Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
A FAMILIA MARTINEZ DERROTADA
certame

A FAMILIA MARTINEZ DERROTADA

(2º premio na categoría C –participantes ata 11 anos-. Ano 2008)

Érase unha vez unha familia de sete membros á que lle gustaba moito o circo. Un día chegou á súa cidade un famoso espectáculo. Na casa, todos moi contentos, decidiron ir velo. Tan pronto chegaron, xa participaron nun concurso. O premio era un enorme moneco.

Todos na familia estaban seguros de poder gañar, ata que viron chegar ós seus veciños da familia Martínez, que sempre gañaban todo. Os compoñentes da familia Montoya asustáronse e pensaron:

-¡Con estes aquí, non imos gañar nada!

Escoitaron a un home que dicía:

-¡Tin … tin… ¡Empeza o concurso!

Cando os chamaron a actuar, as caras dos Montoya pasaron de sorrir a amosar unha gran preocupación, pero fixeron moi ben o seu número. A continuación participou a familia Martínez.

O xurado, que estaba composto por varios nenos do público, decidiu que a familia Martínez non debía gañar, pois só sabían rirse dos demais.

-¡Tin … tin … ¡O xurado xa ten gañador! A familia Montoya é a nosa gañadora.

-¡Ben, ben!- Brincaron todos os Montoya.

As caras dos compoñentes da familia Martínez era de rabia e derrota, pero aprenderon unha gran lección: Non nos debemos rir de ninguén. O pai da familia Montoya choraba de alegría. Nunca antes gañaran ningún premio nin se sentira tan orgulloso.

E colorín, colorado, este conto xa rematou.


Yemeba Montoya Jiménez. 2008.




Escrito por Justo, el Lunes, 11 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal