Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
ANTÓN E MARIÑA
certame

ANTÓN E MARIÑA

(2º premio na categoría D –participantes ata 11 anos-. Ano 2000)

Había unha vez un rapaz que vivía só. Os seus pais faleceran nun accidente de avión. O neno non tiña ninguén máis de familia e vivía nunha casa, á beira do monte.

Un día saíu a dar unha volta. Non lle importou que empezaba a aparecer a néboa. Andando, pouco a pouco, adentrouse cada vez mais no monte. Cando mirou para atrás, xa non vía a súa casa e estaba rodeado por todos os lados de árbores. A néboa, agora moi pecha, non lle deixaba ver nada. O rapaz empezou a preocuparse. Facía frío e xa estaba anoitecendo. Intentou volver, pero seguía a penetrar máis no medio do monte. Pasaban as horas e o neno non conseguía chegar a súa casa.

Xa era de noite cando atopou unha cabana. Estaba indeciso, porque non sabía se entrar ou quedar fóra. Tiña moito frío, polo que decidiu entrar. A cabana estaba escura e o rapaz sentiu medo. Cando entrou, a porta cerrouse moi lentamente. Cando se viu ás escuras, ó neno aínda lle entrou máis temor. No fondo da cabana, á dereita, había unha luzada. Achegouse para ver que era aquelo, pero ó chegar, algo lle impediu pasar. De tanto intentalo, ó final deu pasado. O resplandor viña dun buraco da parede. Cando ía mirar dentro, saíu de alí unha nena.

-¿Quen es? –Preguntoulle o rapaz.

A nena contestoulle: -Chámome Mariña e vouche contar o meu segredo. Unha vez, unha bruxa embruxoume e dende aquela vivo nesa parede.

-Pero, ¿por que te embruxou?

-Porque meus pais fixéronlle moito dano nunha perna e quedou coxa e entón ela fixo que as pagase eu. ¿Como te chamas ti?

-Eu, Antón.

-Podiamos ser amigos. –Dixo Mariña.

-Si, pero ¿non hai ningún remedio para quitarche a maldición?

-Non o sei. Paréceme que se alguén me leva para a súa casa e me deixa vivir alí, entón quizais se me quite.

-Eu podo levarte para a miña casa e se vives alí ó mellor quítaseche a maldición. –Comentou Antón.

-E ti ¿onde vives? –Preguntou Mariña.

-E que agora non me acordo. Perdinme e por iso cheguei eiquí. –Respondeu o neno.

-Pois pódoche axudar a encontrala. –Ofreceuse a rapaza.

-Pois eu agradeceríacho moito.

Nun momento, Mariña e máis Antón comezaron a andar e a buscar a casa. Indo polo camiño atoparon a unha señora maior que levaba a cabeza tapada. Cando se achegaron, Mariña descubriu que era a bruxa e abraiouse moito, agarrándose forte a Antón.

-¿Que pasa? ¿Quen é? –Preguntou o rapaz.

-É a bruxa. –Berrou a nena.

-Acórdaste de min, Mariña. ¿Que tal che vai a vida na parede? –Preguntou a bruxa.

Mariña botou a correr e Antón seguiuna. A bruxa botouse a rir e nese momento desapareceu. Cando os rapaces pararon de correr, dixo Mariña:

-¡Antón mira esa casa!

-¡É a miña casa! –Exclamou o neno.

-¡Que ben! –Dixo Mariña.

-Imos dentro. –Dixo Antón.

Cando entraron quedaron abraiados porque atoparon a casa toda esnaquizada e patas arriba.

-¿Que pasou eiquí? –Preguntou Antón, moi triste.

-Seguramente foi a bruxa que che colleu manía. –Contestou Mariña.

Decidiron recollelo todo e ó acabar tiráronse nun sofá de cansados que estaban.

Un día, ó cabo de moito tempo, recibiron unha carta anónima que dicía o seguinte: “Estimados nenos: A bruxa morreu. Xa podedes ser felices”. Saltaron de alegría.

Pasaron os anos e aqueles rapaces fixéronse maiores, casáronse e tiveron fillos. Viviron sempre naquela casa e os seus fillos tamén.

Vanessa Pérez Barral. 2000.


Escrito por Justo, el Lunes, 11 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal