Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
ANTES NUNHA BOLSA, AGORA NO CORAZÓN
certame

ANTES NUNHA BOLSA, AGORA NO CORAZÓN

(2º premio na categoría C -participantes de 12 a 15 anos-. Ano 2001)

Xenxo estaba moi nervioso. Montara no autobús e fora dereito ós últimos asentos. Acomodárase alí e colocara ó seu lado a bolsa azul escura que o acompañara durante todo o camiño.

Tremíanlle as mans e tiña a sensación de que o estaban axexando tódolos pasaxeiros.

Cada vez achegaba máis esa bolsa estraña ós seus xeonllos. ¡Deus, cómo fedía aquilo! Agora as persoas si que se fixaban nel e na bolsa, non antes.

Ó fin, Xenxo, baixou do autobús, pero cando chegou á beirarrúa deuse conta de que esquecera a mochila. ¡Non podía ser! ¿Por que lle pasaban sempre esas cousas a el e non a outro! No momento, botou a correr, pero logo se deu contada de que era inútil; o autobús non pasaría por alí ata o día seguinte; a estación estaba lonxe e o coche del tíñao Luísa, a súa filla, que marchara de troula polo serán e que tan pronto chegou á casa puido comprobar, como sospeitara, que non apareceran nin ela nin o vehículo.

O home non cabía en si, pensaba no que contiña a bolsa. ¡Como a alguén se lle dese por mirar!

Esa noite pasouna moi mal. Tiña medo de que descubrisen o cadáver de Pepiño. Ó pobre coñecíao todo o pobo; ¡era tan bo! Non se metían con ninguén, limitándose só a pasear pola praza. Ata que Xenxo o atropelou sen querer. ¡Deus, como alguén o soubese...! Pero só fora un accidente.

Xenxo viña de tomar uns albariños na bodega do seu compadre. Lembra que viña cantaruxando: “Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e …” Xusto antes de rematar cos seus debidos tempos a verba: ¡¡¡ZAAS!!!

Pepiño quedara “redondo” no medio da estrada; el que nunca lle fixera mal a ninguén. Era digno de lástima. Entón Xenxo, collera a bolsa máis grande e resistente que atopara no maleteiro e metérao alí. Agora o home estaba sen bolsa, sen morto e co risco de que alguén descubrise o segredo que había dentro dela.

Ó día seguinte, cando foi ó autobús, xa non quedaba nel nin rastro do cadáver. O condutor díxolle que fose a Obxectos Perdidos, que de seguro alí atopaba a bolsa, pois fora el mesmo quen lla entregara ós gardas. Así llo dixo, así marchou cara alí. Vestiuse ben, non fose sospeitar del a garda civil. Puxo a chaqueta nova de raias, entrou no seu coche e dirixiuse á estación.

Chegou enseguida. Achegouse ós gardas e preguntoulles moi calmado:

-¿Viron vostedes unha bolsa azul?-

Un axente, moi atento, meteu o brazo dereito nunha especie de gran caixón e sacou unha bolsa. Entregoulla e Xenxo, que deu as grazas. Cando xa estaba saíndo polo porta, o mesmo garda berroulle:

-¡É fermosa a caveira esa!

A Xenxo, ó escoitalo, case xe da un ataque ó corazón. Entón fixouse que o home lle estaba a mirar para o pescozo. El mirou tamén e observou que levaba posto o colgante que mercara nas festas de agosto, porque daquela as caveiras estaban de moda. Tra pecha-la portar apurou o paso ata chegar o automóbil. Alí suspirou e meteu a Pepiño baixo do asento traseiro. Logo acendeu o coche a marchou.

Chegou á casa ás doce e media, máis ou menos. Abriu a bolsa. ¡Que sorte! Pepiño aínda estaba alí. Pensou que xa eran horas de enterralo.

Baixou á vila, xunto ó seu curmán, que seica sabía escribir con moito xeito nas pedras e mandoulle poñer unhas verbas ó defunto.

Cando regresou vestiuse con roupa vella, colleu a Pepiño e foi ata o xardín. Fixo un buraco ben fondo ó lado dun piñeiro; logo meteu dentro a Pepiño e tapouno con bastante terra. Por último, colocou a lápida na que se podía ler:

-Pepiño, aínda que só foses un corvo, eu levareite sempre no corazón.


María Alicia Fernández Rodríguez. Escairón (Lugo). 2001.


Escrito por Justo, el Lunes, 04 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal