Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
BEN RECIBIDO SEXA O BEN
certame

BEN RECIBIDO SEXA O BEN

(1º premio na categoría A –participantes de 17 a 30 anos-. Ano 2009)

Fai moitos, moitísimos anos, (aínda nin sequera naceran os nosos avós); os animais sabían falar, e relacionábanse coas persoas.

Un bo día, ían dous cazadores camiñando pola Serra de Manzaneda, Xan e máis Antón, mentres discutían amistosamente sobre o ben que se recibía cando facías algo bo. Xan opinaba que o que facía ben, recibía ben, e Antón que aquel que facía ben recibía mal. E así seguiron todo o día cada un coa súa teima, ata que chegou a tardiña e cada un se foi polo seu camiño.

Cando Xan ía pola metade do camiño escoitou uns berros aterradores:

- Socorro, auxilio! Sacádeme de aquí! Socorrooooo,! Axuuuda!. 

Xan baixou a todo correr monte abaixo ata que viu que era unha serpe a que berraba debaixo dunha enorme pedra.

- Vaia susto me deches serpe!-díxolle Xan.

- Por favor señor, sáqueme de aquí, que senón morrerei aplastada.

- Si oh! Eu sálvoche a vida para que despois veñas ti e me comas, diso nada.

- Pero señor! Si me salva a vida, cómo lle vou facer iso?

- Non sei, non sei…

- Que non, de verdade, que non o como, por favor…

- Está ben.

- Grazas! Miles de grazas!.

E Xan sacoulle de enriba aquel aparatosa pedra que apresaba á serpe.

- Moitísimas grazas, estoulle moi agradecida, de verdade, pero…

- Pero qué?- preguntou Xan con maliciosa intriga.

- E que…, verá, levo tres días sen comer e…, teño moitísima fame, e como vostede saberá estamos na lei do bosque e…vamos, que o vou ter que comer.

- Para aí o carro, traidora! Xa que queres empregar a lei do bosque, saberás que hai tres avogados esenciais dende o de menos ata o de máis poder, así que contaremos con eles. 

- Vale logo- refunfuñou a serpe. 

E marcharon polo camiño do pobo para atopar os avogados e o pouco de camiñar atoparon o número tres pastando nun lameiro; tratábase de don Paco, un burro fateiro que tiña moitísimos anos e sempre estaba canso.

- Bos días don Paco, saudou Xan acercándose a el.

- Ola, bos días.

- Mire, viña a explicarlle un caso; esta serpe prometeu non comerme a cambio de que eu lle salvase a vida, pero non o quere cumprir, e eu penso que o que fai algo ben ten que recibir o ben a cambio, non cre?

- Bueno, eu non estou de acordo, porque levo toda a vida traballando, cargando con sacos, con madeira, transportando o meu amo a tódolos lugares e moitas cousas máis e se canso e non me levanto, pégame para facerme traballar máis.

- Je, je, un o meu favor- ría a serpe.

- Non te apures tanto, aínda que nos quedan outros dous. 

Despedíronse moi amables de don Paco e foron na busca do avogado número dous, que tiña máis importancia. Seguiron camiñando ata que chegaron xunto a un rabaño de ovellas e atoparon a don Faustiño, que era o can que as gardaba.

- Bos días don Faustiño. Mire, quería contarlle un caso… 

E tamén lle plantexaron o mesmo que a don Paco. Ao que don Faustiño dixo:

- É igual que fagas moitos bens que total recibirás males. Eu paso o día coidando do rabaño, pola noite incluso lles fago garda, acompaño ó meu amo a tódolos sitios e cando teño fame, só me dá ósos.

- Estupendo! Fabuloso! Xa van dous o meu favor, xa se me fai a boca auga.

- Non sexas impaciente serpe! Pensa que o avogado número un é o que ten a palabra final, o que el decida cumprirase.

E así foi, retomaron camiño para ir na procura do número un, que era dona Odila, unha raposa moi presumida que resolvía os casos máis difíciles de todo o monte da provincia. Despois de contarlle o caso a resolver, quedou pensativa un intre ata que por fin deu a súa opinión:

- Ben, pois, eu creo que aquel que fai ben ten que recibir bens, é o máis lóxico; eu por exemplo, roubo as galiñas da xente do pobo e intentan matarme; chámanme de todo, trátanme mal… pero estou segurísima de que se non fixese esas cousas e me portase ben coa xente, todo o mundo sería amable comigo e trataríanme moi ben. Por iso eu creo que o mellor sería que analizasémo-los feitos. 

E foron camiñando ata o lugar onde Xan salvara a serpe para analizar o caso.

- Moi ben -dixo Odila-, necesito reconstruí-los feitos. Xan, levanta a pedra e ti serpe métete debaixo outra vez.

- Diso nada, non vou volver outra vez a ese inferno.

- É para reconstruí-los feitos, será un intre.

- Pero só un intre eh! - A serpe cedeu e Odila concluíu o xuízo:

- Xa que es unha serpe mentireira, avarenta e traidora, castigareite a pasar o resto da túa vida debaixo da pedra. E xuízo pechado. 

Xan deulle as grazas por terlle salvado a vida e ofreceulle a cambio dos seus servizos seis galiñas que tiña na casa, e díxolle que as fose buscar ó día seguinte á hora que ela quixese, que se el non estaba sería a súa muller quen llas daría. Odila quedoulle moi agradecida porque con seis galiñas tería para comer durante unha semana enteira.

Cando Xan chegou á casa e lle contou o sucedido a súa dona; ela, que era unha muller moi egoísta enfadouse por perder as seis galiñas.

- Ti estás tolo! Case era mellor que te comera a serpe! Como se che ocorre!

- Pero muller non te enfades, é o mellor que podo facer por alguén que me salvou a vida!
Quedou así a cousa. Ó día seguinte cando Xan marchou a traballar á viña, a súa muller sacou as galiñas do cortello e meteu no seu lugar a tódolos cans do pobo.

Cando chegou Odila, presentouse moi educada e dixo que viña buscar un recado que Xan lle deixara. E Rosa, que así se chamaba a muller de Xan, díxolle que agardase na entrada do cortello coa boca ben aberta porque as galiñas eran un pouco agresivas e se lle podían escapar.

A pobre Odila sen saber o que lle agardaba abriu a boca todo canto puido mentres Rosa abría a porta do cortello. Tódolos cans se botaron a correr tras ela e Odila corría a toda velocidade polo monte, pero canto ela máis corría, máis se esforzaban os cans en atrapala; e foi correndo, correndo ata que chegou ó seu refuxio e dixo ollando para as súas veloces patas.

- Ai, miñas patiñas queridas, se por vos non fose, comíanme os cans hoxe.

E como as cousas e os favores que había entre persoas e animais sempre remataban os animais recibindo males, a nai Natureza enfadouse tanto, que decidiu darlle a cada especie unha fala distinta á dos humanos, así cada un resolvería os seus problemas coa axuda dos da súa mesma especie. Por iso se di que a fala é dos mellores bens que recibimos.


Teresa Fernández Navarro, de Ourense. (Ano 2009)




Escrito por Justo, el Martes, 03 de Agosto 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal