Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
UNS LENTES FORA DO COMÚN
certame

UNS LENTES FORA DO COMÚN

(2º premio na categoría C -participantes de 12 a 15 anos-. Ano 1997)

Era un día coma outro calquera, ou mellor dito, iso era o que eu pensaba, xa que máis tarde decataríame de que non estaba no certo.

Era un fermoso sábado de primavera. Erguinme cedo. O primeiro que fixen foi asoma-la cabeza pola fiestra para contempla-lo novo día. Logo tomei un baño para refresca-las ideas e por último, baixei a almorzar.

Coma sempre, non había ninguén en pé na casa a esa hora e por ese motivo tiven que elabora-lo meu propio almorzo. Ó rematar, fun dar unha volta polo parque para facer ben a dixestión. Non me decatara de que era sete, ¡feira! Achegueime ó mercadillo. Unha vez alí non puiden resisti-la tentación de mercar unha sudadeira e un amuleto da sorte. Xa me ía, cando pasei diante dun posto hindú que tiña infinidade de cousas á venda, dende unha diadema ata unha peneira para peneira-la fariña. Eu fixeime nuns fermosos lentes que valían 1.000 pesetas. Parecéronme caros, pero o vendedor dixo que valían moito máis aínda; moito máis, repetiu. Non sei ben porqué, pero aceptei o trato e compreinos.

De camiño á casa, parei na biblioteca xa que me apetecía ler un pouco. Así que collín un libro titulado “O cocho de carreiras Rudi Fuciños”. Púxenme os meus novos lentes para lelo. De súpeto, vinme dentro do conto; alí estaba eu no medio da carreira de cochos e cos lentes postos.

Todo o mundo berraba e animaba. Entón saquei os lentes e volvín aparecer tranquilamente na mesa da biblioteca. ¡Que berro soltei! Case me botan fóra polo escándalo. ¡Que vergoña! En fin … ¿sería a imaxinación, ou sería un soño tras quedarme durmida? Non sabía explicalo. Collín outro libro titulado “Moncho e Driar! e de súpeto vinme absorbida por el. ¡Non estaba soñado, non! Atopábame nunha nave espacial, a de Drior. Non sabía se rir ou chorar, pero optei por saca-los lentes. As cousas volveron a ser como antes. Saín da biblioteca e fun para a casa. Xa nela, mireime a un espello e vin que tiña a cara moi pálida; por iso, metinme na cama e pasei nela todo o domingo e gran parte do luns. Ese mesmo día collín nun estante da habitación un libro chamado: “Lamberto” e tras poñe-los lentes, pasou o mesmo ca nas anteriores ocasións. ¡Meu Deus, isto ía en serio! Os lentes tiñan o poder de introducirme nos libros. ¡Era marabilloso!

Isto que conto ocorreu fai hoxe un ano e dende entón gardo os lentes como se fosen un gran tesouro, pero é un segredo que quero que quede entre ti e máis eu, aínda que o máis importante é que os libros poden se-los teus mellores amigos, que con eles pasarás un bo rato e coñecerás moitas cousas novas. Cando os abres e os les, descobres que no seu interior se acochan milleiros de historias que están desexando que ti as descubras. E ¿quen sabe?, se algunha vez na feira, mercas uns lentes que ….

Estefanía Elena Peña Quintas. 1997.


Escrito por Justo, el Lunes, 04 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal