Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O ESTRAÑO SUCESO
certame

O ESTRAÑO SUCESO

(2º premio na categoría C –participantes de 10 a 13 anos-. Ano 2010)

Aquela mañá espertei cedo, máis cedo do normal, xa que estaba de aniversario. A noite anterior non podía durmir pensando no día tan especial que me estaba esperando, tan só separado por unhas poucas horas de sono.

Cando me levantei, meus pais e miña irmá Carme estábanme esperando na cociña para almorzar, cun paquete enorme, e que eu non podía deixar de mirar, pero dixéronme que ata a noite non o podía abrir, xa que tiña que ir á escola, e co apampada que quedara mirando aquel estraño vulto, xa era bastante tarde.

Na escola regaláronme un caderno laranxa moi bonito e cheo de dedicatorias feitas por tódolos rapaces e rapazas da miña clase, os meus amigos e amigas. Tamén me cantaron, pero logo tivemos clases normais. Iso si, as orellas puxéronmas ben coloradas!

Cheguei á casa por fin, fixen tódolos deberes, recollín o meu cuarto, ducheime e, en pixama e bata, estiven procurando que Carme me dese algunha pista sobre o estraño paquete, que estaba colocado ao lado da neveira, era tan grande coma ela pero cunha diferencia: era ovalado.

Chegou a hora da cea e miña nai preparárame a miña sobremesa preferida: as rosquillas. Despois daquela delicia chegou o momento de abrir o paquete.

A verdade é que cando abrín non me esperaba aquilo, xa que só era un espello con forma de ovalo xigante, de cor gris cuns tons azuis, no que só se vía reflexada unha nena desilusionada, por aquel regalo perfecto que non chegara. Meus pais subíronmo a habitación e alí o tiven ata aquela tarde de verán, na que comezou unha historia bastante difícil de crer.

Despois daquela ducha tan refrescante, fun ao meu cuarto a peitearme e púxenme diante do espello. Cando me fixei, non vin aquela nena desilusionada, senón un rapaz que me tendía a man. Sorprendida, intentei collela, e cal foi a miña sorpresa ao ver que non só a miña man atravesaba o espello, senón que aquel rapaz tiraba de min e, nun intre, atopeime dentro dun mundo, un mundo fantástico a piques de descubrir. O primeiro que dixo aquel rapaz foi:

-Ola, chámome Xan, e levo xa un tempo tratando traerte a Mita, o meu país.

Tatexando respondinlle:

.Eu María, e a verdade é que me gustaría saber que pinto eu en Mista, ou como queira que se chame o teu país.

Despois da resposta a esta pregunta souben que Xan era bo rapaz, que non se deixaba dominar polo transcurso das situacións, naquela na que o estaba poñendo a proba. Botándose a rir contestoume:

-Non, chámase Mita, e tróuxente eu, por que dende que aquela rapaza a que te pareces moito non vén abúrrome pasando as horas soíño.

Grazas a aquela resposta, tamén puiden saber que Carme estivera alí, porque todo o mundo dí que nos parecemos.

-Vale, paréceme que é un motivo fácil de comprender-, dixen.

De súpeto escoitouse unha voz que dicía: María, a cea está lista!

Entón decateime de que deixara a porta do meu cuarto aberta, e que miña nai podía entrar.

-Rápido, e recorda que ninguén debe coñecer a existencia de Mita, recorda que é o noso segredo, e por favor, confía en min.

Dito isto, Xan empuxoume e atravesei o espello de novo, xusto antes de que mamá entrase no cuarto. Antes de baixar volvinme e vino de novo.

-Mañá espero volver verte.,

Un pouco asustada, pero á vez contenta baixei cear, sabendo que aquel regalo empezaba a ser perfecto.

Os días seguintes foron bastante bos, xa que Xan non deixaba de sorprenderme con aquelas marabillosas historias de Mita, e eu deixábao abraiado contándolle cousas tecnolóxicas, coma ordenadores, que él nunca tivera nin vira. Unha mañá díxenlle:

-Carme levoute algunha vez ao noso mundo?

-Eu non coñezo ningunha Carme, e non podo atravesar o espello, porque non sei se podería voltar.

-Algún día habémolo intentar, pero ti e máis eu só nos vemos neste precioso campo, coma se o teu mundo non fose máis alá.

Espera e verás, díxome, e sentándose no chan coma un indio empezou a concentrarse, invitándome a facer o mesmo.

Díxome que pensara nun pobo, non moi grande, pero tampouco moi pequeno, cheo de xente alegre, traballadora e disposta, e que se de verdade o desexaba, non tardaría en chegar alí.

Tardar si que tardei, como unha hora, pero conseguino. Notei como o meu corpo ía difuminándose e, cando abrín os ollos, Xan estaba agardándome nun pobo, non como eu o imaxinara exactamente, pero sí cun certo parecido. Segundo el, levaba alí cincuenta e nove minutos, pero supoño que estaría no campo esperando que eu conseguise aquel prodixio.

Moi pronto coñecía a tódolos habitantes da vila, e tamén notei en Xan que non quería falar de Carme, sempre me negaba que coñecía a miña irmá, e, aínda hoxe en día, trinta anos despois, sigo pensando que me mentiu.

Un ano despois daquel primeiro encontro deino convencido para que intentase cruzar ao meu mundo, dicíndolle que eu confiara nel, e que el nin sequera fora capaz de intentalo.
Foi un éxito rotundo, xa que deu pasado ao primeiro intento.

Cando viu o meu cuarto non dixo unha palabra, e aproveitei que meus pais e miña irmá non estaban para ensinarlle a casa, o xardín e mais dar un paseo polas rúas máis próximas a miña casa.

Unha hora despois, quixo volver a Mita, e eu acompañeino ata a cascada do Marañón, o meu lugar favorito de Mita, xa que aprendera moito naquilo de cambiar dun lado para outro só con desexalo. Despois daquilo, iámonos turnando: Mita, Terra, Terra, Mita... e así sucesivamente.

Non sei como puido pasarme aquilo, pero un día empecei a notar que me namoraba del a unha velocidade ultrasupersónica, e que non podía frear.

Unha tarde, atravesei o espello e alí o vin, de pé, esperándome, moi serio, e díxome que me transfigurara ata o xardín da soidade ( un xardín moi bonito pero do que ninguén coñecía nada, só eu e Xan, xa que era creación propia, propia da nosa imaxinación, e que chamabamos así porque nunca foramos xuntos, sempre sós). Iso estrañoume moito, pero accedín. Ao chegar alí empezou el falando:

-María, temo que ao dicirche isto non volva verte máis, pero é un risco que estou disposto a correr, xa que non podo aguantar máis, teño que confiarche un secreto que ti terás que gardar ou esquecer.

Empecei a pórme nerviosa e case non podía nin moverme.

-Só quero dicirche que te quero, que te quero dende o intre no que chegaches a Mita, non, minto, incluso antes de coñecerte xa te quería, estabas na miña cabeza, no meu mundo, na miña imaxinación... Agora ti tes que decidir, se marchar para non volver máis, porque ti non sentes o mesmo, ou quedar e gardarme o segredo. Eu non vou xulgarte pola decisión que tomes, senón que se decides marchar, voute recordar por tódolos momentos fabulosos que pasamos xuntos.

-Eu quérote -dixen,- quérote e creo que non me sentín tan feliz en toda a miña vida. 

Despois daquela conversa bicoume, e soupen que os nosos mundos se xuntaban, pero non puiden comprender moito máis ata que el me explicou todo. Todo era que o noso destino tiña que unirse, os nosos mundos tamén, todo porque a nosa cabeza, a nosa imaxinación o quería, sen darlle máis voltas.

Trinta anos despois, só quero dicir que a Mita só vamos de visita, ou para recordar vellos tempos, porque dende que naceu a pequena Mena, non temos moito tempo. Cando medre queremos ensinarlle o que pode facer a imaxinación, incluso xuntar dúas vidas, dous mundos completamente diferentes.


Sara Fernández Álvarez, de Cartelle. Ano 2010.


Escrito por Justo, el Lunes, 09 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal