Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
15 DÍAS ANTES DA MORTE: 11 DÍAS CO MEU AMOR
certame

15 DÍAS ANTES DA MORTE: 11 DÍAS CO MEU AMOR

(1º premio na categoría C –participantes de 10 a 13 anos-. Ano 2010)

So tiña 20 anos. Todo na miña vida ía normal. Non tiña ningún tipo de problema, bo, polo menos iso cría ata o día de hoxe. Fun a unha revisión do médico, coma calquera persoa. En principio eu non tiña nada. Estaba san. Pero polo visto aquel fóra o peor día da miña existencia. O médico díxome, nin máis nin menos, que me quedaban 15 días de vida. Detectara no meu organismo un virus irreversible e mortal. 

Ese non sería un momento como calquera outro. O que sentía era que o mundo se acababa, polo menos para min. As grandes desgrazas son moitas, pero dende logo á morte era a única á que eu temía. Na miña mente non vía nada. Ao parecer o doutor estábame a falar. Pero non respondín. Non tiña familia. ¿Qué sería de min? 

Entón, nun pequeno sobresalto, díxenlle ao doutor que non necesitaba nada. Íame ir para casa, e morrería lentamente como se nada. Soa, na miña casa. 

Pasaron tres días. Todos eles soñaba con Morte. O inferno estaba cheo, o lume estaba cerca. O meu destino quedaba selado. Chorei cada noite desas. Pero son forte. Tiña que seguir. Resistir. Vivir o que me quedaba. Soa. Ó carto día, afíxenme a que xa non estaba na realidade. Era unha pantasma. Aquela mañá notei que a miña alma era transparente. Que aquel almorzo non me alimentaba. A ducha de auga fría non me afectaba. Íame facendo inerte. Vin un pouco as novas na tele, pero nin escoitaba nin os meus ollos tiñan visión. Saín á rúa. Todo era lento, moi lento. Sería unha das últimas veces que vería aquela estrada. O ceo era gris. O resto negro. Ningunha persoa tiña cor. Eu camiñaba, lentamente. Pero polo menos aínda camiñaba. Unha árbore, un paxaro, unha rapaza…¿Qué me quedaba a min? Ía morrendo, con cada paso que daba. Cando de súpeto choquei cun rapaz:

PRIMEIRO DÍA 

-Meu Deus! Perdoa, non te vin! 

-Non foi nada, estou ben. Desculpa ti. 

-Non, por favor! 

-Bo. . .da cordo, pero en que ías pensando para chocar con alguén desta forma tan brusca? 

-En nada, e que. . .Unha cousa. Non pasou nada. 

El riuse. Era un rapaz guapísimo. Tiña o pelo castaño, era moreno, lanzal e con ollos encantadoramente amendoados. O seu sorriso parecía o sinónimo da ledicia con maiúsculas. Era tan agradábel que lanceime á piscina e díxenlle: 

-Bo, quizais para que me perdoes pódote invitar a un café. Se queres, e se tes tempo. 

-Pois por min moi ben. Encantaríame. Chámome Parada, Anxo Parada. Encantado. 

-Igualmente, eu chámome Álvarez, Ana Álvarez. 

-Pois vaiamos agora mesmo, que a estas horas da mañá apetece. 

-Ben. 

Durante a curta viaxe á cafetería máis próxima, deu tempo a todo. Faloume un pouco del e eu un pouco de min. Cando chegamos xa tiñamos moitas cousas en común. Os dous naceramos en Ourense, gustábanos a música galega, a literatura, o cine. O que estaba agora mesmo na tele comentabámolo todo. Estabamos da cordo na maneira de vivir. 

Pasamos todo o día xuntos. Ó final, pola noite, cando me deitei, pensei que este día, un dos últimos da miña vida habíao aproveitado máis que ben.

SEGUNDO DÍA 

Pero pola mañá, Anxo non só caíame ben, senón que me namorara no fin da miña existencia. Ás 10 da mañá, chamoume. ¿Ves pasear? Si. Cada minuto que pasaba con el gustábame máis. A súa forma de ser, de falar, de se rir. . .Era, como di o seu nome, un anxo. Pouco a pouco puiden comprobar que el tamén se namorara de min, e iso foi sendo a miña menciña para ir esquecendo que xa so tiña 9 días para estar con el.

TERCEIRO DÍA 

Hoxe tamén foi así. Fomos ó centro comercial, a comer nun restaurante; a mirar o río. Esas cousas, aínda sendo as normais, eran máis especiais cada momento que o miraba ós ollos. Xa nin pareciamos coñecidos, e case nin amigos. Pareciamos estar xuntos.

CARTO DÍA 

Despois de só tres días, chegara o momento co que soñaba todas as noites dende que o coñecín: íame propoñer parella estábel. Cando lle dixen un `si´ redondo, tirouse ós meus brazos no medio do parque. Aquela noite, eu era máis que feliz.

QUINTO DÍA 

Non me acordaba do dos 15. So podía pensar nel, e ademais é que estaba con Anxo todo o día. Hoxe durmiu na miña casa. Falamos de todo, pero non lle dixen o do meu destino: 

-Bo, e ti estás san?-Pregunteille. 

-Pois. . .Non, creo. 

-E logo? Pásache algo? 

-Pois. . .verás, sinto non habelo dito antes pero, teño sida. 

Non o imaxinaba. Sentíame mal. Nese intre era como se eu fose unha sucia rata. Eu non lle dixera a verdade, máis el si. 

-Estás ben? Oe, síntoo. Xa dende fai. Perdoa. 

-Non o digas máis! 

-¿Que? O do sida? Moi ben! Sabíao. Todas me deixan por iso. Pois tranquila, que xa me vou, antes de darche máis asco. 

-¿Que?! Dicía o de perdoa! Que deixaras de desculparte! Non ten que ver! Volve! 

Saíra pola porta. Non me quixo oír. Rompín a chorar. Agora si que non era eu.

SEXTO DÍA 

Non contestaba ás chamadas. Estaba realmente confundida. Pero era unha babecada, posto que el entendérame mal. Non sabía que facer. Estaba empezando a ser posuída pola desesperación. En si eu no tiña culpa, pero o de non contarlle a verdade. . . 

Pasei toda a tarde tratando de pensar algo. Pero non me din conta do máis doado que podía facer: ir á súa casa. Pero como xa era noite, mellor esperaría a mañá. Iría a primeira hora, cando el fai as súas filloas para almorzar.

SÉTIMO DÍA 

Levanteime toda decidida e segura de min mesma. Ducheime rápido, comín un pouco e saín da miña casa a toda presa. Cando cheguei á súa porta, petei. Abriume. Vin a súa cara enfadada, pero lle falei: 

-Ola. Só quería dicirche que antonte dicíate que pararas de desculparte, non que pararas de falar sobre a túa enfermidade. 

Houbo un silencio absoluto. O que non me atrevía era mirarlle aos ollos. Pero, de súpeto, abrazoume. 

-Perdoa, outra vez.- E riuse.-Nunca dubidaría de ti. Ademais tes razón. . .pero como todas me deixan por iso. . .Tiña medo, e moito. 

Non entendía porque, pero nese momento boteime a chorar. Quizais sería porque era o mellor momento da miña vida. Ou porque o quería tanto que me sentía moi afortunada. Pero sexa cal sexa a razón, non cambiaría ese intre por nada do mundo. 

Fomos á miña casa. Íase quedar a comer. Estabamos rindo mentres subiamos polo portal, coma case sempre, cando abrir a porta e lin unha nota que tiña no taboleiro de entrada. Púxenme pálida, aínda que non tanto coma il. Poñía: 

QUINCE DÍAS ME QUEDAN. TRANQUILA ANA. MORRER NON É NADA MALO, SUPOÑO. ASÍ QUE NON TEÑAS MEDO. 

Era un fragmento do meu diario que puxera alí. Porque morrer non é algo que se faga tódolos días. Miroume con cara de asombro, pero sobre todo de medo: 

-Qué ocorre? Iso non parece moi normal. 

Quedei xeada. A ira que levaba dentro saíu de golpe, pero case afogaba da tristeza. E non podía evitar nunca a pregunta que viría a continuación: 

-Vai en serio? 

El acercouse ao cartel. Ao lado había un pequeno calendario feito a man. Como os da cárcere. Había días riscados. Hoxe era o día dez. Non sabía que facer. Así que como non o podía ocultar máis, díxenllo: 

-Mira. . . sei que son horrible por non dicircho, pero a verdade é que me quedan cinco días de vida. 

-QUE? Non era unha broma de mal gusto? Vaste morrer? Pero e logo?! Que queres que faga eu cando te morras???!!! Pasear, quizais? Ti estás mal da chola?! E dismo agora, a cinco días! Que vai chegar un momento, en breve, no que estaremos comendo, ou no cine e de repente pecharás os ollos para sempre?! Non te creo! É imposible! Dime, Ana. Que fago? 

-Deus!!! Síntoo moitísimo! Sei que ti contáchesme o do sida, e eu nada. Pero e que se cho dicía nunca me propoñerías parella, ou quizais nin amigos! O meu é máis grave! E tiña moito medo. Non quería perderte. Se cho dicía, o peor nin me querías. Por se te encariñabas de min e despois perderme de golpe que sería o peor para un. 

-Non faría iso! 

-Si que o farías! Calquera persoa normal o faría, para non danarse a si mesma. 

-Pero ti impórtasme máis que eu mesmo, nin pola morte pasaría de coñecerte. Pero o que fixeches mal foi non contarmo dende o principio. 

-Xa! Pero tiña moitísimo medo! 

-Xa. É lóxico. 

-Veña, a porta está aberta. Cando queiras marchas- Díxenlle con bágoas nos ollos. 

-Pero que dis? Non te penso deixar soa nestes momentos! Non sexas tola! 

-Vale. 

Abrazoume. E pouco a pouco parei de chorar.

OITAVO, NOVENO E DÉCIMO DÍA 

Pasara estes tres como os máis intensos dos meus 20 anos. Todos eles con il. Para non caer nunha depresión nin nada. Queríao, e choraba porque non quería separarme del. Propúxome matarse, para no inferno estaren comigo. Pero era unha tolada.

DÉCIMO E ÚLTIMO DÍA 

Xa pasara once días co meu amor. Moitas horas cun chico que deume calor, enerxía, vida e sobre todo amor. Levantárame pouco a pouco do baleiro no que me estaba caendo, rapidamente. Díxenlle que o amaba. E el fixo o mesmo. Comezou a cámara lenta. Íamos no medio día camiñando pola praza. Da man e xuntos. Cando sentín un mareo e. . . desmaieime. 

Estaba xa no chan, sangrando polos ollos e co corazón en chamas mentres oía como toda a xente gritaba e facía ruído. Non existía o silencio na mente de ninguén salvo na miña. Pero polo contrario eu xa o estaba sentindo. Como me esvaecía e me levaba o vento. Mireille aos ollos por última vez, vendo como caían as súas bágoas polo seu rostro e, logo, pechei os meus para sempre. Todo volveuse negro i escuro; agora o silencio si que xa era absoluto. De repente, divisei unha luz e todo volveu a amencer. Estaba aos pes dunha porta entreaberta. Entrei, lentamente e comprobei que era a miña terra. Sentíaa, observábaa, ulíaa . . . puiden tocar o chan e tamén respirar o aire do ceo. Todo o que precisaba era aquilo. Entón senteime no medio daquel prado, alí. Nun baleiro do que nunca me podería librar. Salvo que el aparecera. 

Non facía frío nin calor; non chovía nin nevaba. Alí o único que se sentía era a eternidade. Todo estaba morto, inerte, sen vida. E eu íame volvendo coma eles. Pero o peor era que non podía sentir nada excepto dolor. Pensaba nel, e doíame; sentía a súa calor, e doíame. Choraba. Choraba sempre que podía. Non tiña ningunha dirección. Non había camiños nin proxección. Que faría? Esperar. I esperei i esperei eternamente a que el aparecera. Pasou moito tempo e non aparecía. E eu choraba máis. Angustia, ira, tristeza, feridas, mal . . . Só me quedaba iso, e o teu recordo perdérase no inferno. 

Non existía o tempo. Dábame conta de que estar alí era como non estar. De que o lume estaba moi cerca, encabezado por algo malo e seguido por algo peor. E ti . . . ti nunca aparecías. Fun perdendo a mente i esquecinme de todo o que sabía e coñecía. Só me quedaba o meu corpo, pois a miña alma xa estaba entre as demais cinsas. O dolor da miña mente cada vez era máis intenso e poderoso. Tiña medo, moito medo. Pero non podía sentilo nin velo. Gustaríame estar acompañada. Intentei comunicarme con alguén, pero xa non sabía falar. Os meus ollos conxelaron e a miña pel secárase. Convertérame nun morto que non era ninguén. Pero o que máis botaba de menos era respirar e, sobre todo, respirar ao teu lado. Habíame morto e as espadas e as rosas atravesaban o meu corpo. E aínda así estaba morta. 

Sabía que o deixara nese mundo baleiro sen ninguén ao seu carón. Sabía que o deixara chorando e co corazón roto. Sabía que o deixara con ansias de suicidio. Pero o máis doloroso era que iso fora a vida real, e eu, deixárao sen amor. Queríao. Queríao ata o inferno . . . pero non me quedaban bágoas.


(Sandra Carrasco Álvarez. Ano 2010)




Escrito por Justo, el Martes, 03 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal