Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O SAXOFÓN E OS SETE BEMOLES
certame

O SAXOFÓN E OS SETE BEMOLES

(1º premio na categoría C –participantes ata 11 anos. Ano 2009)

Érase unha vez un fermoso saxofón que ía visitar ós seus curmáns, os sete bemoles: DO b, RE b, MI b, FA b, SOL b, LA b e SI b. Cando ía de camiño polo pentagrama, atopouse co malvado Desafine que lle dixo:

-Para chegar pronto á casa dos teus curmáns, será mellor que fagas un silencio e tomes folgos e así chegarás antes.

Saxofón, que era un instrumento moi bo, fíxolle caso. Mentres, Desafine, tomou un atallo e chegou á casa dos sete bemoles. Chamou á porta e cando os bemoles lle abriron, Desafine soprou e soprou con moita forza; tanta, que os sete bemoles convertéronse en sete sostidos.

Cando saxofón chegou á casa dos seus curmáns coa intención de tocar unha fermosa melodía, non foi quen de facelo, porque como xa dixen, os sete bemoles eran agora sete sostidos. Entón, atraído por aquel arrepiante son, apareceu o bonachón Semitón que meteu nun saco a Desafine e converteu ós sete sostidos de novo en bemoles. Así Saxofón puido por fin interpretar un marabilloso compás, xunto cos seus curmáns, os sete bemoles.


María Yáñez Carrasco. 2009.



Escrito por Justo, el Lunes, 11 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal