota? Esta noite tiven un sono moi bonito, cóntocho?

-Vale.

-Soñei……..que me regalabas un colar de estrelas.

Carlota sorriu.


(Anahí Barros Vidal. Ano 2011).


Escrito por Justo, el Miercoles, 29 de Junio 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal