Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O RELOXO MÁXICO.
certame

O RELOXO MÁXICO. 

(2º premio na categoría B -participantes de 14 a 17 anos- Ano 2010. 

Ratiña de chocolate. 

Estrelas que resplandecen nunha noite encantada. Luces apagadas, augas quedas, montañas silenciosas. Xente ao lonxe, que ri ,que chora, que quere vivir. A nosa historia comeza aquí. 

Decateime un día ao espertar, todo cambiara, de repente, sen anticipalo ni prevelo todo volvera a nacer. 

Chámome Lúa, Lúa Flores García. Nacín nunha noite de choiva nun pobo escondido da miña querida terra, GALICIA. 

Sempre pensei que era coma as demais nenas, máis ou menos inqueda pero totalmente igual, ata que chegou aquel día, algo especial andaba preto de min. Miña nai morrera ao nacer eu, a pesares de eso meu pai, a avoa e máis eu, viviamos ben felices na nosa casiña modesta. 

Santiago, o mellor amigo que puiden ter, sempre andaba ao meu carón, o colexio polas mañás, aínda que non fose o mellor prato de gusto, e as bicicletas, fochicar nas cousas dos demais, facer conxuros co reloxo da miña defunta nai, as tardes tirando pedras ó río, as cartas, e as viaxes a Praia eran o noso lecer. Leticia, Xonxa, Paco e Tomás tamén andaban no noso grupiño de festa. 

A miña casa tiña una cociña pequena, un salón casero, un baño, uns cuartiños quentes e pouco máis, no xardín había moitas árbores frutais, que mamá cultivara nun tempo pasado, xa que era algo que adoraba, tamén había un columpio e máis una grande árbore onde xogabamos ás veces. 

Santi e eu sempre tivemos a fantástica idea de que cando chegara o momento, a árbore abriríase para ensinarnos un mundo novo, que no río algún día aparecería un golfiño aventureiro, e que a Teresa, a profesora das matemáticas, algún día había desaparecer.
Pois ben, non estabamos tan equivocados. 

-LUÍÑA,LUÍÑAA! 

-Que me queres avoa? 

-A Teresa, a do colexio, desapareceu onte, deixando unha notiña, que marcha a vivir a vida tola por aí, por una desas illas de festa do mundo, Malta ou algo así… 

-Non mo digas dúas veces avoíña!Marcho a avisar a Santi! 

Esto tan só foi o comezo, aínda non sabíamos onde nos acabaramos de meter. 

Os maiores din que a maxia non existe, que a vida é dura, que o tempo corre, que crecer é duro. Pero non todo é así, as cousas pasan por algo dicía algún filósofo de por aí. A Terra non é cadrada, como todos dicían, pois máis cousas teremos que descubrir, ou imos estar esperando sempre a que a auga caía do ceo? 

Cando tiña xa uns aniños para entender certas cousas, papá explicoume a historia de mamá e deume un rosa seca que ela metera nun libro de aventuras e un reloxo, un reloxo máxico; obxectos dos cales nunca me separei. Pero sen querelo nin facelo, aquel reloxo tiña un poder especial, despois de tantas risas, choros, peticións e minutos concedidos, o reloxo espertou para non apagarse xamais. 

E logo din que os trasnos non existen, andaaa queee! 

O noso reloxo cumpría desexos, creando sempre a ledicia para todos, axudando aos que máis o precisaban e sobre todo, facendo que a chama de maxia, das toladas, de vivir a vida, das luces que nunca se apagan, non se puidese apagar na vida da nosa querida protagonista, Luíña. 

Belén Sotelo García. Ano 2010.


Escrito por Justo, el Martes, 03 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal