Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
UN DÍA NO RÍO.
certame

UN DÍA NO RÍO.

(1º premio na categoría B -9 a 13 anos-. Ano 1994)

Unha tarde de xuño, a piques de rematarse os días de escola, Luís, un rapaz alto e miudiño e con moitas pecas na cara, dirixíase xunto con Quique, á casa dos seus amigos Xoán e Xulia, que eran irmáns. Quique, de mediana estatura e moi forte, xogaba moi ben ó fútbol; era dos mellores do equipo do colexio. Xoán e Xulia, bastante altos os dous, distinguíanse sen embargo en que mentres el era rubio e co pelo case ó cero, ela era morena e tiña o cabelo longo.

Cando se xuntaron os catro, foron xunto do vello Xeremías que tódolos días lles contaba estrañas historias de castelos encantados, bruxas e de outras moitas cousas máxicas.

Na praza de San Roque non viron a ninguén, tan só un can que tomaba o sol no chan.

-Seguro que Xeremías está no bar tomando unha copa de licor café-. Dixo algún.

Ata alí foron e ó entraren vírono sentado nunha mesa. Preguntoulles:

-¿De que queredes que vos conte hoxe a historia, rapaces?

-De tesouros. Dixo un.

-Como queirades.

Comezou a relatarlles un conto dun pirata que logo de estar no mar moitos anos acumulando tesouros, decidiu remonta-lo río, coma o salmón na época do desove, e buscar un lugar tranquilo onde pasa-los seus últimos días.

¿E atopouno? Preguntou un.

Si -respondeu o vello- e construíu unha casa e escondeu preto dela o seu tesouro. O tesouro do pirata Garrapata.

-¡Bo!- dixeron os nenos ó unísono.

Naquel intre abriuse de súpeto a porta do bar e entrou no local unha rapaciña de doce aspecto, baixa e regordeta. Era Lola, da mesma idade que Xulia e moi amiga dos catro. Algo sufocada, por vir a correr, díxolles:

-Teño que darvos unha boa nova. Sabedes que teño un tío que vive ó lado do río Xía. Pois ben, remata de invitarnos ós cinco a pasar alí uns días cando rematémo-la escola. Así farémoslle algo de compaña ó seu fillo Filipe, que sempre está aburrido e metido na casa. ¡Que parvo tendo un río ó lado! ¿Que vos parece, rapaces?

Todos exclamaron:

-¡Bravo, ben, yupi!

Mais dixo Xoán:

-¡Un momento! Haberá que organizarse e ademais hai un problema.

-¿Cal?- preguntaron os outros.

-Non sabemos se os nosos pais nos deixarán ir.

-Por iso non hai problema- respondeu Lola-. Miña nai xa chamou ás vosas e todas aceptaron.

-¡Ben!- celebraron os demais, despedíronse de Xeremías e dirixíronse á tenda que estaba na esquina. Ó entraren detectaron un forte olor a eucalipto, mais non lles desgustou aquel cheiro. Despachounos un mozo que lles vendeu unha potente lanterna e un libro que falaba da terra onde vivía o tío de Lola. Decidiron reunirse ó día seguinte no patio da escola.

Aquela noite ningún dos nenos puido concilia-lo sono e cando por fin durmiron todos eles soñaron con ríos que atravesaban cidades e montañas.

No recreo, tras xuntarse tal como acordaran, falaron da súa futura viaxe. Quique, que era o que gardaba o libro xa estivera observando de noite os mapas que nel viñan.

Os días anteriores á partida, parecíalles que transcorrían moi lentos. Por fin acabáronse as clases e chegou a data de saír da aldea. No autocar ían cantando e felices polo comezo das novas vacacións, que prometían ser emocionantes. Xa preto da hora do xantar, o vehículo deixou a estrada nacional e meteuse por un camiño rural ó que rodeaban numerosas árbores. Uns cantos quilómetros despois detívose diante dunha casa moi grande e branca, que tiña tamén unha fermosa caseta da mesma cor para os cans.

-¡Ben, rapaces, xa chegamos!.- exclamou Lola.

Na porta do xardín estábaos agardando un home, o tío da mociña. Con el entraron na casa. Coñeceron a Filipe, xantaron e logo desfixeron as maletas. Pola tarde foron coñece-lo lugar.

Ó día seguinte, Filipe, que xa andaba un pouco máis ledo, acompañounos a pescar salmóns ó río. Houbo un momento no que a Luís enganchóuselle o anzol no fondo. Non había xeito de quitalo e como facía calor e andaba en bañador non tivo reparo en tirarse a auga para desenganchalo. O anzol cravárase nun obxecto metálico que tras quitalo para fóra, resultou ser un cofre oxidado. Abriron o cofre coa axuda dunha pedra e para o sorpresa de todos, atoparon dentro o que quedaba do tesouro do pirata Garrapata, do quen Xeremías lles estivera a contar.

-E eu que pensaba que todo era unha patraña- dixo Quique. Ninguén dixo nada, porque todos pensaran o mesmo.

José Carlos Fernández Balado. 1994.



Escrito por Justo, el Viernes, 02 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal