Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
MORNOS RECORDOS
certame

MORNOS RECORDOS

(1º premio na categoría C -12 a 15 anos- Ano 1998)

O maior recordo que gardo no meu peto das lembranzas, procede de aqueles días mornos de Primavera cando meu avó Serafín me levara á estación do tren. Ninguén coñecía esa faceta súa; todos, incluso os fillos, crían que os anos convertérano nun home serio que non gustaba de falar, mais eu sabía que iso non era verdade.

Os trens, cos seus vagóns antigos e o seu incesante ir e vir dun lado para outro, espertaban o neno que se agachaba escondido dentro do corpo de meu avó. Cando subiamos a calquera deles, daba a alarma de saída. Serafín pegaba a man ó vidro da ventá e así ficaba ata que a viaxe remataba. Mentres, contábame diversas historias ou describíame a paisaxe que iamos pasando: os salgueiros, os castiñeiros, os carballos, algúns coutelos no muro das cortes aldeás, etc. De cando en vez quedábase calado, sen deixar de fixa-la vista na paisaxe e entón cando estaba a piques de dicirlle algo para que se espertase, soltaba unha risada que facía que os dous escachásemos a rir a cachón sen saber moi ben por que.

A derradeira viaxe que fixemos xuntos, xusto antes do seu falecemento, Serafín colleu as miñas mans entre as súas e pousounas no vidro da ventá, como sempre facía. Entón unha estraña corrente pasou ós meus dedos e de alí directa ó corazón. Entre os salgueiros e as demais árbores apareceu a figura da miña avoa, máis fermosa e leda que nunca. Ó seu carón estaba o meu tío Xacinto e unha grea de persoas ó seu redor. Sentín ganas de saír e abrazar ós meus familiares e ós amigos do meu avó, que facía anos morreran e que agora vía tan preto e tan reais. A medida que a máquina avanzaba, eles seguían alí, entre os espazos que deixaban libres as árbores. Falaban entre eles, recollían flores e ata me pareceu que un saíra voando cara as nubes.

Despois da aquela experiencia o meu avó miroume con outros ollos, uns ollos que mostraban moita confianza, tranquilidade e paz . Sentín que un enorme lazo nos unía máis fortemente ca antes. Esa mesma noite Serafín morreu e a pesar de que diso fai xa moitos anos, cando viaxo en tren e poño a man no vidro, aínda diviso por entre a vexetación a tódolos meus parentes que se foron e entre eles o meu avó que me mira sempre sorrindo.

Espero poder contarlle ós meus netos, se un día os teño, o encanto que se produce no tren cando se pon a man na ventá, aínda que antes terei que achar resposta a pregunta que se cría no meu maxín: ¿será o tren a ventá e a porta do ceo?

Ana Laura Rivero Pérez. 1998.


Escrito por Justo, el Sabado, 03 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal