Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
HISTORIAS DA MIÑA XENTE
certame

HISTORIAS DA MIÑA XENTE

(2º premio na categoría C -participantes de 12 a 15 anos-. Ano 1999)

Non hai moito tempo, nunha tarde escura e fría de inverno, a miña avoa contoume o pasado recente dun gran personaxe. A historia transcorrera faría uns trinta anos, pero eu non a coñecía.

“Polos anos sesenta, cando o “Black is Black” dos Bravos e o “Yellow submarine” dos Beatles soaban por todo o mundo, vivía nunha pequena aldea de Ourense, un mozo de trece anos, que tiña os cabelos escuros, a faciana alegre e morena e os ollos negros, que parecían dous carbóns. Era un rapaz alto e delgado. Non tiña ningunha preocupación que lle estivera a facer mal na cabeza. Tamén era pillabán e divertido. Chamábase Lois.

A súa familia vivía do campo. Dende os dez anos, a súa nai mandábao coas dúas ovellas e o carneiro que tiñan, ata unha eira que había preto da súa casa. Alí os animais pacían a herba verde que medraba na beira do empedrado e mesmo entre as laxes. Lois non lle tiña medo a nada e tódolos días marchaba ás sete da mañá cara o campo e volvía sobre as oito do serán. No tempo que alí estaba, non facía máis que durmir á sombra dun enorme castiñeiro que o seu bisavó plantara setenta anos atrás.

Non obstante, os domingos eran completamente distintos ós demais días da semana, porque Lois ía coa súa familia a unha igrexa da cidade a participar na misa. Logo, ó saír, sempre tomaba unha mazá recuberta de caramelo e de cando en vez ían tamén ó cine, á sesión das catro que daban no Principal.

Durante moitos anos, o rapaz fixo esa vida, pero un día díxolle ós seus pais que quería ir estudar á cidade. Naqueles tempos, ningún dos rapaces da aldea fixera tal cousa, polo que as novas sobre a intención de Lois circularon por toda a bisbarra. Seus pais pensaron que toleara. Os mozos do lugar comezaron a mofarse del, pero Lois seguiu teimando e despois de moito porfiar, conseguiu o que tanto arelaba: ir estudar á cidade.

Nos primeiros meses da súa estancia nun internado de Ourense, todo lle foi ben. Sentíase a gusto naquel centro e en ningún momento pasou polo seu maxín a idea de regresar á súa querida aldea, pero un día, sen ningunha razón explicable, comezou a sentir unha anguria que lle percorría todo o corpo desacougándoo, unha morriña por volver daquela cidade allea.

Unha mañá meteu nun macuto unha pouca roupa e algo que levar á boca e camiñou durante un par de días ata chegar á casa. Nada máis entrar pola porta, saudou ós seus pais con moita emoción e a continuación colleu o seus pequeno rabaño e levouna ata a eira. Unha vez alí, púxose a durmir, como sempre fixera, debaixo o vello castiñeiro.

Á hora de cear contoulle ós seus o que lle pasara pola cabeza nos últimos días, as ansias de volver á aldea e a determinación que tomara, pero tamén lles falou do moito que aprendera no colexio de Ourense e da súa intención inquebrantable de seguir aprendendo. Por iso, ficou só unha semana máis coa familia e logo volveu ó internado e continuou cos seus estudos”.

Xa pasaron tres décadas dende que Lois viviu a máis importante aventura da súa vida. Agora formou unha nova familia e está moi ledo co traballo que ten. Sempre que este llo permite, leva os seus á aldea que o viu nacer primeiro e máis tarde camiñar moitas veces cara a eira. Agora é un home feliz e algunhas veces cando se ergue á mañá, ó asearse mírase no espello e repara que aínda conserva na face moito daquel neno que correu algúns anos polos camiños da aldea. Ese rapaz, daquel entón, que el ve, é hoxe meu pai.


Pablo Fernández Fidalgo. Ano 1999.


Escrito por Justo, el Martes, 07 de Diciembre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal