Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las noticias relacionadas con el Certame Literario de Piñor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
OS CATRO PAPIROS

OS CATRO PAPIROS

(1º premio na categoría B –participantes de 12 a 16 anos-. Ano 2009)

O Reencontro

- Pater, ¿cando zarpamos? – dixo Héctor, un dos nenos.
- Cando chegue o capitán – respondeu o pai do neno.
Catro nenos e un adulto atopábanse no porto da cidade de Massilia. Os nenos chamábanse Héctor Sinita, Caio Suetonio Mela, Diana Catula e Livia Xulia.
Héctor era galo. Vivía en Massilia desde que nacera, fai doce anos. Coñeceu ós seus amigos nunhas vacacións en Hispania. Era alto e moreno. A súa nai abandonouno para facerse vestal.
Caio era romano. Facía dous anos, a súa familia tívose que trasladar a Hispania por motivos políticos, xa que o seu pai era adicto á República. Alí coñeceu ós seus amigos. Era alto, algo gordecho e moreno.
Diana era de Roma. Pertencía a unha familia patricia que vivía

 Continua

AQUELAS VACACIÓNS

AQUELAS VACACIÓNS

(1º premio na categoría C –12 a 15 anos-. Ano 1997)

Eran as catro da tarde dun día espléndido do mes de Agosto. Francisco, Sandra, Emilio e Silvia, catro nenos de catorce anos, atopábanse xuntos na terraza da casa dos pais de Emilio, que era fillo do dono da ferretería de San Xusto, un pobo pequeno e moi bonito do litoral galego, mentres os seus pais, que acostumaban a reunirse despois de xantar, tomaban o café dentro da casa.

Francisco, que era fillo dun médico de Madrid que viña veranear ó pobo tódolos anos, era un neno moi intelixente, decidido e emprendedor, sendo considerado polos outros como o seu xefe, dixo:

- ¡Estou mais aburrido! ¿Qué podemos facer mentres os nosos pais charlan? ¡Porque xa sabedes que cando se xuntan a conversa dura un rato largo!

- A min agora non se me ocorre nada – respondeu Emilio - ¡Haber que din as rapazas!

 Continua

SARA, LUCÍA E O PLATO MÁXICO

SARA, LUCÍA E O PLATO MÁXICO

(2º premio na categoría D -participantes ata 9 anos- Ano 2010)

Había unha vez unha nena chamada Lucía e outra Sara. Sara era máis valente que Lucía. Un día, Sara díxolle aos seus avós que se foran do pobo dar un paseo e os avós fixéronlle caso. Ela colleu un plato e sen querer rompeuno.

A Lucía e á súa amiga ocorréuselles un plan. Pegar o plato con pegamento. Ao chegar os

 Continua

LUCÍA E O CAN DA MÚSICA

LUCÍA E O CAN DA MÚSICA

(1º premio na categoría D -participantes ata 9 anos- Ano 2010)

Lucía era unha nena. Ó saír do colexio, viu un can que estaba xunto a un músico que tocaba a guitarra. Ela pediulle á súa nai que lle comprara un can. Ela só quería ter un cachorro. A nai deullo. Despois no colexio déronlle música e ela acordouse do home que

 Continua

O ESTRAÑO SUCESO

O ESTRAÑO SUCESO

(2º premio na categoría C –participantes de 10 a 13 anos-. Ano 2010)

Aquela mañá espertei cedo, máis cedo do normal, xa que estaba de aniversario. A noite anterior non podía durmir pensando no día tan especial que me estaba esperando, tan só separado por unhas poucas horas de sono.

Cando me levantei, meus pais e miña irmá Carme estábanme esperando na cociña para almorzar, cun paquete enorme, e que eu non podía deixar de mirar, pero dixéronme que

 Continua

QUERIDA MICHELLE

QUERIDA MICHELLE

(1º premio na categoría B -participantes de 14 a 17 anos- Ano 2010).

Entrou na súa casa, coma un mércores calquera. Levaba unhas botas negras e grandes, coas puntas de aceiro. A súa roupa era escura e sinistra e, os seus pulsos estaban cubertos de pulseiras de todo tipo e levaba unha tatuaxe onde puña “Mordereiche O Pescozo” en inglés, cun puñal cravado nun corazón. Na súa cara xa non mostraba un sorriso como anos atrás; soamente un rostro máis pálido por segundos e unha bágoa pintada cun lápis de ollos, como non, negro.

-Ola, Michelle. Que tal no instituto? – preguntoulle o seu pai

Mirouno con indiferenza. Levaba un mandil vello e, pola súa vestimenta, adiviñou que non saíra da casa.

-Pois coma sempre... non pasou nada novo – dixo desganada, sentando na mesa e mirando a comida cun certo noxo

 Continua

15 DÍAS ANTES DA MORTE: 11 DÍAS CO MEU AMOR

15 DÍAS ANTES DA MORTE: 11 DÍAS CO MEU AMOR

(1º premio na categoría C –participantes de 10 a 13 anos-. Ano 2010)

So tiña 20 anos. Todo na miña vida ía normal. Non tiña ningún tipo de problema, bo, polo menos iso cría ata o día de hoxe. Fun a unha revisión do médico, coma calquera persoa. En principio eu non tiña nada. Estaba san. Pero polo visto aquel fóra o peor día da miña existencia. O médico díxome, nin máis nin menos, que me quedaban 15 días de vida. Detectara no meu organismo un virus irreversible e mortal.

Ese non sería un momento como calquera outro. O que sentía era que o mundo se acababa, polo menos para min. As grandes desgrazas son moitas, pero dende logo á morte era a única á que eu temía. Na miña mente non vía nada. Ao parecer o doutor

 Continua

AMELIA

AMELIA 

(2º premio na categoría A – participantes de 18 a 30 anos-.Ano 2010) 

Un día calquera quizais nos atopemos 
no raio máis cálido do sol 
ou nas entrañas do mar 
ou se cadra , por qué non, nas lapas do inferno. 

CAPÍTULO I 

O astro rei espertara do seu sono cunha furia abrasadora. As rúas desertas constituían a proba fidedigna de que nesta ocasión os do instituto de meteoroloxía non se trabucaran ó predicir temperaturas superiores ós corenta graos na zona das Rías Baixas. Reclinando a cadeira contra a parede, cavilaba en todas aquelas advertencias medio ambientais das que durante décadas fixeramos caso omiso. Entre tanto, a unión case matrimonial de persianas e contras fechadas parira unha

 Continua

O RELOXO MÁXICO.

O RELOXO MÁXICO.

(2º premio na categoría B -participantes de 14 a 17 anos- Ano 2010.

Ratiña de chocolate.

Estrelas que resplandecen nunha noite encantada. Luces apagadas, augas quedas, montañas silenciosas. Xente ao lonxe, que ri ,que chora, que quere vivir. A nosa historia comeza aquí.

Decateime un día ao espertar, todo cambiara, de repente, sen anticipalo ni prevelo todo volvera a nacer.

Chámome Lúa, Lúa Flores García. Nacín nunha noite de choiva nun pobo escondido da miña querida terra, GALICIA.

Sempre pensei que era coma as demais nenas, máis ou menos inqueda pero

 Continua

XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2010)
XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2010)

* Participantes premiados

CONTOS:

 Continua

O BARNIZ DO LUSCOFUSCO

O BARNIZ DO LUSCOFUSCO

(1º premio na categoría A –participantes de 18 a 30 anos-. Ano 2010)

Foi aquí. Onde a costa se presenta feiticeira e evocadora, e os chíos das gaivotas anticipan o retorno dos barcos.

O luscofusco xa barnizara cos seus tons o día, e o escumallo lambía a area con luxuria. As ondas do mar, acariñaban os cons, e abrazaban con pleitesía a cintura das gamelas. Foi aquí onde o coñecín.

Eran as sete da mañá. Os mariñeiros marchaban ó mar, co recendo do amencer na epiderme. Esa noite eu non fora quen de conciliar o sono. Decidira vencer o meu

 Continua

BEN RECIBIDO SEXA O BEN

BEN RECIBIDO SEXA O BEN

(1º premio na categoría A –participantes de 17 a 30 anos-. Ano 2009)

Fai moitos, moitísimos anos, (aínda nin sequera naceran os nosos avós); os animais sabían falar, e relacionábanse coas persoas.

Un bo día, ían dous cazadores camiñando pola Serra de Manzaneda, Xan e máis Antón, mentres discutían amistosamente sobre o ben que se recibía cando facías algo bo. Xan opinaba que o que facía ben, recibía ben, e Antón que aquel que facía ben recibía mal. E así seguiron todo o día cada un coa súa teima, ata que chegou a tardiña e cada un se foi

 Continua

XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2009)
XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2009)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XVII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2008)
XVII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2008)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XVI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2007)
XVI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2007)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2006)
XV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2006)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2005)
XIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2005)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2004)
XIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2004)

* Participantes premiados

CONTOS:

 Continua

XII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2003)
XII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2003)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

XI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2002)
XI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2002)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

X CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2001)
X CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2001)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

A PERLA

A PERLA

(1º premio na categoría B -mozos de 16 a 19 anos-. Ano 2000)

“Atados a el, os dous cadáveres pregaban por obter rescate;
pregaban aínda estando mortos. Os berros dos mortos son
en verdade terribles. Hai que tratar de non oílos”.
(Philip K. Dick “Sivainvi”)

Amañece. O mar ten a cor borrallenta da mera húmida e mesta que se vai retirando pouco a pouco, ferida polas raiolas difusas do sol aínda pálido. A marea está baixa e o mar, no seu devalo, foi sementando restos por entre as pobres chalupas dos pescadores: feixes de argazos, cunchas, o esqueleto fráxil dunha gaivota morta. Polas rochas, picudas e negras, baixan xa as mariscadoras con tinallas de greba e queipos de

 Continua

IX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2000)
IX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 2000)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

VIDA E FORTUNA DE ARSENIO FONTES

VIDA E FORTUNA DE ARSENIO FONTES

(1º premio na categoría A –maiores de 19 anos-. Ano 1999)

Arsenio Fontes, que xa finou hai moitos anos, foi un home nado nesta parroquia de Riocaldo que, dende pequeno, axudou ó seu pai, que era enterrador. E posiblemente pola experiencia adquirida, o noso home tornouse nun mozo afouto e dedicouse a darlles terra ós corpos dos defuntos da nosa bisbarra. Tiña trinta anos e xa vos sabía máis ca ninguén por esta zona sobre os mortos. El podería dicirvos, previo pagamento dunha certa cantidade de diñeiro, canto tempo tardou en abandona-lo seu corpo a alma dun dos da vosa familia. Mesmo era coñecedor das almas en pena que habitaban no adro da igrexa e que poderían ser redimidas do seu pesar coas preganzas dos seus parentes. O demo do home sabía tanto que o señor crego, con quen compartía as noites de esmorga, resolveu ensinarlle unhas poucas letras para que puidese escribir un breve tratado no

 Continua

GÓLGOTA

GÓLGOTA

(1º premio na categoría B –mozos de 16 a 19 anos-. Ano 1999)


Tarde dun venres de Outono...

A fiestra é o centro do seu mundo nas longas noites de insomnio. Breogán, que endexamais viviu doutro modo, é incapaz de comprender a ausencia que rexe o seu universo, a súa vida, o seu pobo. Breogán é un nome cheo de raigame e significado para un corpo pasivo que pecha no seu interior unha mente distante. Breogán é un neno, un neno é un soño con brazos e pernas capaz de correr e apalpar, unha boca que debe berrar e sorrir sen recato, un neno son dous ollos que escintilan tras un prato de doces ou un bico dos pais. Se cadra Breogán non é un neno realmente, se cadra o noso mundo está a roubarlle ós nenos a inocencia.

Nai, a nai é unha desas mulleres silandeiras que se achegan ó cuarto do seu fillo no

 Continua

VIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1999)
VIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1999)

* Participantes premiados

CONTOS:
 Continua

SONIA E OS SEUS CONTOS

SONIA E OS SEUS CONTOS

(1º premio na categoría D –ata 11 anos-. Ano 1998)

Sonia vivía preto do meu pobo. Cando todas íamos a xogar pasabamos pola súa casa e diciámoslle se quería vir connosco, pero ela case nunca viña, porque andaba sempre moi aqueloutrada coas súas historias e contos, que escribía día tras día nuns papeis.

Todas comentabamos que Sonia parecía parva, porque non viña a xogar. Un día cando

 Continua

MORNOS RECORDOS

MORNOS RECORDOS

(1º premio na categoría C -12 a 15 anos- Ano 1998)

O maior recordo que gardo no meu peto das lembranzas, procede de aqueles días mornos de Primavera cando meu avó Serafín me levara á estación do tren. Ninguén coñecía esa faceta súa; todos, incluso os fillos, crían que os anos convertérano nun home serio que non gustaba de falar, mais eu sabía que iso non era verdade.

Os trens, cos seus vagóns antigos e o seu incesante ir e vir dun lado para outro, espertaban o neno que se agachaba escondido dentro do corpo de meu avó. Cando

 Continua

VII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1998)
VII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1998)

* Participantes premiados

CONTOS:

 Continua

LEMBRANZAS DE MIN

LEMBRANZAS DE MIN

(1º premio na categoría B -16 a 19 anos-. Ano 1997)

Era un cacho pequeno de terra dentro dun planeta aínda recén creado. Era coma un carro ollando cara o ceo. O carro tiña catro estadullos: un en Ribadeo, outro en Camariñas, o terceiro na Gudiña e o último na Guarda. Tiña tamén unha roda en Ortegal e a outra en Calvos de Randín.

Remataba Deus de face-lo Mundo e atopábase moi canso de tanto traballar en tan poucos días. De súpeto, tódolos cumes repuxéronse rabiosos contra El por non lles ter posto pernas para camiñar e abriron as súas bocas para trousar ríos ardentes de vermellas augas, que baixaron adoecidas polas ladeiras.

Díxolles Deus, farto de aquelas bravatas:

 Continua

VIAXE Ó PAÍS DOS SOÑOS

VIAXE Ó PAÍS DOS SOÑOS

(1º premio na categoría D –ata 11 anos-. Ano 1997)

En Nuncaleo o concello mandara construír unha biblioteca. Pero como se non a houbese, pois ninguén acudía a ela.

Unha noite de verán os personaxes dos libros decidiron saír para facer unha xuntanza con carácter de urxencia. Había moita xente, uns moi famosos -Peter Pan, Brancaneves, Carapuchiña Vermella e o lobo, etc...-, outros non tanto -Matilda, o tío Popof, etc...-. Na reunión tratouse o tema de como facer que a xente fose ler á biblioteca.

-Se se puidera poñer un imán- dicían os tres porquiños.

 Continua

VI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1997)
VI CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1997)

* Participantes premiados:

CONTOS:
 Continua

ÁGUEDA, A RAPAZA QUE QUIXO MEDRAR APURADAMENTE

ÁGUEDA, A RAPAZA QUE QUIXO MEDRAR APURADAMENTE

(1º premio na categoría B –13 a 15 anos-. Ano 1996)

-Uxía tes visita.

A voz da miña nai resoaba coma tronos no meu cuarto. Eu, que me atopaba lendo unha entretida novela, calcei as zapatillas e con toda a vagancia posible, amolada, baixei as escaleiras para ir ó salón onde alguén me agardaba. ¿Quen podería ser? Fose quen fose, desfaríame pronto del e seguiría a ler esa obra tan interesante que agora acababa de deixar encol do leito. Cando abrín a porta vin á Águeda, como sempre fochicando en tódolos caixóns que alí había. ¡Como non o imaxinara!

Águeda era unha rapaza que a tódalas horas estaba na miña casa. ¡Adeus á lectura por

 Continua

O PALETO

O PALETO

(1º premio na categoría C –ata 12 anos-. Ano 1996)

Eran as cinco da tarde. Na praza do pobo xunto á Casa do Concello, un velliño coa cara engurrada e o xesto cansado vía como ó seu lado a súa neta xogaba á comba. A apagada mirada do avó, iluminouse de súpeto e díxolle á nena:

-Patricia ¿ves aquel señor que vai cruzando a rúa?

-Si avó ¿quen é?

-Chámase don Pablo. Éche un gran cirurxián que agora vive en Madrid. ¿Queres que che

 Continua

V CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1996)
V CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1996)

* Participantes premiados:

CONTOS:

 Continua

FILLO DO MAR

FILLO DO MAR

(1º premio na categoría A -14 a 17 anos. Ano 1995)

Naquel verán do oitenta, viaxei coa miña familia a unha cidade da costa galega. Metéuselle na cabeza ós meus pais que o mellor sitio para veranear era España. A verdade é que foi un antollo da miña nai que en realidade o único que quería era ser o centro de atención das súas amigas no inverno daquel ano, tras visitar o país de moda. Meu pai preparou todo o necesario para que a viaxe saíse ben e prometeu reunirse pronto con nós. De tódalas formas, isto era moi normal nel xa que por cuestións de negocios case nunca estaba na casa.

Non son o típico fillo único. Obedezo ós meus pais, pero non polo meu gusto na maioría das veces. Son sumiso por natureza e nunca se me ocorrera reprocharlles nada, nin

 Continua

IV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1995)
IV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1995)

* Participantes premiados:

CONTOS:
 Continua

MICIFÚ, O GATO NAMORADO DA LÚA
MICIFÚ, O GATO NAMORADO DA LÚA

(1º premio na categoría A -14 a 17 anos-. Ano 1994)

Introdución.

Moitas veces facémonos preguntas sobre fenómenos habituais como ¿por que cando chega a noite a cor desaparece e todo se volve escuro?, ¿que é unha estrela fugaz?, ¿de que é capaz o amor? ou ¿por que a lúa, tan redonda, mingua?

Todas esas preguntas teñen unha resposta nesta historia e a esta última xa vos vou responder agora, ¿ou é que non sabiades que cando a lúa semella un anaco de laranxa é porque chisca un ollo?

 Continua

UN DÍA NO RÍO.

UN DÍA NO RÍO.

(1º premio na categoría B -9 a 13 anos-. Ano 1994)

Unha tarde de xuño, a piques de rematarse os días de escola, Luís, un rapaz alto e miudiño e con moitas pecas na cara, dirixíase xunto con Quique, á casa dos seus amigos Xoán e Xulia, que eran irmáns. Quique, de mediana estatura e moi forte, xogaba moi ben ó fútbol; era dos mellores do equipo do colexio. Xoán e Xulia, bastante altos os dous, distinguíanse sen embargo en que mentres el era rubio e co pelo case ó cero, ela era morena e tiña o cabelo longo.

Cando se xuntaron os catro, foron xunto do vello Xeremías que tódolos días lles contaba

 Continua

III CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1994)
III CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1994)

* Participantes premiados:

CONTOS:
 Continua

Á HORA DE MORRER.

Á HORA DE MORRER.

(1º premio na categoría A -13 a 16 anos-. Ano 1993)

Alí, naquela fría cama do hospital, cun penetrante olor a menciña, estaba chorando levemente e só tiña quince anos.

Sentía que se lle escapaba a vida, que lle esvaraba entre os dedos das mans e que non a podía coller forte para non soltala. Todo estaba perdido e naquel momento arrepentiuse de non ter xogado ningún partido de fútbol no descampado, nin de non ter pasado unha

 Continua

II CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1993)
II CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (Ano 1993)

* Participantes premiados:

CONTOS:
 Continua

UN DÍA DE PESCA NO ENCORO DE CASTRELO DE MIÑO

UN DÍA DE PESCA NO ENCORO DE CASTRELO DE MIÑO

(1º premio do I Certame literario de Piñor. Ano 1992)

Púxenme tola de ledicia cando meu pai despois de cear díxome unha noite:

-Prepárate que mañá iremos de pesca.

A penas durmín, pois a min ademais de gustarme pescar, compráceme moito tamén estar todo un día ó contacto coa natureza.

Case era de noite cando nos erguemos do leito e collémo-la cesta da comida e os aparellos e metémolos no coche. Pregunteille a meu pai a onde iamos.

-A Castrelo- respondeu.

Sería sobre as oito cando chegamos. Baixando polo monte ata a postura de pesca que

 Continua

I CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (ANO 1992):
I CERTAME LITERARIO DE PIÑOR (ANO 1992):

* Participantes premiados:

-Categoría infantil de contos:
 Continua

O CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

O CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

Este certame literario naceu no ano 1992 grazas ó interese que naquel intre puxemos uns cantos veciños de San Lourenzo de Piñor, que formabamos a xunta directiva dun colectivo cultural modesto, pero moi sensibilizado coa dinamización educativa e cultural dos máis novos, ó obxecto de afastalos doutras liñas de desenvolvemento do ocio, evidentemente perigosas ou, ó menos, en indubidables posicións de risco. Por iso optamos por traer á localidade a música, o deporte, os xogos tradicionais, o Entroido e a literatura, ben dende o prisma da lectura, creando unha pequena biblioteca pública, ben dende o da creación, ideando e promovendo este certame. De sobras sabiamos que dese xeito tamén estabamos a contribuír na tarefa colectiva de facer cada día máis grande o noso idioma.

Agora, vinte anos despois, algúns seguimos coa mesma ilusión do primeiro día, aínda

 Continua

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal