Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O GRANXEIRO DESESPERADO
certame

O GRANXEIRO DESESPERADO

(2º premio na categoría C –participantes ata 11 anos-. Ano 2009)

O granxeiro Antón estaba desesperado porque unha das súas vacas, que se chamaba Elisa, tiña unha pata rota. A pobriña non podía correr, nin tan sequera andar, nin por suposto xogar, como facían as outras vacas e bois. Ela estaba sempre botada á sombra. Un día dixo o granxeiro Antón:

-¡Xa sei, chamarei ao veterinario o luns!

O luns chamouno e este quedou de vir o mércores á granxa de Antón. Cando chegou o día, o veterinario examinou a Elisa e dixo:

-É moi difícil de curar. Pode que tarde varios meses en recuperarse.

Dito isto, fíxolle a cura e foise. O granxeiro Antón, preocupouse aínda máis. Un día, Elisa probou a levantarse, pero non puido. Ao día seguinte, Antón foi a vela e díxolle:

-¿Que tal?

-¡Mal! –Contestou ela.

O granxeiro desmaiouse ó ver que Elisa podía falar. Levárono ao hospital e mentres estaba alí, o seu fillo coidaba a granxa. Este non sabía que a vaca falaba. Unha mañá, Xosé, que así se chamaba o fillo de Antón, atopábase dando de comer tranquilamente aos cochos. Estaba moi preto de Elisa e de súpeto, un dos porcos empurrou a Xosé, que foi ao chan de mala maneira.

-¿Estás ben? –Escoitou.

A cara do fillo do granxeiro púxose vermella.

-Si, grazas. ¿Cómo é que podes falar?

Elisa non respondeu. Era tarde e tiña sono.

Ao día seguinte, a vaca estaba botada no prado. Moveu un pouco a pata que tiña mal, para ver se mellorara; pero non, seguía maltreita. Entón viu ao lado unha planta diferente e comeuna sen saber que esta viñera doutro planeta, que era máxica. O dolor foise rapidamente. Elisa levantouse e puido camiñar, correr e xogar.

Xusto nese intre, o granxeiro chegaba do hospital, nun taxi, e viu como a súa vaca brincaba no prado. Púxose moi contento, porque xa non se desesperaría máis. A súa favorita xa estaba ben. Recordou que crera que a vaca falara. Tanto tiña, pensou mentres sorría, seguro que foi só un espellismo. Saudou ao seu fillo e os dous entraron na casa moi contentos.

María Yáñez Carrasco. 2009.


Escrito por Justo, el Lunes, 11 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal