Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
AQUELAS VACACIÓNS
certame

AQUELAS VACACIÓNS 

(1º premio na categoría C –12 a 15 anos-. Ano 1997) 

Eran as catro da tarde dun día espléndido do mes de Agosto. Francisco, Sandra, Emilio e Silvia, catro nenos de catorce anos, atopábanse xuntos na terraza da casa dos pais de Emilio, que era fillo do dono da ferretería de San Xusto, un pobo pequeno e moi bonito do litoral galego, mentres os seus pais, que acostumaban a reunirse despois de xantar, tomaban o café dentro da casa. 

Francisco, que era fillo dun médico de Madrid que viña veranear ó pobo tódolos anos, era un neno moi intelixente, decidido e emprendedor, sendo considerado polos outros como o seu xefe, dixo: 

- ¡Estou mais aburrido! ¿Qué podemos facer mentres os nosos pais charlan? ¡Porque xa sabedes que cando se xuntan a conversa dura un rato largo!

- A min agora non se me ocorre nada – respondeu Emilio - ¡Haber que din as rapazas!

- A min non me preguntedes, xa que nunca o facedes – díxolles Sandra, unha nena loura, rebuldeira, con gafas graduadas, filla dun mestre do pobo, a quen os outros consideraban a mais valente.

- ¿E ti que dis, Silvia? – preguntou Francisco

- O que vosoutros decidades – respondeu esta, que era unha nena fracucha e algo pusilánime, filla do boticario do pobo.

- ¡Pois entón vouvos dicir unha cousa! ¿Lembrádesvos daquel bote que había o ano pasado amarrado na desembocadura da ría cerca do embarcadoiro da praia de Anguieira? ¿Que vos parece se imos mirar se aínda está alí e damos unha volta nel? – preguntou Francisco

Os outros nenos estiveron de acordo e sen dicirlle nada ós seus pais marcharon para o embarcadoiro. Ó chegar viron que o bote estaba alí. 

- ¡Que ben! ¿Vistes que ten os remos dentro? – dixo Sandra -. Imos empuxala ata a ría

- ¿Qué facedes? ¡Deixade o bote no seu sitio! ¿Non sabedes que non é noso e os nosos pais pódennos reñer por collelo sen permiso? – respondeu Silvia, asustada

- Cala a boca, sempre estás atemorizada – dixo Emilio -, que decida Francisco o que imos facer

Cando escoitou isto, Silvia agachou a cabeza e pensando que os seus amigos deixaríana soa se non os obedecía, respondeu: 

- Pois que decida Francisco, pero xa veredes como nos van reñer

- Tranquila Silvia – dixo Francisco -. Emilio e mais eu encargámonos de remar 

Entón empuxaron o bote ata a ría, sen revisar se estaba en perfectas condicións para navegar. 

Metéronse no bote e, remando con forza, fóronse adentrando no mar. Cando as súas forzas eran cada vez menores, dixo Silvia: 

- ¡Teño os pés húmidos! ¡ Aquí hai auga!

- ¿Onde? – dixo Sandra -, que achegándose a mirar, descubriu un pequeno burato por onde entraba a auga.

- ¡Ponlle o pé enriba! – ordenou Francisco -, que se non afundimos

Ó oír isto, Silvia botouse a chorar, e moi asustada exclamou: 

- ¡Ai, Meu Deus! ¡Ímonos afundir! 

Os demais tamén empezaban a poñerse nerviosos cando viron que o bote seguía enchéndose de auga. 

Emilio quitou o seu xersei para taponalo burato, pero este facíase cada vez mais grande. 

- Temos que saír nadando – dixo Sandra

- Pois entón imos quitalos zapatos para poder nadar mellor, xa que llo teño oído a meu pai – comentou Francisco
 
Silvia, que non paraba de chorar, dicía: 

- ¡Eu non podo! ¡Non podo!

- Si que podes, nós axudarémosche – contestaron todos 

Baixáronse todos do bote agás Silvia, que presa do medo non quería baixar. 

- Baixa Silvia, que senón quédaste aí – díxolle Emilio, e colléndoa da man axudoulle a baixarse. 

Empezaron a nadar ata a beira. As nenas nadaban mais axiña cós nenos, pois non estaban tan cansas. 

Ó chegar á beira, tremendo de frío, miraron cara ó bote, que xa estaba moi afundido. Sentáronse na beira sen mediar palabra, e así estiveron un bo cacho. 

- ¿E agora que? – dixo Emilio -, estamos mollados, descalzos e mortos de frío, e os nosos pais andarannos buscando

- Iso non é o peor – dixo Sandra -, o pero é que se afundiu o bote e non sabemos de quen era. Pero Francisco, que nos meteu neste lío, tennos que sacar

- Non vos preocupedes. Ós nosos pais dicímoslles que quitamos os zapatos, puxémolos nunha pena, veu unha ola e levóunolos – dixo Francisco

- E do bote, ¿que dicimos? – preguntou Sandra

- Diso non dicimos nada. O bote non se ve, pensarán que o levou o mar – contestou Francisco

- Iso non o cren – dixo Emilio

- ¿Sabedes que vos digo? O mellor é contala verdade. A min non se me da ben mentir e os nosos pais tarde ou cedo han sabela verdade – dixo Silvia

- Pois cando o saiban contámoslles a verdade – dixo Francisco

- ¡Xa! ¡ Como te vas dentro duns días, dáche o mesmo! – contestou Emilio. Por unha vez, voulle facer caso a Silvia

- Eu tamén – replicou Sandra

Mentres tanto, os pais andaban a buscalos por todas partes. Decidiron ir á praia, onde os atoparon mollados e con cara de frío, preguntando que lles pasara. 

- Dío ti, Francisco – dixo Emilio 

Francisco empezou a narrala aventura dicindo a verdade. 

- Pero, ¿como se vos ocorre coller ese bote, que levaba aquí moitos anos e xa era para tirar? – dixo o pai de Emilio

- ¿E logo de quen é o bote? – preguntou Emilio

- Era meu – dixo seu pai 

Os nenos abrazáronse saltando de ledicia e Silvia díxolles: 

- ¿Vedes como sempre é mellor contala verdade por moi mala que sexa?


Belén Aguiar Villar. 1997.


Escrito por Justo, el Miercoles, 25 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal