Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
OS CATRO PAPIROS
certame

OS CATRO PAPIROS 

(1º premio na categoría B –participantes de 12 a 16 anos-. Ano 2009)

O Reencontro 

- Pater, ¿cando zarpamos? – dixo Héctor, un dos nenos.
- Cando chegue o capitán – respondeu o pai do neno.
Catro nenos e un adulto atopábanse no porto da cidade de Massilia. Os nenos chamábanse Héctor Sinita, Caio Suetonio Mela, Diana Catula e Livia Xulia.
Héctor era galo. Vivía en Massilia desde que nacera, fai doce anos. Coñeceu ós seus amigos nunhas vacacións en Hispania. Era alto e moreno. A súa nai abandonouno para facerse vestal.
Caio era romano. Facía dous anos, a súa familia tívose que trasladar a Hispania por motivos políticos, xa que o seu pai era adicto á República. Alí coñeceu ós seus amigos. Era alto, algo gordecho e moreno.
Diana era de Roma. Pertencía a unha familia patricia que vivía nos arredores de Roma. Fai dous anos fora a Hispania coa súa nai para visitar á aboa. Alí coñeceu ós demais nenos. Tiña o pelo cor cenoria e era alta e delgada.
Livia era de Hispania. Era orfa e vivía coa súa aboa. Coñeceu ós tres nenos cando estes estaban de viaxe por Hispania. Era loira.
- Aí chega o capitán Recárabos – dixo o pai de Héctor, Pomponio Sinita.
- ¡Bos días a todos! – dixo Recárabos, un home de longa barba e cunha voz que inspiraba tranquilidade.
Embarcaron sen problemas. O difícil foi saír do peirao, xa que Recárabos, moi relixioso, tivo que persignarse dez veces ante o altar de Xúpiter no barco. Despois duns largos minutos, o barco zarpou. 

Rumbo a Brundisium 

- ¡Rumbo a Brundisium! – berrou Diana. Encantábanlle as viaxes, aínda que isto levara consigo ir en barco, algo que ela aborrecía.
- Sí, comentáronme que o aire é moi puro por alí – respondeulle Livia. Ésta padecía unha estraña enfermidade da respiración que só se curaba con aire puro e herbas.
Na outra parte da cuberta, Caio e Héctor, xunto con Flavio, un escravo do barco, xogaban ós dados.
- E ti, Flavio…¿que fas aquí, tan lonxe da túa patria? – comentou Caio. Flavio dixéralles que era de Xudea.
- A min capturáronme uns traficantes de escravos de Siria. Vendéronme en Dacia. Fun pasando de amo en amo xa que son moi torpe. Ó final acabei neste barco. Gústame bastante, aínda que traballo moito e como menos – explicoulles Flavio ós dous coa súa voz monocorde – cando teña bastante diñeiro, mercarei a miña liberdade.
- Un relato moi conmovedor…¡¡A traballar!! – ordenou un home alto que apareceu por detrás de Flavio.
- Sí, señor, oh, amo – dixo Flavio.
Cando se foron Héctor preguntou:
- ¿Quen é ese?
- Chámase Marco Apelliota Cavafis e é senador en Roma. A súa figura está manchada pola súa infiltración nunha agrupación de traficantes de escravos en Exipto. Ten catro villas e varias insulae.
- ¿E ti como sabes todo iso? – preguntou Héctor incrédulo.
- Díxomo o capitán. A él non lle gusta moito que estea neste barco, pero paga ben – contestou Caio.
- ¿Por qué crees que non lle gusta?
- Non sei, non mo dixo, pero é moi malvado cos escravos (xa viches a Flavio) e moi pedante. 

Córcega 

Ó día seguinte achegáronse á costa de Córcega.
- ¡É unha illa preciosa! – exclamou Livia.
- Pero case está sen habitar – comentou Caio.
Nisto non se equivocaba, xa que, senón deshabitada, so tiña unha pequena poboación costeira e algúns campamentos de soldados romanos.
- Eu penso que é mellor aprovisionarnos en Sicilia, xa que esta illa paréceme que trae mala espiña – dixo Recárabos.
Ó final entraron na frondosa illa. Tiveron que rodeala para chegar á poboación e aprovisionarse.
Foron ó mercado onde o pai de Héctor buscaba a alguén.
- ¿A quen buscas, Pater?
- A un amigo meu. Quedamos aquí para facer un intercambio comercial.
- ¿Qué lle vas dar? – preguntou curioso Héctor.
- Isto…¡¡¡eh!!! – berrou ao non atopar o que quería no seu bolsillo.
- ¿Que pasa? – preguntou Diana.
- Quedoume no barco a bolsa na que ían os cen sestercios para pagarlle.
- Eu podo ir buscala – dixo Héctor.
- ¡¡¡Corre!!! – berrou Pomponio sinalando o camiño de regreso ó barco.
No barco non quedaba ninguén a excepción dalgúns membros da tripulación. Foi ó camarote do seu pai. Colleu a bolsa chea de moedas e marchou. Ó saír do camarote atopouse con dúas persoas: Marco Apelliota e un encarapuchado.
Mentres, na illa xa chegara o amigo do pai de Héctor. Era un mercader chamado Euxino Estirón. Traíalle a Pomponio unha moeda antiga da época do propio Xulio César.
- ¿Que tal estás, Pomponio? – preguntou Euxino.
- Ben, ben – dixo o pai de Héctor, intentando retrasar o intercambio comercial.
- Bueno, como dí o meu primo o exipcio: “primeiro a obriga, e logo a devoción”. ¿Onde está o diñeiro?
- Bueno, pois…resulta que o deixei no barco e mandei por el ó meu fillo – contestou ante a cara de sorpresa do orondo comerciante.
• • •
Héctor non podía sair de alí sen que aqueles homes o viran. Así que decidiu agardar e escoitalos.
- ¿Qué quere, señor? – preguntou unha voz aguda, pero de home.
- Mandeite chamar para que investigues o dos papiros – contestou a voz grave de Marco Apelliota Cavafis.
- Pero señor, xa llo dixen o outro día, ata que cheguemos a Brundisium non poderei facer na…
- ¡Cala!. Teño un novo papiro que ó mellor fai que se che iluminen as ideas. Toma, cóidao moi ben. Sabes que a túa vida e a da túa familia están en xogo. Tal vez isto consiga que espabiles – e lanzoulle unha bolsa de moedas.
- Moitas grazas, oh, señor – contestou a voz aguda. O home encarapuchado con voz aguda foise cara á cuberta, mentres que Marco dirixiuse ó seu camarote.
Héctor tiña que contarlle axiña aquilo ós seus amigos. 

Comeza a investigación 

- ¿Cómo que o caso dos papiros? – preguntou Diana.
- Sí. Dixo que se encargaría deste caso. O encarapuchado díxolle que en Brundisium podería averiguar algo – explicou Héctor.
- ¡Ben, un misterio! – berrou Livia, a quen lle apaixonaban estes.
- Primeiro deberíamos averiguar quen é o encarapuchado de voz aguda e sustraerlle os papiros – dixo Diana.
- Fixen unha lista cos tripulantes que se quedaron no barco durante a estancia en Córcega – dixo Héctor.
X Servio Tulio, o timonel
X Numa Priscus, o cociñeiro
X Tulius Hostilius
X Ascanio, o carpinteiro
X Antonio Marco
X Eurysaces Livio
X Marcus Anastasio

- Servio Tulio non pode ser, xa que ten a voz moi grave – dixo Diana.
- Tes razón – e Héctor tachouno da lista.
- Nin Tulius Hostilius, nin Ascanio, nin Antonio Marco e nin Marcus Anastasio, pola mesma razón.
- Pero aínda nos quedan dous: Numa Priscus e Eurysaces – dixo Livia.
- O encarapuchado era delgadiño e non podía ser o gordo cociñeiro Numa Priscus – descartou Héctor.
- Pois só nos queda Eurysaces – dixo Diana.
- Sí, a súa fisonomía encaixa coa do encarapuchado: esmirrado e coa voz aguda – dixo Héctor.
- Pero ó mellor estamos metendo a zoca e o asunto de Marco Apelliota e Eurysaces é algo legal – dixo Livia, prudente.
- Agora o veremos – dixo Héctor ó ver chegar a Caio ó lonxe. Facía uns minutos el presentárase voluntario para ir revisar cada camarote, xa que anteriormente aínda non sabían que as pescudas ían dirixidas a Eurysaces Livio.
- Ola, amigos, traio o que queríamos – dixo ensinando dous papiros. Estaban no camarote de Eurysaces, o panadeiro.
- Sí, acabamos de averiguar que era el – dixo Héctor, ante a mirada de asombro de Caio – Imos ver os papiros – Abríu o máis grande, que estaba escrito polos dous lados.
- ¡Ooohhh! – exclamaron todos abraiados.

No ano 40 a.C. un home, Marco Caio de Ancona decidíu reunir a catro profesionais dos catro elementos da Natureza. O profesional da Auga foi un capitán de barco mercante. Cruzara o Mare Internum de Oeste a Leste e coñecía os segredos deste coma ninguén. Chamábase Tulio Sectus
- ¿Quen era Marco Caio de Ancona? – preguntou dubitativo Caio.
- Non o sei – respondeu escuetamente Héctor.
- Eu tampouco – dixo Diana.
- Nin eu – dixo Livia.
- Ó mellor si leemos a outra parte… - propuxo Diana.
Pola outra parte víase un extracto de mapa no que se distinguía un teatro, un circo, varias casas e unha vía.
- Ten que ser unha cidade romana, pero non Roma, porque eu a coñezo e non é así – dixo Diana.
- Mirade o que pon no outro papiro – dixo Livia.
Os profesionais, xunto con Marco, atoparán o maior tesouro dos homes, que esconderon na cidade dos catro papiros.
M. Caio de A.

Polo outro lado só se vían unhas estrañas verbas que non puideron descifrar.
Decidiron que lle pedirían axuda ó pai de Héctor e que cada un buscaría algo que facer.
Héctor interrogaría ó seu pai; Livia gardaría os papiros e intentaría descifralos; Caio vixiaría a Eurysaces e Diana, a Marco Apelliota Cavafis. 

¿Quén era Marco Caio de Ancona? 

Héctor foise cos papiros ó seu pai. Despois de contarlle a historia e ensinarlle os papiros, chegaron á seguinte conclusión:
- ¿Así que dous papiros, eh? – dixo pensativo Pomponio.
- ¿Que pensas, Pater? – preguntou Héctor.
- Por unha parte, se o papiro fai referencia ós catro elementos e a catro profesionais, eu penso que haberá polo menos tres papiros máis. Con eses tres descifrarase a mensaxe e o mapa da parte de atrás – chegou á conclusión Pomponio.
- ¿Non crees que deberías interrogar a Eurysaces? – preguntou Héctor.
- Por outra parte, eu sei quen era Marco Caio de Ancona – seguiu Pomponio, como si non lle tivesen interrompido.
- ¿Quen era?
- Era un naturalista romano. Foi moi famoso no seu momento e ata escribiu estudos da natureza – contestou Pomponio – Tivo unha morte enigmática. Desapareceu nunha expedición a Exipto que financiaran catro científicos que poderían ter sido estes catro profesionais dos que fala o papiro.
- ¿E o idioma raro que está en ámbolos dous papiros? – preguntou sedento de respostas Héctor.
- Eso o souben desde o principio. É arameo, a lingua que se fala en Galacia, provincia do Oriente do Imperio Romano. Ensinoumo un criado cando tiña a túa mesma idade – dixo Pomponio – No primeiro papiro o texto en arameo é o mesmo que o da nosa lingua. En cambio no segundo, dí: Todos temos un tesouro que nos pertence.
Héctor foise con toda aquela información.
• • •
Livia atopábase xunto a súa amiga Diana na proa do barco. Non tiña papiros que gardar, así que se foi a charlar coa súa amiga. Diana vixiaba a Marco Apelliota Cavafis.
De súpeto, Caio apareceu diante delas con roupa de criado e un caldeiro de auga.
- ¿Qué fas así vestido? – preguntou Diana.
- ¿Non deberías estar vixiando a Eurysaces? – preguntou Livia.
- Respostarei ás dúas preguntas – dixo Caio. Parecía que tivese corrido cincuenta millas seguidas sen parar – Estou así vestido para pasar desapercibido e estou vixiando a Eurysaces, mírao – E sinalou a este.
Eurysaces viña peor que Caio. Suaba por todos os seus poros, de forma que, aínda que era enclenque, parecíao aínda máis.
- Leva todo o día buscando os papiros. ¿Quen os ten? – bisbou Caio.
- Héctor. Foi a informarlle ó seu pai – dixo Livia.
Eurysaces entrou no camarote de Marco Apelliota. Deixou a porta aberta, polo que Caio, Diana e Livia oírono todo.
- Señor Apelliota, ¿podería falar con vostede? – preguntou Eurysaces.
- Sí, ¿que queres, inútil?. ¿Tes algunha información?
- Non. Simplemente … é que … é sobre os papiros … é que … non están.
- ¿Que queres dicir, estúpido?
- É que … roubáronmos.
- ¡¡¡¿Que?!!! – berrou Marco Apelliota. Estaba fora de si – ¿Cómo puideches perder algo tan valioso? ¡Fora da miña vista! ¡¡¡Xa!!! - E sinalou a porta. Despois de que Eurysaces se fora, Apelliota lanzou furiosamente un coitelo á porta e logo a pechou con ímpeto.
- Nunca oíra berrar a alguén tanto – comentou Livia.
- Agora seguramente Marco Apelliota tomará represalias. Recordades o que oíu Héctor no barco durante a escala. Marco ten algún tipo de influencia sobre Eurysaces. ¡Hai que falar con el! 

O relato de Eurysaces 

No camarote do capitán atopábanse: Héctor, Livia, Caio, Diana, Pomponio, o capitán Recárabos e Eurysaces. A este último mandáranlle alí para falar sobre o asunto de Marco Apelliota.
- Tes que dicírnolo todo – dixo Pomponio.
- Vale, diréivolo – admitiu Eurysaces – Eu en realidade son un liberto. Antes a miña familia e máis eu eramos escravos dun grande señor que nos trataba moi ben: O legado Mario Xuliano, que vivía en Grecia. A este señor non lle ían moi ben as cousas, xa que lle encantaba apostar nas carreiras. Case sempre perdía. Ó final da súa vida, para que a súa familia non o pasase mal, vendeunos a un famoso traficante de escravos: Marco Apelliota Cavafis.
Todo o mundo se atopaba coa boca aberta escoitando o relato de Eurysaces.
- El, que tamén pasaba por un mal momento económico, vendeume a outro senador, que me liberou. Estaba moi ledo, era unha victoria para mín. Victoria agridoce, xa que o señor Apelliota decidira quedarse coa miña familia. Fun a velo, e díxome que si lle axudaba nun asunto, a miña familia sería libre. Si, en cambio, negábame a axudarlle, esta morrería. Tiven que investigar eso dos papiros – dixo con cara nostálxica Eurysaces.
- ¿Que sabes diso? – preguntou ansioso Pomponio.
- Sei que o primeiro papiro, o que fai referencia a Marco Caio de Ancona, recibiuno nunha herdanza da súa tía, tan malvada coma el. Tras saber que se reunía os demais papiros, sería o dono do maior tesouro dos homes, deume moito diñeiro para que avanzase. Díxenlle que: “Ata Brundisium non poderei facer nada”, por dicir algo.
- Moi ben – dixo Pomponio, que poñía unha cara moi rara xa que estaba asimilando toda a información.
- Podes irte, Eurysaces – dixo o capitán Recárabos. 

O maior tesouro dos homes 

Durante uns intres o ambiente no camarote era moi turbio. Cada un dos presentes imaxinábase un tesouro distinto:
O capitán Recárabos, aínda que era boa persoa, tamén era ambicioso, e desexaba que o tesouro fora ouro para mercar unha flota e converterse nun rico empresario.
Pomponio, que estaba apuntando todos os datos que dixera Eurysaces, non desexaba ouro. El, que se quedara viúvo facía moito, desexaba que a súa muller resucitase.
Héctor, coma seu pai, quería que a súa nai aparecese.
Caio, quen tiña que vivir lonxe de Roma porque o Senado exiliara ó seu pai, quería que o goberno de Adriano lle quitara a condena ó seu pai, para que vivisen xuntos e felices en Roma.
Diana, que era moi caprichosa, quería que o tesouro foran moitas túnicas novas.
Livia desexaba que o tesouro tivese propiedades curativas para curar o seu asma e a rara enfermidade da súa aboa.
De súpeto, o capitán Recárabos dixo:
- Tedes á vosa disposición o meu barco para que investiguedes o caso dos papiros – dixo solemnemente mentres se levantaba da súa cadeira. 

A comisión de investigación 

Caio, Diana, Héctor, Livia, Pomponio e o capitán Recárabos formaron unha comisión de investigación.
Esta investigaba toda a información que lles chegaba sobre o tesouro.
Facía uns días, o vixía dixera: Brundisium ó norte! Aquela era unha grande esperanza, xa que Brundisium tiña un famoso arquivo na súa Curia.
Hoxe ían saír a investigala Pomponio e Recárabos.
Despois dunhas horas voltaron correndo.
- ¡Sabemos os nomes dos catro profesionais que acompañaron a Marco Caio de Ancona! – dixo Recárabos sen folgos.
- Chamábanse Tulio Sectus, Cicerón Aurelio, Cástor Sinita e Claudio Catulo – dixo tranquilamente Pomponio. Estaba máis en forma que Recárabos.
- O papiro da auga xa o temos có seu respectivo profesional: Tulio Sectus – dixo Livia.
- Facédeme calar se vos digo unha parvada, pero se cada profesional tiña o seu papiro, teríao pasado de fillo en fillo, ¿non? – dixo dubitativo Caio.
- Sí, pero iso non importa, xa que segue sendo igual de difícil atopar ós descendentes de cada profesional – dixo desilusionado Pomponio.
- ¡Nooon! Todos estes señores son da época da República. Só hai que mirar o códice “Xenealoxía romana na República”. Se os descendentes de cada profesional viven, atoparémolos – explicou Caio.
Todos se quedaron de pedra. 

As Gens 

- Comecemos por Cicerón Aurelio – dixo Caio mentres buscaba no seu códice - Hai que buscar a familia Aurelia e diranos a que Gens pertence e os seus descendentes directos – explicou – Aulus, Aurifex, ¡Aurelio!
- “Familia Aurelia: Pertencente á Gens Nasica. Descendentes directos na actualidade: Iovis Aurelio, empresario fabricante de armas en Tarento” – leu Livia.
- ¡Temos que ir ver a ese Iovis Aurelio! – dixo Caio.
• • •
Ó día seguinte a comisión atopábase nun carro dirección Tarento. Mentres viaxaban:
X Pomponio e o seu fillo Héctor contemplaban a paisaxe.
X Caio e Recárabos xogaban ós dados.
X Diana e Livia conversaban.
Tarento pareceulles unha cidade magnífica. Era, quizais, máis limpa que Roma e moito máis animada. Víanse pasar comerciantes hispanos de aceite de oliva, vendedores ambulantes, etc.
- Mira, Caio, ¿isto non te recorda a nada? – dixo Héctor sinalando unha librería na que estaba o códice de Caio: “Xenealoxía romana na República”.
- Sí – dixo distraído Caio. Estaba mirando con interese unha pequena clepsidra helvética que lle fascinaba e que, ó final, mercou. 

Armas Aurelio 

Cando se dirixiron ás oficinas da fábrica de armas de Iovis Aurelio, non había ninguén que non tivese mercado nada. Sobre todo, Diana, que gastou un montón de sestercios en perfumes, túnicas, togas, amuletos, máis túnicas, máis amuletos…
Na praza central de Tarento encontrábase a fábrica. Na porta rezaba:
"Armas Aurelio. Todo tipo de armas a un prezo módico. Lanzas, espadas, arcos, cerbatanas, etc."
- Ten o monopolio de armas en toda Italia e subministra ó exército as súas armas – comentou Pomponio.
Entraron e pediron unha entrevista có dono.
- ¿Unha entrevista có dono? ¿Poden vir pola tarde? – preguntou a dependenta, que tiña a voz coma a da unha galiña.
- Sí – dixo escuetamente Pomponio.
- “Cita pola tarde có dono” – escribiu – ¿Como se chaman?
- Pomponio Sinita e Recárabos Melo – dixo Pomponio.
Xantaron nunha pousada e pasaron un rato escoitando a un orador.
Oh Soberano, compañeiro de xogos
de Eros sedutor e das Ninfas
de pálpebras azuis e da purpúrea
Afrodita, ti que percorres
os elevados cumes dos montes.
A ti che imploro, e ti benévolo
acúdenos a escoitar
noso rogo agraciado.
Sé ti de Cleobulo un bo
conselleiro, e que acepte,
oh Dioniso, o meu amor.
Pola tarde dirixíronse á súa cita. Pasaron por diante da dependenta con voz agaliñada, que sinalou cunha longa unlla a un criado, que os guiou. Pasaron por corredores cheos de portas, por talleres nos que se facían armas, por habitacións cheas de escribas…, ata chegar a unha porta con filigranas de ouro que formaban un grifo.
- Toc, toc, toc – soou secamente a aldaba da porta.
- ¡Pasen! - Oíron ó lonxe. 

Iovis Aurelio 

O criado abriu a porta e dirixiuse ó seu xefe.
- Pomponio Sinita, Recárabos Melo e compañía pediron audiencia, oh, amo – dixo languidamente o criado.
- Ben, podes retirarte – ordenou Iovis, sinalando con desdén a porta.
Iovis Aurelio era un home delgado co pelo loiro. Levaba unha toga que arrastraba uns centímetros e era máis alto que Pomponio e que Recárabos.
- Dicide, cabaleiros, que non teño todo o día – dixo nun ton fachendoso que exasperou a Pomponio.
- Vimos polo asunto do papiro que cremos que lle legou o seu pai – dixo Pomponio. En ese intre a cara do comerciante cambiou.
- Sabe o que lle dicimos, ¿non si? – dixo Recárabos.
- Sí – respondeu escuetamente.
Ó momento dirixiuse ó armario. Apartouno con incrible forza que non se diría da súa pouca musculatura. Detrás do armario había un oco na parede do cal sacou unha bonita caixa de madeira de cerdeira coa mesma filigrana de ouro da porta.
- O meu pai dixo que tiña que pasalo de pais a fillos ata que viñese alguén con bo corazón que quixese reunir todos os papiros. A min impórtame ben pouco que teñades bo corazón, pero como comerciante gustaríame que me pagasedes bastante por el – dixo Iovis interesado.
Xuntáronse e cada un aportou o que puido.
Ó final reuniron cento cincuenta sestercios.
- Moi ben – dixo satisfeito Iovis, quen sacou da vella pero fermosa caixa o papiro e déullelo. 

O segundo papiro 

Reuníronse todos na posada de Brundisium para ver o papiro.
O profesional da Terra foi un topógrafo, ¡pero non calquera topógrafo!, Marco elixiu a Cicerón Aurelio, topógrafo veterano da XII lexión. Cruzara e medira todos os terreos do Imperio Romano, desde Hispania ata Exipto.
E no reverso … un mapa.
- Seguimos sen saber que lugar é este – dixo Diana mirando ó mapa.
- No mapa distínguense: un anfiteatro, varias casas, unha vía e o que parece, vagamente, un monte – explicou Livia.
- Bueno, temos que seguir buscando os papiros – dixo máis optimista Caio – Se seguimos a miña teoría de que os pais llo pasan ós seus fillos, o seguinte, Cástor Sinita, busqueino no meu códice e pentence á gens Glasguensis. Os seus descendentes son dous irmáns que viven en ¡Grecia!.
- ¿En Grecia? – preguntaron todos ó unísono.
- ¿Temos que ir a Grecia? – preguntou exasperado Pomponio.
- Parece que si – dixo Recárabos – Lembrade que tedes á vosa disposición o meu barco. - Senón queda máis remedio…- aceptou Pomponio.
- ¡¡Largade amarras!! – gritou Recárabos saíndo da posada – Ímonos a Grecia. 

Grecia 

A travesía transcorreu tranquilamente e atracaron no peirao da cidade na que vivían os dous irmáns descendentes de Cástor Sinita: Apollonia.
- Estes non van ser fáciles de atopar, xa que non son famosos – dixo Héctor. Preguntando ós veciños de alí conseguiron localizar a casa.
Deixoulles entrar unha señora maior que os guiou cara ós aposentos da muller da casa, unha dos dous irmáns.
- Bos días, señores, ¿que desexan? – dixo a xoven muller.
- Vimos polo asunto dun papiro que cremos que lle legou o seu pai – dixo Pomponio.
- Sei do que me falan – dixo poñendo unha cara máis seria – O meu pai legóunolo ó meu irmán e máis a min, pero o moi egoísta quedouse con el – continuou ante a mirada incrédula dos demais.
- ¿Onde se atopa o seu irmán? – preguntou rapidamente Caio.
- En Atenas, pero dubido moito que volo dea. É, como xa vos dixen, moi egoísta.
Saíron da casa moi desilusionados, pero contentos de ter rumbo fixo: Atenas.
A viaxe cara Atenas durou sete días nun carro de bois que transportaba peixe. Cruzaron vías, vales, terreos, etc.
Cando chegaron a Atenas Héctor preguntouse: ¿Cómo imos atopar a ese home?
- A señora de Apollonia deume o seu nome. Chámase Aurelio Máximus – explicou Livia – Só temos que acceder ó censo da Curia.
Para estes trámites fóronse Pomponio e Recárabos, mentres Caio, Héctor, Livia e Diana foron visitar a Acrópole e realizar unha ofrenda ó templo de Atenea.
Cando regresaron Pomponio e Recárabos, dirixíronse ós barrios colindantes á Curia, onde vivía Aurelio Máximus.
• • •
- Boas tardes, romanos – dixo tranquilamente Aurelio.
- Vimos por un papiro que cremos que lle legou o seu pai – dixo Pomponio, xa farto de dicir sempre o mesmo.
- Xa. E …¿Quen vos di que vos vou dar o papiro? – preguntou.
- Sabemos que, literalmente, rouboulle a herdanza á súa irmá, así que, senón quere que o denunciemos á xustiza…- dixo, cun sorriso maligno, Recárabos.
Cunha cara de xenreira dirixiuse a un dos caixóns da mesa. Abriuno e, tendéndolle o papiro a Recárabos, dixo: Aquí ten. Teñen que darme a súa palabra de que non voltarán por aquí – dixo dirixíndose ó capitán.
- Palabra concedida – dixo este.
Saíron ledos da casa.
Pasaron outros cinco días ata que chegaron outra vez a Apollonia. Alí recibiron unha mala nova. 

¿Outra vez, Marco Apelliota? 

Cando chegaron en carro de bois có peixe viron que a bandeira do barco, que por certo se chamaba Phaselus, estaba a media asta.
- ¡¿Pero qué demos…?! ¡Por Xúpiter e por Hera! – berrou Pomponio cos ollos desorbitados. A reacción dos demais foi parecida.
Todos correron cara ó Phaselus. Cando chegaron atopáronse coa cuberta baleira, a excepción do contramaestre Livisius, que ó velos chegar, iluminóuselle a cara.
- ¡Oh, capitán! Alégrome de velo, aínda que as novas que lle teño que contar non sexan moi alentadoras – dixo tristemente Livisius.
- ¿Qué ocorreu? – preguntou asustado Recárabos – ¿Por qué a tripulación non está nos seus postos? ¿Por qué está a bandeira a media asta?
- Veña ó meu camarote – dixo o contramaestre.
Unha vez no camarote, Livisius comezou o seu relato.
- Cando vos fúchedes, Marco Apelliota empezou a dicirlle á tripulación que debía amotinarse. Cando tomou o mando de todos, dirixiuse ó camarote de Eurysaces e feriuno. Marco Apelliota pensou que o matara e lanzouno ó mar. Logo díxolle á tripulación que se fose, a excepción de uns ós que fixo escravos. Nós, é dicir, Eurysaces; o segundo de abordo, Scelestus; o timonel Servio Tulio e máis eu somos os únicos que quedamos fieis a vós e á vosa causa – dixo solemnemente Livisius.
- ¡Traidores! – berrou Pomponio.
- Eurysaces atópase nun camarote aparte. Rescatámolo do mar cun puñal no ventre e medio afogado. Sobreviviu a duras penas e agora atópase mellor – explicou o segundo de abordo, Scelestus, que tamén estaba alí.
Nos sucesivos días, a melloría de Eurysaces acentuouse. Foi velo un médico, xa que a fama dos médicos gregos é moi boa.
- Con todo isto, esquecémonos de ver o terceiro papiro – dixo impaciente Recárabos, nunha reunión dos que quedaban no barco.
- Aquí está – dixo Livia, dándollo ó pai de Héctor. 

Si… 

O profesional do Lume que elixíu Marco foi un ferreiro chamado Cástor Sinita, encargado de fabricar as armas da garda do propio Xulio César, e que tiña a súa vivenda en Grecia. Alí foi Marco buscalo
E polo outro lado… un mapa.
- ¿Como que Si…? – preguntou Pomponio.
- Parece que no outro papiro virá o resto do nome – dixo Héctor.
- Pois estamos listos – dixo Caio – O seguinte e último profesional é Claudio Catulo, e éste non sae no meu códice, xa que está no segundo tomo, que non teño.
- ¿¿Qué?? – preguntou furioso Recárabos.
- Non hai que ver o peor. Podemos facer unha recopilación das cidades que empezan por Si – dixo Diana – creo que Caio, Héctor, Livia e máis eu podemos ocuparnos da recopilación. ¿Podemos?
- Vale – dixeron Pomponio e Recárabos.
• • •
- Siga (Mauritania)
- Sidón (Arabia)
- Sirmiun (Illiricum)
- Siracusa (Sicilia)
- Siria

- Estas son as cidades que comezan por Si e que Marco Caio de Ancona pisou. Non descartei que o papiro se refira a Siria – explicou Héctor – En Siga e en Sidón estivo por traballo, pero por Sirmiun e por Siracusa pasou para descansar nas súas numerosas villas. Siria gustáballe moito.
- O máis probable é que sexa unha cidade na que estivo por traballo, como Sidón, pero…¿de onde sacaches toda esta información? – preguntou Livia.
- Atopei a súa biografía nun pergameo – dixo mostrando un pergameo cunha cuberta de coiro na que estaba grabado:
"Biografía Marco Caio de Ancona
Naturalista romano"
- Nos vos ilusionedes. Non ven nada sobre os papiros – dixo Héctor desilusionándoos.
Deixaron esa información en punto morto e proseguiron coa investigación.
• • •
Noutro punto de Grecia, en Olimpia, Marco Apelliota Cavafis falaba cun home encarapuchado ó que lle encomendaba a misión de roubar os papiros a “uns señores que teñen un barco atracado en Apollonia”.
¡Lembra isto, lector!
• • •
Pomponio fórase a Creta a visitar a un grande editor de códices. Posuía unha grande fábrica. Foi alí para conseguir o segundo tomo de “Gens romanas da república” no que viña o último profesional: Claudio Catulo. 

Retorno a Brundisium 

Despois de dez largos días, nos que a saúde de Eurysaces mellorou e puideron aprovisionar o “Phaselus”, Pomponio chegou có códice. Recibiu unha calorosa benvida. Cando os ánimos se tranquilizaron, Recárabos díxolle a Pomponio que aceptara a un pasaxeiro. Era un censor romano. Cando Pomponio o viu, deulle un susto de morte e non era para menos, xa que o seu aspecto sinistro e fantasmal asustaba ó máis valente. Chamábase Pólux.
• • •
Cando se foi ó seu camarote, os demais fóronse ó habilitado para a comisión. Buscaron no códice a familia Catulo (de Claudio Catulo) e viña que pertencía á Gens “Severa” e que o seu descendente directo estaba en…¡¡¡Brundisium!!!
- ¡Ala! Outra vez a Brundisium – dixo Pomponio con un sorriso irónico.
Antes de zarpar, un individuo repoludo pediu que lle levaran ás présas a Italia. Recárabos accedeu.
A diferenza entre os dous pasaxeiros era enorme. Mentres que Salvius, que así se chamaba o repoludo, era gracioso e simpático, Pólux era serio e aquelado.
A Caio, Livia, Héctor e Diana caeulles moi ben Salvius. A este encantáballe saír durante o día á cuberta e levar togas de cores vivas: malva, castaño, verde, branco, rosa, etc. En cambio Pólux encerrábase durante o día no seu camarote e sempre levaba unha toga negra como o carbón, o mesmo co seu pelo.
• • •
Despois dun día de viaxe, Salvius tiña como amigos a todos os da tripulación, a excepción de Pomponio.
- ¿Por qué non che gusta Salvius? – preguntou Héctor ó seu pai.
- Estráñame que Marco Apelliota non tomara medidas contra nós. Seguramente enviou a alguén para roubar os papiros e penso que pode ser ou Salvius ou Pólux.
A idea de que Salvius fose un traidor facíalles rir, pero que Pólux o fose non lles gustaba nada.
• • •
Despois de dous días chegaron ó pequeno porto de Brundisium. Os papiros os tiña ben gardados Pomponio. Para maior seguridade os metera nunha pequena caixa de prata moi segura. Coa chave fixera o seguinte: Engarzouna nunha cadea de ouro e púxoa no pescozo. Nunca se lle vía sen ela. 

O traidor 

Decidiron que se quedarían catro días en Brundisium para descansar, intentar descifrar o papiro e outras cousas. ¿Por qué non recoller o último papiro? Pois porque o descendente, Tito Xulio Severo, morrera sen fillos a quen deixar en herdanza o papiro. Rebuscaran na súa casa, máis ben domus, pero non atoparan nada.
• • •
Pola noite, cando ninguén ía polas rúas de Brundisium, un encarapuchado cruzaba correndo estas para ir encontrarse con outra persoa. O que non levaba capucha era claramente Marco Apelliota Cavafis.
- ¿Por qué non me traes os papiros? – preguntou Marco.
- Señor, saiba que non o decepcionarei. Só teñen tres papiros, pero dentro de pouco conseguirán o cuarto – dixo o encarapuchado – Cando teñan os catro, roubareillos.
- ¡Non! ¡Noon! Eu-que-ro-os-pa-pi-ros. ¡Xa! – berrou Marco - ¡E quítate a capucha! ¡Non soporto que me oculten a cara!
- Vale, oh, señor – dixo o encarapuchado. Despois de quitarse a capucha distinguiuse facilmente unha cara sorrinte, suorosa, gordecha e có pelo corto: era Salvius.
• • •
- A comisión decidiu que iremos a Roma a buscar un detective para os papiros – dixo Recárabos no seu camarote ante os demais membros da comisión, que despois destas palabras miráronse uns a outros con satisfacción pola solución adoptada.
Ó saír do camarote atopáronse con Salvius.
- ¡Ola, amigos…! ¡Toma! – dixo mentres lle daba unha puñada a Recárabos e lle quitaba o cofre cós papiros.
Salvius atravesou correndo a cuberta e a pasarela e dirixiuse ó pobo.
Nuns intres iniciouse unha tola persecución que rematou nun calexón sen saída.
- ¡Salvius, entrega o cofre! – ordenou berrando Pomponio.
- Antes teredes que pasar por riba do meu cadáver – dixo cunha mirada de odio ó tempo que sacaba unha espada de tamaño mediano pero moi afiada – Marco Apelliota pagarame moitos sestercios polo contido deste cofre.
- O “contido deste cofre” conduciranos a un tesouro que aproveitarei para quedarme e converterme nun rico comerciante – dixo Recárabos mentres sacaba outra espada, máis grande ca de Salvius. Coa espada apuntou a Pomponio e cunha daga a Salvius. Pensou que Pomponio xa non lle facía ningunha falta e decidiu descubrirse ante el.
- ¡Non! ¡Traizón! – berrou indignado Pomponio. Despois colleu dunha ferrería que estaba preto de alí unha espada para defenderse do ataque de Salvius. A continuación produciuse unha pelexa nas rúas de Brundisium, que atraeu a moitos veciños. Non pasaban máis de dous minutos sen que o cofre e a chave cambiaran de mans. Cando chegaron Diana, Héctor, Caio e Livia, o cofre estaba nas mans de Recárabos e a chave nas mans de Salvius. Pero Pomponio feriu a Salvius quen soltou a chave, e así apoderouse dela.
- ¡Rapaces, correde! – berrou Pomponio sinalando un carro grande de cabalos. Metéronse dentro e saíron ás présas pola vía.
• • •
Atopábanse nunha coveira oculta dentro dunha serra grandísima.
- ¡Pater, estás ferido! – dixera fai unhas horas Héctor ó ver ó seu pai cunha grande ferida no ombreiro.
- Tranqui…lo, fillo, estou…ben – dixo, e desmaiouse. 

A conversa filosófica entre Pomponio e Diana 

Habilitáranlle un lugar ben abrigado da friaxe para Pomponio. Ó seu lado estaba Diana.
- Así que Salvius era o traidor. ¡E nós pensando no pobre e sinistro Pólux! – dixo Diana.
- Eu temíao desde o principio – dixo Pomponio – Si tivesedes confiado en min, agora non tería esta fea ferida que doe como o Hades.
- Sentimos non terlle crido – desculpouse Diana – pero agora temos que pensar en como recuperar o cofre, e nin sequera sabemos quen o ten.
- Seguramente despois de que nos fósemos, seguiu a loita, así que… -dixo desanimado – Esquecéuseme dicirvos unha cousa que me dixeron os veciños de Brundisium.
- ¿Qué?
- Que Marco Caio de Ancona introducírase nos derradeiros anos da súa vida nunha secta secreta: Os cristiáns.
- ¿Os cristiáns? ¿Marco Caio de Ancona era cristián? – preguntou incrédula Diana.
- Sí, parece ser que foron eles quenes lle meteron nos miolos que tiña que buscar o segredo da Natureza. Tamén dixéronme os de Brundisium que todos os profesionais eran cristiáns.
- ¿De verdade? – preguntou Diana.
- Sí, ¿Sabes porqué vos trouxen a esta coveira? Porque parece ser que os cristiáns adoitaban reunirse aquí. Lexionarios romanos a requisaron e destruíron todo o templo que tiñan aquí. Pero creo que Marco Caio de Ancona deixou algunha pista por aquí.
- De todos os xeitos… non temos o cuarto papiro – dixo Diana.
- Da o mesmo – respondeu Pomponio levantándose a duras penas do seu sitio. Estivo varios minutos mirando varios lugares da cova ata que…¡Atopeino!
- ¿Qué?
- Estou convencido de que aquí hai algo – dixo sinalando unha parede da cova que estaba marcada cunha cruz e un “A” irregular – Esperta ós rapaces e dilles que collan uns puñais.
Axiña se puxo todo o mundo a cavar na parede. Non era fácil pero conseguírono grazas a un pico que estaba abandonado na coveira.
- ¡De présa! ¡Vide! – berrou Caio ó atopar un cofreciño pequeno e pesado.
No cofre había:
X Un crucifixo de ouro.
X Varios papiros inintelixibles.
X Unha manchea de chaves.
X Unha copa de prata.
- ¡Aquí non hai ningunha pista! – berrou desanimada Livia – O crucifixo non ten ningunha inscrición, os papiros non son lexibles, as chaves non sabemos para qué serven e a copa non nos da ningunha pista.
- Douche a razón en todo menos en que a copa non nos da ningunha pista. Hai unha inscrición: “Siga, a cidade da Natureza”. Entre as cidades que pensabamos que podían ter o tesouro estaba…
- ¡¡¡Siga!!! – berraron todos ó unísono. 

Destino: África 

Estaban moi ledos, e aínda que o destino estaba lonxe, xa tiñan a localización do tesouro. Esa noite fixeron unha festa na coveira.
Ó día seguinte fóronse daquela cova, pero gardaron, por si acaso, os documentos atopados alí. Decidiran ir a Roma e tomar un barco cara Siga, na costa de Mauritania.
A viaxe a Roma durou tres días seguidos sen parar. Turnábanse para levar as rendas do carromato, mentres os demais durmían. Despois deses tres días, albiscaron…
- ¡¡¡Roma, a capital do Imperio Romano!!! – berraron ó unísono Héctor e Livia, que eran os únicos que non estiveran en Roma.
- Roma é a cidade máis extraordinaria do Universo – bisbou mentres observaba como Caio se colocaba unha túnica con capucha para que os soldados romanos non o recoñecesen. (Estaba desterrado xunto có seu pai por motivos políticos, como xa líchedes ó comezo deste libro).
Para non comprometer a Caio, só Pomponio falou có capitán do navío no que ían embarcar.
- Bos días, señor Plinio – dixo o capitán Stabis dirixíndose a Pomponio – Recibín a súa carta coa súa petición de embarcar no barco que eu comando.
- Perdoe, capitán Stabis, pero chámome Pomponio – dixo este.
- Síntoo, é que son algo miope. Bueno, pois podedes pasar. Este barco diríxese a Cartennae. Por curiosidade…¿Vostedes van a esa fermosa cidade? – preguntou Stabis.
- Non. Nós dirixímonos a Siga – dixo Livia – Temos un mist…¡Ai! – berrou ó sentir un dolor punzante no seu pé. Era Pomponio.
- Gustaríanos ver as súas bonitas paisaxes – continuou Pomponio e se foi rifando con Livia por non ter a boca pechada.
Despois de que se alonxaron, Stabis dixo:
- Os turistas cada vez son mais raros. Bueno…¡Larguen amarras!. En Siga non hai bonitas paisaxes…
• • •
A travesía foi tranquila pero moi, moi longa e aburrida. Había días que nin Héctor nin Caio querían xogar ós dados (a súa diversión favorita) e que nin Livia nin Diana querían mirar o mar.
Un día, Diana atopou dous aureus no chan. Ela tomouno coma un síntoma de boa sorte e lles dixo ós seus amigos que en Cartennae “o cambiarían por moitos sestercios e repartiríano”.
Pouco despois de este descubrimento, atracaron no pequeno porto de Cartennae. Alí alugaron un carro cara Siga.
Despois dunha longa noite, ó amencer albiscaron o lugar do tesouro: Siga. 

Siga 

Unha vez nas rúas de Siga, Héctor preguntou:
- ¿E agora a onde imos?
- É verdade, isto non o pensaramos – dixo, reflexionando, Livia.
- Eu si que o pensei – dixo Pomponio. De seguido localizou un lexionario. Foi camiñando cara a el e lle dixo:
- Perdoe, militar, ¿Podería dicirme onde se atopa a tenda de aceite do mercader hebreo Isaac?
- Sí, vostede vai por esa rúa, vire á dereita e xa verá o seu posto con xerras de aceite – dixo amablemente o soldado.
- Grazas – respondeu Pomponio - ¡imos! – dixo mentres lles facía un sinal ós rapaces.
Despois de pasar de largo ó garda, Héctor preguntou:
- ¿Por qué imos precisar un mercader hebreo?
- Este mercader, chamado Isaac, é amigo meu. ¡Bueno, polo menos o foi! Cando eu xa tiña forxada a miña carreira de avogado, él era un pobre carpinteiro sen futuro. Cada día lle pedía a Xúpiter que lle axudase a progresar, pero ningún deus, nin Xúpiter, nin Hera, o axudou. Así que converteuse ó cristianismo. Fai dezasete anos que non o vexo – dixo Pomponio - ¡Aí está! – Pomponio sinalaba un tenderete destartalado comido polos térmites e cheo de xerras xigantescas. Dentro de él estaba un home baixiño e gordo. Levaba un sombreiro cónico. Cando veu a Pomponio paralizáronselle as mans e rompeulle un pequeno frasco de cristal. Pomponio fóiselle achegando pouco a pouco ata que estiveron cara a cara. Os rapaces miraban con expectación. Agardaban ou un desenlace fatal (unha pelexa) ou un feliz (unha aperta), e grazas ó bó carisma de cada un, sucedeu esto último.
Reuníronse na casa de Isaac para falar sobre…
- ¿Qué me dis? ¿De verdade que andades detrás do tesouro da familia Ancona? – preguntou incrédulo Isaac sentado nunha cadeira.
- Sí. Pensaba que ti poderías axudarme.
- ¡Sí! ¡Para a túa sorte, si podo! – berrou Isaac – Si Marco de Ancona escondeu o seu tesouro en Siga, está na grande mansión da familia Ancona. Coida dela outro cristián. Está no centro de Siga, xunto ó mercado de escravos.
- ¿Poderíasnos levar? – preguntou Livia.
- ¡Claro que si! – berrou o efusivo Isaac.
E foron camiñando cara a grande mansión da familia Ancona. 

A grande mansión da familia Ancona 

Cruzaron rúas e rúas ata chegar ó centro neurálxico da cidade: o foro. E a ningún dos catro estrañoulles que á casa dos Ancona a chamaran “a grande mansión”. Era unha xigantesca mole de torres, torreóns, fiestras e portas. Por toda resposta ó noso asombro, Isaac dixo:
- A familia Ancona era unha familia importante e rica na sociedade republicana.
• • •
- Temos que organizarnos en grupos para explorar a casa – dixo Pomponio. Tiña unha dor no pescozo despois de ter durmido nunha vella cama da mansión.
Decidiran que explorarían primeiro os lugares onde Marco Caio de Ancona adoitaba estar: A súa biblioteca persoal e o seu despacho.
A biblioteca era un conxunto de dous pisos cheos a rebosar de papiros, pergameos e códices.
- “A obra completa” de Plauto, “Satiricón” de Petronio, “Ad urbe condita” de Tito Livio, “Historia Natural”... ¡Basta xa! – berrou Livia farta de seguir rebuscando entre os libros.
- Eu tampouco quero seguir. ¿Non sería mellor continuar có despacho? – preguntou Diana.
- ¡Si! – exclamaron Caio e Héctor.
- Pois imos – dixo Pomponio.
O despacho era unha habitación espaciosa. Tiña mobles cheos de rolos de papiro; mapas cartográficos de Hispania, Xermania, Exipto, Grecia, Xudea, etc.; unha mesa de carballo…Puxéronse a traballar de seguido e axiña atoparon a resposta ás súas preguntas. Nun caixón da mesa había un conxunto de papeis moi importantes.
- ¡Mirade o que atopei! – berrou Caio. Era unha carta na que poñía:
Querido Samuel:
Escríbote para dicirche unha cousa referente ó noso “Tesouro”. Resulta que creo que o dono do cuarto papiro non é de fiar e decidín darcho a ti. Espero que o coides, pois ten a chave do misterio.
Que a paz sexa contigo.
M. Caio de A.
Detrás desta carta estaba o cuarto papiro.
- Pouco nos importa o cuarto papiro, xa que xa temos o lugar do tesouro – dixo Livia sen darlle moita importancia.
- ¿Qué che pasa, pater? – preguntou Héctor ó ver ó seu pai mirando incrédulo o papiro. Todos o miraron tamén e se quedaron de pedra.
- ¡Non! ¡Non estamos no sitio correcto! ¡É “Siracusa”, non “Siga”!
O profesional do Aire foi un simple constructor de cataventos. Pero… ¿Cómo elixir a un constructor de cataventos entre un millón?
Marco elixiíu a un grego moi famoso pola cantidade de cataventos que fixera: Claudio Catulo
E polo reverso… un mapa.
Aquilo foi moi forte. ¡Fixeran toda esta travesía para nada!
- Si se pode observar algo bo, é que xa sabemos exactamente onde está o tesouro – dixo Pomponio intentando animar ós nenos. Flavia estaba abaneando a Livia, a quen lle dera un mareo pola impresión. Héctor estaba sentado mirando incrédulo o papiro. O único que aínda conservaba a sensatez e a calma era Caio.
- ¡Isaac, Isaac! – berrou Caio ó hebreo Isaac.
- ¿Sí? ¿Atopáchedes o tesouro? – preguntou Isaac. Ó ver a escena dramática, recapacitou - ¿Ou non?
- Non o atopamos. Está en Siracusa. ¿Pódesnos traer a lista de barcos que zarpan cara alí? – preguntou Caio.
- Sí. 

Outra vez a Italia 

Cando os ánimos se calmaron, Pomponio decidiu que pasarían a noite na “grande mansión da familia Ancona” e que ó día seguinte embarcarían nun navío con destino ó lugar exacto do tesouro.
Durante a noite, Caio non podía durmir. Todo o que fixeran, todos os lugares polos que pasaran… ¿Terían algunha recompensa? Caio xa dubidaba da existencia dese valioso tesouro de Marco Caio de Ancona e os cristiáns. A súa vida convertérase nun inferno por culpa de Adriano, aquel emperador culto e autoritario que ó principio caéralle ben pero ó que agora desprezaba por desterrar ó seu pai por ter ideas distintas. Ó principio pensara que o tesouro libraríalle desa condena, pero despois de toda esta travesía… Se non o atopaban en Siracusa, el abandonaría a búsqueda.
• • •
Ó día seguinte todos espertaron con mellor cara. Dirixíronse ó porto para embarcar no “Hispania”, un navío mercante que levaba aceite e viño a Sicilia.
Cando ían entrar na cuberta, un home xigantesco, cuns músculos grandísimos dixo:
- ¡Alto! Esto é un barco mercante e non se aceptan pasaxeiros – dixo o home nun latín rudimentario e con acento procedente de Xermania.
- Coñecemos ó capitán, falamos onte con el e non tivo ningún problema en deixarnos embarcar ata Sicilia – mentiu Pomponio.
- Bueno, vou comprobalo – dixo o xermano. Foise por unha portiña.
- ¡Imos, correde! – berrou sinalando uns toneis cheos de olivas.
- Pater… ¿Por qué imos de polizóns no barco? – preguntou Héctor.
- Non…- dixo desde un tonel cheo de olivas – só ocorre que se me acabou o diñeiro e non temos con qué pagarlle ó capitán. ¡Veña, agochádevos!
E así pasaron a travesía de polizóns. Só se alimentaban de olivas, e podían saír soamente pola noite, con moito coidado. 

A adiviña 

Despois de oito días de marcha chegaron a Siracusa.
Á entrada da cidade Pomponio dixo:
- Necesitamos averiguar esta adiviña – dixo collendo un pedazo de pergameo gastado – Parece ser que nos dirá o lugar do tesouro.
- ¡A ver esa adiviña! – dixo Caio, ó que lle encantaban estas.
Para conseguir o tesouro
Situado na cidade dos catro papiros
Hai que resolver unha adiviña
Que se atopa nas seguintes liñas:
Ó sur dunha estatua
Adicada a unha personaxe
Do país de Ceres
Atoparedes un cofre.
¿A chave para abrilo?
Só dicir que é un símbolo.
Si, despois de ler estas pistas
Descobres o famoso tesouro
Serás afortunado, pois terás
O froito dunha investigación.
O que toda persoa necesita
Encontrarase neste Tesouro.
• • •
- A ver si o comprendín… ¿o tesouro está ó sur dunha estatua? – preguntou Diana.
- Sí – dixo coa cara crispada Caio.
- Pero… ¿Qué estatua? Debe de haber moitas en Siracusa.
- Creo que o sei… - dixo Caio – Ceres é a deusa da agricultura e o seu símbolo é o cereal en xeral…O país onde abunda o cereal é ¡Hispania!
- ¡Es un xenio, Caio! – dixo Héctor felicitando ó seu amigo.
- Entón temos que buscar unha estatua dunha personaxe hispana – dixo Livia.
Entón Pomponio decidiu que preguntaría ó primeiro que pasase. Facía un día moi bo, así que había moita xente pola rúa. A primeira persoa, unha muller delgada, có pelo negro, non sabía nada. Pero a segunda persoa, un señor maior cunha toga verde lima, indicoulles unha plazoleta na que había unha estatua de Séneca, o escritor hispano. Tamén nos dixo que debía de ser a única estatua dun hispano que había en Siracusa, xa que ós siracusanos non lles gustaban moito os hispanos e viceversa.
Foron á praza cargados con palas e picos para empezar a cavar.
Na estatua, feita de mármore fino, había unha inscrición de este material.
Lucio Anneo Séneca. 4-66 d. C.
“Tes que vivir para outro se queres vivir para ti mesmo”
- ¿Onde está o sur? – preguntou Héctor.
- A ver… - Pomponio mirou ó sol, que xa se estaba a poñer - ¡Para alá! – dixo sinalando unha dirección.
- ¡Pois a cavar!
Pasaron horas e horas cavando. Algúns veciños asomaban a cara polas fiestras das súas insulae.
Cando xa tiñan unha gran cantidade de terreo cavada, Caio dixo:
- Estou derreado – protestou. E o seguinte golpe de pico soou seco.
Todos se quedaron quietos. Pouco a pouco, Pomponio avanzou cara ó lugar e apartou unha morea de terra. Viuse un “A” de ouro macizo. 

O tesouro 

Retiraron pouco a pouco o cofre. Tiña zonas cheas de po. Todos o observábamos cos ollos como pratos.
- ¿E agora como o imos abrir? – preguntou Héctor.
- ¡Eureka! ¡Xa o sei! – berrou de alegría Pomponio – Marco Caio de Ancona era cristián. A adiviña di que é un símbolo. ¡É a cruz da coveira! ¿Quen a ten?
- Eu – dixo Livia mostrando a cruz de ouro con pequenos rubís. Pomponio a colleu e a introduciu na pechadura. E a fixo xirar. O cofre fixo un ruído sinistro e abriuse.
Caio tiña o corazón a cen, Héctor trabábase as unllas, Livia suaba por todos os poros da pel e Flavia e Pomponio tremían.
- Pero… ¿Qué é isto? – dixo decepcionado Pomponio.
O contido do cofre era:
X Varios documentos que acreditaban que un escravo era libre.
X Un obxecto que sempre levaban os libertos.
X “Diario dun escravo que ama a liberdade”. Rolo anónimo.
X Varias figuras dunha deusa que representaba a liberdade.
X Un debuxo da rebelión de Espartaco.
- ¡Todas estas cousas non teñen ningún valor! – dixo Diana.
- ¡Mirade! – exclamou Caio. Estaba mirando un documento que se atopaba no fondo do cofre.
Era unha carta.
Querido Samuel:
Despois da investigación que fixen cos profesionais, penso ( e pensamos) que o maior tesouro dos homes é a liberdade. Sen a liberdade un home non pode vivir. Compadézome dos escravos facendo este “tesouro” con obxectos relacionados coa liberdade.
Por outra banda, queríate dicir que me vou a Exipto. Seica xa estou vello e querería pasar os meus últimos anos alí.
Que a paz sexa contigo.
M. Caio de A.
- ¡Por Xúpiter, Hera e tódolos deuses! – exclamou Pomponio ó ver outro papiro - ¡Somos ricos!
- ¿Qué é?
- ¡É o testamento!
Eu, Marco Caio de Ancona, en plena capacidade das miñas facultades mentais, escribo este testamento. Como morro sen descendentes, o que lego neste testamento será para quen o teña.
Lego a miña residencia de Siga, con todo o seu contido.
Lego todo o meu diñeiro situado na Banca.
Lego os terreos da miña propiedade en Siracusa, Tarraco e Ancona.
Como testemuña está o meu grande amigo Samuel Sarqueo.
M. Caio de A. S. Sarqueo 

ANEXO 

Pomponio e o seu fillo Héctor fóronse a vivir á grande mansión da familia Ancona, en Siga, ó mesmo que Caio cos seus pais, Flavia coa súa nai e Livia coa súa aboa.
Pomponio decidiu que tantas aventuras deberían ser coñecidas por moita xente. Así que escribiu un libro ó que titulou:
“Os catro papiros”. 

VOCABULARIO 

Acrópole
Monte situado en Atenas onde se atopaban diversos templos nos que se rendía culto a deuses gregos. 

Adriano
Emperador romano que gobernou entre 117 e 138 d.C. Foi un emperador autoritario e amante das artes. 

Anfiteatro
Edificio circular onde loitaban os gladiadores romanos e tiñan lugar espectáculos con animais salvaxes. 

Apollonia
Cidade grega situada na costa occidental. Na actualidade é Pojan. 

Arameo
Lingua que se falaba no Oriente Próximo. Foi a principal lingua do imperio asirio, do acadio e mais tarde do persa. 

Atenea
Deusa grega protectora da sabedoría. Os seus atributos son os seguintes: Curuxa, casco e escudo. 

Brundisium
Cidade romana situada no sur da península Itálica. Na actualidade e Brindisi. 

Censor
Cada cinco anos elíxense dous censores entre os antigos cónsules. O cargo dura 18 meses, eles expulsan ós membros indignos do Senado e os sustituen por membros novos. Tamén son os responsables de redactar os contratos de obras públicas e da recadación de impostos. 

Circo
Edificio oval no que tiñan lugar as carreiras de carros, como bigas (dous cabalos), cuádrigas (catro cabalos) ou decemiuguis (dez cabalos). 

Cristián
Durante todo o Imperio Romano o cristianismo foi perseguido como se fose unha secta. Adoraban a un só deus ó que lle chamaban Xesús Cristo. 

Curia
Concello. Nel reuníase o consello da cidade, chamado ordo. 

Dacia
Provincia do Imperio Romano situada na actual Rumanía. 

Doer como o Hades
Expresión romana que indicaba que algo doía moito. Para os romanos o Hades era o inferno. 

Foro
É un gran espazo aberto, utilizado como praza de mercado. Está rodeado en tres dos seus lados por postos e oficinas. No cuarto lado está a basílica, que se usa como tribunal e para outras funcións públicas. 

Galacia
Provincia do Imperio Romano situada actualmente nunha parte de Turquía. A súa lingua era o arameo. 

Grifo
Animal mitolóxico coa cabeza e as ás de aguia e o resto do corpo de cabalo. 

Hispania
Provincia do Imperio Romano situada na actual Península Ibérica. 

Illiricum
Provincia do Imperio Romano situada nas proximidades das actuais Bosnia, Croacia e Servia. 

Legado
Funcionario do goberno. Estaba ó mando das lexións ou actuaba como conselleiro militar e político. 

Mare Internum
Tamén denominado Mare Nostrum, este mar ocupa o actual Mar Mediterráneo. 

Massilia
Cidade gala situada na actual Marsella. 

Mauritania
Provincia do Imperio Romano situada no norte de África. 

Olimpia
Cidade grega na que se desenvolvían os famosos Xogos Olímpicos. 

Papiro
Na época romana non se inventara aínda o papel. No seu lugar empregábase un material feito cun xunco exipcio. En cada extremo do papiro enrolado situábanse cilindros para a súa mellor lectura. 

Pater
Termo que empregaban os fillos de pais romanos para dirixirse a estes. Por aquela época, o Pater Familias era moi respectado. 

Pergameo
Pel da res limpa de pelo que servía para escribir nela. 

Que a paz sexa contigo
Expresión cristiá que adoitaban dicir a modo de saúdo. 

República
Modo de goberno sen rei ou emperador. Roma converteuse en República a comezos do século IV a.C. 

Sidón
Cidade árabe que na actualidade é Sayda. 

Siga
Cidade da Mauritania romana que na actualidade é Takembrik. 

Sirmiun
Cidade situada en Illiricum, que na actualidade é Sremska Mitrovida. 

Tarento
Cidade situada no sur da Península Itálica. 

Teatro
Edificio semicircular no que se representaban obras de teatro. 

Vestal
Sacerdotisa da deusa Vesta. As vestais deixaban todas as súas ocupacións para dedicarse por completo ó culto da deusa Vesta. 

Vía
Estrada romana. 

Xermania
Provincia do Imperio Romano situada na actual Alemaña.


Javier Rivas Rodríguez, de Ferrol. Ano 2009.







Escrito por Justo, el Sabado, 28 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal