Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Á HORA DE MORRER.
certame

Á HORA DE MORRER.

(1º premio na categoría A -13 a 16 anos-. Ano 1993)

Alí, naquela fría cama do hospital, cun penetrante olor a menciña, estaba chorando levemente e só tiña quince anos.

Sentía que se lle escapaba a vida, que lle esvaraba entre os dedos das mans e que non a podía coller forte para non soltala. Todo estaba perdido e naquel momento arrepentiuse de non ter xogado ningún partido de fútbol no descampado, nin de non ter pasado unha tarde xunto ó río, nin de non ter feito unha marcha polo monte.

Botaba de menos esas cousas que nunca fixera, que as deixara pasar sen decatarse de que fumar, beber e amar a velocidade cando ía en automóbil cos amigos, non era o mellor. Decatábase tamén de que nunca tivera un verdadeiro amigo, un que non fose con el por outro motivo distinto a porque era o que levaba o tabaco ou a cervexa.

Doíalle todo; o que máis, o corazón, que nunca soe doer, pero que a el doíalle. Sentía que ía morrer. As poucas esperanzas que conservara espallábanselle coas bágoas que esvaraban polas pálidas meixelas. Volvíanlle á mente as imaxes do día no que medio de broma tivera aquel accidente que ben quixera agora que nunca ocorrera. Desexaba sentir un ser querido que lle secase a cara e lle dese pulos, aínda que quizais non servise de nada, mais estaba só. Naquel intre oíu pasos de alguén que se achegaba a el. Era Elías, seu irmán.

-¡Ola rapaz! ¿Como vai iso?- preguntoulle.

Case non puido contestar. Doíalle moito o peito e tiña un nó na gorxa. Secábaselle a saliva, mais cunha frase longa na que tivo que deterse a descansar varias veces, acadou responder:

-Moi mal... Sei que vou morrer... Dille a David que deixe de fumar... e que xogue
ó fútbol.

Elías, moi triste, fixo que se picaba polo que estaba a oír. Case chorando, díxolle ó enfermo:

-Non has morrer porque ti es moi forte e o que lle queiras dicir a David terás que dicirllo ti.

Mais o rapaz xa non chegou a escoita-las derradeiras palabras do seu irmán, porque inclinando a cabeza e tras un brevísimo folgo, morreu. Foise un mozo de quince anos, cunhas inmensas e novas ganas de ir bañarse polas tardes ó río ou de xogar ó fútbol, ou de tantas outras cousas marabillosas das que sempre pasara. Mais foise.

Francisco Jesús Sueiro Padrón. Ano 1993.


Escrito por Justo, el Viernes, 02 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal