Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
VIAXE Ó PAÍS DOS SOÑOS
certame

VIAXE Ó PAÍS DOS SOÑOS

(1º premio na categoría D –ata 11 anos-. Ano 1997)

En Nuncaleo o concello mandara construír unha biblioteca. Pero como se non a houbese, pois ninguén acudía a ela.

Unha noite de verán os personaxes dos libros decidiron saír para facer unha xuntanza con carácter de urxencia. Había moita xente, uns moi famosos -Peter Pan, Brancaneves, Carapuchiña Vermella e o lobo, etc...-, outros non tanto -Matilda, o tío Popof, etc...-. Na reunión tratouse o tema de como facer que a xente fose ler á biblioteca.

-Se se puidera poñer un imán- dicían os tres porquiños.

-Poderiamos ameazalos- dixo o Capitán Garfio.

-¡Home!, entón collerían medo en vez de ganas- falou Matilda.

-Non empecemos con parvadas, hai que busca-la solución axeitada e non perde-lo tempo- dixo Brancaneves.

-¡Xa o teño!- dixo o lobo da Carapuchiña.

-¿Atopáche-la solución?- preguntaron todos ó unísono.

-¡Non oh! Era un mosquito que non paraba de me da-la lata.

Tras uns longos e silenciosos minutos, alguén dixo:

-O que poderiamos facer é levalos ó mundo dos soños e da fantasía. Iso é o mesmo ca un libro- dixo a voz sabia e vella do mago Merlín.

Todos se puxeron de acordo, pois era unha marabillosa idea. Ó día seguinte puxeron unha gran pancarta na que se podía ler:

“Viaxe ó país dos soños” (De balde).

Como a xente de Nuncaleo era moi tacaña, todos saíron á présa, pois como non había que pagar... O tren no que ían a viaxar xa estaba cheo e non quedaba sitio nin para unha mosca. Conducíao o Capitán Garfio, pois tiña certa experiencia; como guías nada mellor ca os aventureiros Cornelius Berzoht e Nathaniel Maris.

Pasaron por “City Rock”, que é unha cidade na que os instrumentos musicais teñen vida. Tamén por “Viladoscanshanimados”, que é un lugar onde os cans son como homes e os homes coma cans, por “Risarrí”, que é a cidade na que se non ris, lévante ó cárcere e alí fanche cóxegas ata que ris. Pasaron por moitas divertidas e aloucadas cidades.

Tan ben o estaban pasando que ninguén quería voltar para a casa; querían volver a facer máis viaxes por novos e estraños mundos. Entón Sherlok Holmes dixo:

-¿Queredes máis aventuras como esta? Pois só tendes que ler un libro, cada libro contén unha historia, un mundo, unha aventura.

-¡Grazas, sen vós nunca poderíamos saber o que se esconde tras as tapas dun libro!- dixo o alcalde, que se divertira moito na viaxe.

Trocáronlle o nome á cidade, de chamarse “Nuncaleo” pasou a chamarse “Sempreleo”. Antes, a xente era ruín e reguñida, agora é alegre e simpática. Cada vez que a xente sae da biblioteca, sae máis feliz ca cando entra. Xa vedes, un libro fai moito nas persoas.

Tamara Dorado Fernández. Ano 1997.


Escrito por Justo, el Sabado, 03 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal