Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
XABIER NA LÚA
certame

XABIER NA LÚA

(1º premio na categoría D -participantes ata 11 anos-. Ano 2004)

Xabier era un neno de 9 anos. A súa mestra sempre lle dicía: “Xabier, sempre estás na lúa”. Pero el non lle facía caso.

Un día Xabier foi á escola e, coma de costume, a mestra díxolle que estaba na lúa. Pero esta vez pasou algo que ninguén esperaba, porque Xabier desapareceu.

Ó cabo dunha hora apareceu na Lúa. Alí todo era moi estraño. O chan era branco como a neve e había cráteres por todas partes. Incluso Xabier vestía coma os astronautas que saían na tele.

Investigou durante tres días ata atopar unha nave. Era xigantesca e tiña dez asentos e dúas salas de mando. Sentouse nun asento brandiño coma o algodón e quedouse durmido.

Cando espertou, Xabier, moi asustado, preguntou:

-¿Que me facedes?

-Facémosche probas.

-Pois non me gustan.

-¡Ah si!

O selenita achegóuselle moi lentamente e díxolle:

-¡Vaite, aquí non te queremos! Total, xa sabemos de que cor é o teu sangue.

Xabier foise correndo.

-E agora … ¿A onde irei?- Preguntouse.

-Camiñou durante tres horas, ata que encontrou un burato, que ó final resultou ser unha cova. Nela había rochas, restos de animais e incluso tiña pingueiras. Pero o peor de todo foi que resultou se-la gorida dun oso selenita.

-¡Oh non!- Berrou.

Saíu correndo de alí mentres se lamentaba. Seguiu ata encontrarse cunha nena que tamén estaba perdida na Lúa. Xuntos percorreron aquel satélite branco. A nena chamada Lorena, era alta e delgada; tiña os ollos azuis coma o ceo e grandes coma pratos, cellas finas, labios carnosos, orellas pequenas e nariz respingón. Era moi lista e sincera, tamén amable e vestía traxe de astronauta e casco a xogo.

-¡Estou esgotada!- Díxolle.

-Non te preocupes. Utilizaremos aquela nave para regresar ó noso planeta.- Contestoulle Xabier, indicándolle unha.

Así chegaron á Terra. Despois de vinte anos, tiveron cada un o seu emprego. Lorena era enfermeira, nembargante Xabier foi astronauta e viaxou a Marte. Nese planeta viu cousas fascinantes. Examinou os seus cráteres e observou o Monte Olimpus. Comprobou que había catro estacións coma na Terra, pero que duraban máis.

Cando Lorena e Xabier se xuntaban, recordaban aquela marabillosa viaxe e animaban a tódolos nenos para que estudasen e tivesen un mellor coñecemento da Lúa, o noso satélite.

Lucía Díaz Rodríguez. 2004


Escrito por Justo, el Lunes, 04 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal