Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
SONIA E OS SEUS CONTOS
certame

SONIA E OS SEUS CONTOS

(1º premio na categoría D –ata 11 anos-. Ano 1998)

Sonia vivía preto do meu pobo. Cando todas íamos a xogar pasabamos pola súa casa e diciámoslle se quería vir connosco, pero ela case nunca viña, porque andaba sempre moi aqueloutrada coas súas historias e contos, que escribía día tras día nuns papeis.

Todas comentabamos que Sonia parecía parva, porque non viña a xogar. Un día cando estabamos na escola, o mestre de matemáticas meteulle unha boa bronca por estar a escribir contos mentres el explicaba un problemiña de triángulos.

-¡Sonia! De seguires así, chamarei ós teus pais. ¡Haber se baixas da nube! ¡Pon os pés no chan!

Pasaron tres cursos dende aquela anécdota e un día a mestra de lingua falounos dun certame de contos que se celebraba co gallo do Día das Letras Galegas. Todos intentamos escribi-los mellores contos e a mestra enviounos. Semanas despois chegaron os premios e todos quedamos moi estrañados porque para Sonia non veu ningún; mais cal non sería a nosa sorpresa cando tres días despois chegaron dous homes moi ben traxados e preguntaron pola nosa mestra de lingua.

Cando xa estabamos na clase entendemos o que estaba a pasar, pois tanto eles como a mestra felicitaron publicamente a Sonia, posto que gañara un moi importante premio. Queríanlle publicar tódolos seus contos nun libro e que continuase escribindo para a editorial que eles representaban.

Agora penso que a Sonia mereceulle ben a pena aquelas veces que por escribi-los seus contos renunciou a vir xogar connosco.

Milagros Dominguez Harpal. Ano 1998.


Escrito por Justo, el Jueves, 29 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal