Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
VII Certame de Nadal
noticias

VII CERTAME DE NADAL

 

Bases:

A asociación Música e Cultura de Galicia convoca o seu VII CERTAME ARTISTICO DE NADAL, de acordo coas seguintes bases:

 

1. O certame terá como tema o Nadal.

 

2. As obras presentadas deberán ser orixinais e estar elaboradas mediante calquera das seguintes técnicas: pintura, escultura, cerámica, manualidades, cómic ou tarxeta de Nadal con debuxo. Poderase utilizar incluso a combinación de varias modalidades.

 

3. Establécense dúas categorías, outorgándose dous premios en cada unha delas:

-Categoría A para participantes de 9 a 14 anos.

-Categoría B para participantes de 3 a 8 anos.

Cada autor poderá participar cun máximo de dúas obras. Xunto con cada traballo, o participante entregará unha nota na que reflectirá o título da súa obra, así como os seguintes datos persoais: nome e apelidos, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.

 

4. O prazo para a recepción das obras rematará o sábado, 9 de decembro de 2017, ás 14 h., e a súa entrega realizarase, ben os venres pola tarde, ben os sábados pola mañá, na escola de música da Asociación, situada no CIFP da Farixa de Ourense.

 

5. O sábado, 16 de decembro de 2017, dende as 10 ás 14 h., exporanse na escola de música tódalas obras presentadas a concurso. Cada unha figurará cun número identificativo e cunha letra correspondente á categoría na que participa. As persoas que visiten a exposición poderán votar polas obras que mais lles gusten en cada categoría, utilizando un formulario que a organización porá á súa disposición. Ningún participante poderá acadar dous premios neste certame, polo que no caso de ter votos suficientes para dous, outorgaráselle soamente o mais importante.

 

6. A entrega dos premios terá lugar no festival que a Asociación celebrará na igrexa de San Pío X de Ourense, o domingo, 17 de decembro de 2017, ás 17 h. Para recibiren os seus galardóns, os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.

 

7. O premio que se lle entregará a cada un dos catro gañadores consistirá nun lote de obsequios conmemorativos e un diploma.

 

8. As obras premiadas quedarán en poder da Asociación Música e Cultura de Galicia, que as divulgará citando sempre o seu autor. Os traballos non premiados devolveranse aos seus autores se entre xaneiro e febreiro de 2018 os recollen na escola de música da Asociación.

 

9. A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao Presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia e o feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases.

 

Organiza:

ASOCIACIÓN CULTURAL MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Colaboran:
Excma Deputación Provincial de Ourense
CIFP A Farixa
Parroquia de San Pio X
La Librería CyC


Escrito por Justo, el Jueves, 02 de Noviembre 2017
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal