Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O PALETO
certame

O PALETO

(1º premio na categoría C –ata 12 anos-. Ano 1996)

Eran as cinco da tarde. Na praza do pobo xunto á Casa do Concello, un velliño coa cara engurrada e o xesto cansado vía como ó seu lado a súa neta xogaba á comba. A apagada mirada do avó, iluminouse de súpeto e díxolle á nena:

-Patricia ¿ves aquel señor que vai cruzando a rúa?

-Si avó ¿quen é?

-Chámase don Pablo. Éche un gran cirurxián que agora vive en Madrid. ¿Queres que che conte a historia da súa vida? Se houbera moitos homes coma el, ¡que grande sería o noso país!.

-Conta, conta avó -dixo Patricia deixando o xogo.

Fai moitos anos nunha aldea deste concello que lle chaman Luceiro vivía el, sendo aínda neno, coa súa nai e os seus catro irmáns máis pequenos. A aldea era fermosa, con montañas, un mosteiro, unha gran carballeira e un río moi caudaloso cheo de troitas e anguías. Ese río chámase Fluid. O seu pai morréralle tres anos antes. Para Pablo, o seu pai era un ídolo pois nos momentos nos que non tiña que traballar levábao ó río onde lle ensinou a nadar coma un peixe, a pescar e a amar a natureza. Aqueles foron tempos moi felices, Pablo nos os esquecería xamais.

Recordaba que pouco tempo antes de morrer, o seu pai dixéralle:

-Mira Pablo, ti es o maior dos irmáns, polo tanto o primoxénito; se un día eu faltase tés que mirar por toda a familia e coidar dela.

Entón o neno non comprendera ben aquelas palabras, porque non sabía que o seu pai estaba moi enfermo, pois sempre se mostraba ledo e cariñoso con todos. Aínda así respondeulle que podía confiar nel.

O día que morreu seu pai, súa nai chorando dixéralle que correra ó pobo avisar ó médico, pero cando chegaron xa tiña falecido. O médico dixéralles entón que se o tivera operado un bo cirurxián podería terse salvado. Moi triste, Pablo pensou que para el tamén morrera a súa alegría. Pouco tempo despois enfermou de gravidade a súa nai. Pablo entón recordou as palabras que seu pai lle dixera antes de morrer e erguendo a cabeza, díxolles ós seus irmáns:

-Nos vos preocupedes que agora eu vou coidar de todos.

Cumpriu a promesa que lle fixera ó seu pai. Tódolos días sacaba o rabaño das cabras ó monte e coidaba dos seus irmáns e da súa nai que cada día sentíase peor. Isto quitáballe tempo e moitas veces non podía ir á escola, xa que antes tiña que facer tódolos traballos. Cando chegaba ó colexio os seus compañeiros ríanse del porque ía mal vestido. Naide quería xogar con el dicindo que cheiraba a cabra e os mestres rifábanlle por non leva-los deberes feitos. Naide o comprendía e sufría moito. Acordábase do seu pai, cando el estaba vivo podía estudar e sacar boas notas. “A desgraza cebouse comigo”, pensaba Pablo.

Un día, os mestres decidiron ir de excursión cos alumnos ó mosteiro, cerca da casa de Pablo.

-Mañá imos todos ve-lo mosteiro de Luceiro e se fai bo tempo xantaremos na carballeira e bañarémonos no río Fluid ¿que vos parece?- dixo Luís, o mestre.

-Moi ben, moi ben- dixeron os nenos.

-E ti Pablo, ¿vas ir?- preguntoulle o mestre.

Eu non podo; teño que coidar dos meus irmáns e da miña nai e ademais alinda-las cabras- respondeu Pablo.

Os outros nenos empezáronse a rir cando oíron a resposta, en especial unha nena que se chamaba Ana, que era filla do alcalde e sempre andaba moi ben vestida.

-¡Ja!, ¡Ja! Mirade o paleto que anda coas cabras- dixo Ana.

O día seguinte saíron tódolos nenos de excursión coas súas mochilas.

-¡Que bo día fai!- dixo o mestre Luís.

-Ímolo pasar moi ben- contestaron os nenos.

Saíron todos cantando moi contentos. Polo camiño encontraron diversos animais e o profesor explicáballes cousas dos paxaros e das flores. Cando chegaron ó mosteiro ían un pouco cansos e sentáronse nunha pena a come-los bocadillos. Aló, sobre as catro da tarde díxolles o mestre:

-Agora imos ata o río.

-¿Podémonos bañar?- preguntaron os nenos.

-Si, pero con coidado, que o río é perigoso.

Mentres tanto, Pablo, despois de comer, díxolles ós seus irmáns:

-Vou ó monte coas cabras e de paso vou ver se pesco algunhas troitas.

Despois de deixa-las cabras no monte foi cara ó río e cando chegaba sentiu unhas voces:

-¡Socorro!, ¡Socorro!- Era o mestre que berraba, porque Ana non sabía nadar e estábase afogando.

Pablo tirou coa caña que levaba e botouse a correr, porque recoñecera a voz do mestre. Ó chegar viu a Ana que a levaba a corrente río abaixo e que ía caer por unha catarata. Sen pensar no perigo que corría a súa vida, tirouse á auga e con moitos esforzos conseguiu sacala á orela. Tódolos nenos estaban angustiados pensando que Ana estaba morta, pero o mestre conseguiu reanimala. Cando recobrou o coñecemento deulle as grazas a Pablo por salvarlle a vida e recordou avergoñada as burlas que lle fixera.

Cando volveu á casa, Ana contoulle ós seus pais o que lle acontecera aquela tarde.

O pai da nena ó día seguinte montou no seu cabalo e saíu cara o mosteiro preguntando pola casa de Pablo a tódolos veciños que atopaba, ata que chegou a Luceiro.

-¡Bos días!- dixo o alcalde ó chegar á casa de Pablo.

-¡Bos días teña vostede, señor- dixo o neno.

-¿Es ti Pablo?- preguntou o alcalde.

-Si, son eu- respondeu Pablo un pouco asustado, pois non sabía quen era aquel señor tan ben vestido.

-Eu son o pai de Ana e veño a darche as grazas por salvarlle onte a vida. Pídeme o que queiras que se podo heicho dar.

Pablo que era moi intelixente quedouse pensando, pois necesitaba tantas cousas que non sabía moi ben que pedir.

-Mire vostede, señor, nós somos moi pobres, non temos nada. Por non ter non teño nin pai e ademais miña nai está moi enferma.

Nesto sentiuse unha voz queixosa:

-¿Quen é, Pablo?- dixo Concha, a súa nai.

-É o alcalde, mamá.-

-E ¿que quere?-

-Non se preocupe, señora, -dixo o alcalde entrando para a casa e achegándose á súa cama-. Veño para premiar ó seu fillo que onte salvoulle a vida á miña Ana cando se estaba
afogando no río.

Entón Pablo dirixíndose ó alcalde, díxolle:

-Señor, o meu maior desexo sería que a miña nai curase, pero nós non temos diñeiro para levala a un bo médico.

-Esa resposta hónrate, fillo -dixo o alcalde-. Non me pides nada para ti, senón curar á túa nai, polo que ei de facer todo o que estea da miña man para que o teu desexo se cumpra.

O alcalde saíu da casa pensando na xenerosidade do neno e ó chegar ó pobo foi ver a don Xusto, o médico, para que visitara á señora Concha. Díxolle que el encargábase de tódolos gastos.

Despois de ve-la enferma, don Xusto fixo que viñera un bo médico da cidade, que a operou conseguindo que curara. Pablo, cheo de ledicia por ve-la súa nai curada e de admiración polo cirurxián, decidiu que cando fose maior sería médico. Pablo puido ir á escola de novo, sendo recibido polos outros nenos como un heroe, en especial por Ana, que desde entón foi a súa maior amiga, deixando de ser aquela nena orgullosa e presumida.

Fíxose un silencio na praza do pobo. O avó calara e Patricia emocionada preguntoulle:

-¿Quen era o alcalde, avó?

-Era eu, neniña, e Ana era a túa nai- respondeu.

                                                                                        Belén Aguiar Villar. Ano 1996.




Escrito por Justo, el Sabado, 03 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal