Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O ENIGMA DE CHACARRA
certame

O ENIGMA DE CHACARRA

(2º premio na categoría C –participantes de 10 a 13 anos-. Ano 2006)

Unha vez, no Barco de Valdeorras, unha rapaza de 15 anos, chamada Sandra, viu a un vello de falar amable, que logo de presentarse invitouna a un té. Manolo, era o seu nome, pero como a Sandra lle dixeran na casa que non aceptase nada de descoñecidos, díxolle que non. Ó día seguinte volvéronse atopar e falaron outro pouco. Así ocorreu durante tódolos días dunha semana. Cando houbo máis confianza, Sandra preguntoulle a Manolo cómo era que sempre andaba polo Malecón e o vello contestoulle:

-Ando por aquí porque ti es unha fermosa rapaza que tés pinta de ser tamén estudosa, polo que creo que me poderías moi ben axudar a resolver o enigma de Chacarra.

Ese día, Sandra, regresou á súa casa moi pensativa. Ó día seguinte, no Malecón volveu atopar a Manolo. Quedou abraiada ó ver que ía cun rapaz que ela xa coñecía de vista, porque estudaban no mesmo instituto. O vello explicoulle que o mozo chamábase Pablo e que era o seu neto. O rapaz, que tiña 16 anos, estábao axudando no tema do enigma. A Sandra tamén lle gustaban moito as aventuras.

O vello pediulles que foran con el á súa casa para contarlles todo o que sabía de Chacarra. Saíron do Malecón e desviáronse por unha rúa cega. Manolo abriu a porta do número 13 e subiron as escaleiras. Unha vez dentro do piso, o vello explicoulles que Chacarra era un deus antigo, protector do Barco, pero que se estaba a debilitar o que iso nada bo podía traerlle á vila. Esa era a razón pola que deberían descubrir qué lle pasaba a Chacarra e logo intentar arranxar o problema.

Sandra marchou algo preocupada para a súa casa, meditando todo o que o vello lle dixera, pero moi animada tamén principalmente por dúas cousas: por que aquilo prometía ser unha gran aventura e porque quedara de ir ó día seguinte con Pablo á biblioteca pescudar sobre Chacarra. Mentres tanto noutra casa do Barco, Manolo e a súa dona, Marta, estaban a discutir.

-Non volvas coas túas fantasías, Manolo. Pablo ten que estudar e non lle interesa nada saber sobre ese tal “Racha” -dicía Marta.

-¡Chacarra! –dixo entre dentes, o seu home.

-Tranquila avoa, que estou de vacacións e aínda podo distraerme con esas cousas -rematou Pablo coa discusión.

Ó día seguinte, na biblioteca, os rapaces buscaron información sobre ese deus especial de Manolo. Durante toda a mañá non tiveron ningún resultado. Á hora do xantar foron por uns bocadillos, que comeron no Malecón. Logo, regresaron á biblioteca e seguiron buscando ata que Sandra atopou un libro titulado “Historia Completa do Barco de Valdeorras”. Nel atoparon interesantes datos sobre Chacarra. Os rapaces pediron permiso para levar o libro e unha vez na rúa, correron ata o número 13, para comunicarlle o seu descubrimento a Manolo. Cando chegaron, sen embargo, non había ninguén na casa. Entón decidiron ir á casa de Sandra e ler alí o libro e buscar todo o que houbese relacionado co enigma. Ó chegaren, Carme, a nai de Sandra, díxolle:

-Chegas tarde, xa estabamos preocupados.

-Perdoa mamá; non volverá ocorrer. Por certo, este rapaz é Pablo, un amigo do instituto que me estivo explicando as ecuacións. Xa sabes que non as entendo moi ben. Como os seus avós non están na casa, pensei que podería aquí hoxe na nosa casa.

-¿E logo os seus pais? –preguntou Carme.

-Eu son orfo, señora, por iso vivo cos meus avós –respondeu Pablo.

-¡Ah! Veña, pasade –indicou a nai de Sandra.

A casa da rapaza tiña dous pisos; no de abaixo atopábanse a cociña, o salón, o comedor, un dormitorio, un estudo e o cuarto de baño. No de arriba, dous dormitorios, un cuarto de baño e a terraza. Ó pasaren, viron no salón a Pepe, o pai de Sandra, que ía dicir algo, pero que ante a mirada da súa muller, calou.

Despois de cear, os rapaces subiron ó dormitorio de Sandra e puxéronse a ler de novo o libro que lle prestaran na biblioteca. Atoparon moitas cousas que lle poderían servir de axuda, como que a tumba de Chacarra se atopaba no cemiterio da vila. Logo anotaron todos os datos que consideraron necesarios. A nai de Sandra, entrou na habitación e díxolles que xa era tarde e que había que deitarse. Indicoulle a Pablo cál era o seu cuarto. Os rapaces despedíronse ata o día seguinte.

Á mañá, espertounos Pepe, cunha mala nova. O avó de Pablo estaba a morrer. Foi entón cando os rapaces se decataron da enorme importancia que tiña encontrar a Chacarra. Sandra colleu a súa bicicleta e acompañou a Pablo para que collera tamén a súa. Logo encamiñáronse ó cemiterio.

Ó chegar, buscaron a tumba do deus. Cando a atoparon, pronunciaron unhas palabras, supostamente máxicas, que o avó lle aprendera a Pablo. Entón, abriuse o chan fronte a eles e apareceron unhas escaleiras de aspecto moi vello. Baixaron por elas e atoparon unha estancia de considerables dimensións, na que había un home durmindo. Achegáronse a el con algo de medo. Sandra dixo:

-¡Por favor, señor, esperte!

-¿Quen sodes vós? –dixo o señor bocexando.

-Descúlpenos –falou o mozo-, non queríamos molestalo. Eu son Pablo e esta é a miña amiga Sandra.

-¿Que queredes, rapaces? –dixo o home, con cara de poucos amigos.

-Isto …. -comezaron.

-¡Non me digades nada! ¡Ti es o neto de Manolo! ¿non? –dixo aquel homazo, sinalando a Pablo.

-Si señor –respondeu o mozo-, nós vimos porque o meu avó que vostede se estaba debilitando e por iso xa non nos protexías como antigamente.

-¡Non é iso! É que como ninguén me visita dende fai anos, abúrrome e durmo con máis facilidade –explicou Chacarra-. Pero de agora en adiante, espero que Manolo e vós me veñades a ver a miúdo e me contedes as cousas do Barco.

Despois de prometerlle que irían visitalo e de pedirlle axuda para Manolo, os rapaces saíron do cemiterio e collendo as bicicletas, correron cara o hospital. Ó chegaren, atopáronse con Manolo e Marta na entrada. Os rapaces quedaron abraiados ó velo, pero o avó contoulle que Chacarra o visitara facía un anaco e lle dixera que aínda tiña que facer unhas cantas visitas antes de morrer. Sandra e Pablo botáronse a rir e contáronlle todo o ocorrido aquela mañá. Dende entón, todos eles fixéronlle numerosas visitas á tumba de Chacarra, ata que un a un foron morrendo de vellos.

Coral Real Llamas. Ano 2006.


Escrito por Justo, el Viernes, 22 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal