Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
BASES DO XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
certame

BASES DO XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XX Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas. 

-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes de 15 a 17 anos .
-Categoría C para participantes de 12 a 14 anos.
-Categoría D para participantes ata 11 anos.

Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Ademais entregaranse cheques ós gañadores por importe de 620 euros, repartidos do seguinte xeito: 1ºA: 200€; 2ªA: 120€; 1ºB: 100€; 2ºB: 60€; 1ºC: 60€; 2ºC: 30€; 1ºD: 30€; 2ºD: 20€.

2- Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, escritos en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non poderá exceder de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. A temática será libre. Os traballos deberán ser mecanografados, admitíndose tamén traballos manuscritos nas categorías C e D.

3.- Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Barrio de Requeixo, 70. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que se participa. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. Os traballos tamén poderán enviarse mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso; e o segundo, denominado “plica”, os datos persoais que se esixen do autor.

4.- O prazo de admisión pecharase o venres, 20 de maio de 2011, ás 19 h. O fallo do xurado será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o domingo, 5 de xuño do 2011 ás 20:00 h., nun acto literario/musical que se celebrará no Teatro Principal de Ourense. Os galardóns poderán declararse desertos.

5.- Os relatos premiados serán recollidos na web da asociación cultural Música e Cultura de Galicia (www.musicabarbadas.com), reservándose tamén os organizadores o dereito de publicalos. Os oito gañadores deberán enviar á organización do certame os seus traballos, por correo electrónico, nos días seguintes a comunicárselle os premios e antes da súa entrega. Destruiranse tódolos traballos presentados ó certame, polo que non serán devoltos ós seus autores.

6.- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ó xurado. O feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases. 

Barbadás, a 20 de febreiro de 2011


Escrito por Justo, el Jueves, 24 de Febrero 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal