Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
BASES DO II CERTAME FOTOGRÁFICO DA MÚSICA POPULAR
noticias
BASES DO II CERTAME FOTOGRÁFICO DA MÚSICA POPULAR

A asociación Música e Cultura de Galicia convoca o seu II Certame Fotográfico de acordo coas seguintes bases:

1. Só se admitirán a concurso as fotos relacionadas coas actividades desenvolvidas pola Asociación durante os anos 2016 e 2017 (escola de música, colectivos musicais da asociación, festas da Primavera e da Música Popular, xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, Entroido, Magosto, andaina, actividades de Nadal, etc.).

2. Cada autor poderá participar cun máximo de catro fotos. O tamaño mínimo de cada foto será de 13 x 18 cm. Xunto con cada foto, entregará unha nota na que reflectirá o título do seu traballo, así como o seu nome e apelidos, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.

3. O prazo para a recepción das obras rematará o sábado, 2 de decembro de 2017, ás 14 h., e a súa entrega realizarase, ben os venres pola tarde, ben os sábados pola mañá, na escola de música da Asociación, situada no CIFP da Farixa de Ourense.

4. O sábado, 16 de decembro de 2017, dende as 10 ás 14 h., exporanse na escola de música tódalas fotos presentadas a concurso. Cada unha figurará cun número identificativo. As persoas que visiten a exposición poderán votar polas obras que mais lles gusten, utilizando un formulario que a organización porá á súa disposición.

5. Premiaranse dúas fotos entre tódalas presentadas a concurso e serán aquelas que acaden as maiores puntuacións outorgadas polo xurado. Cada participante só poderá obter un premio, o correspondente á foto coa que acade a maior puntuación.

6. A entrega dos premios terá lugar no festival que a Asociación celebrará na igrexa de San Pío X (Ourense), o domingo, 17 de decembro de 2017, ás 17h.. Para recibiren os seus galardóns, os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.

7. O premio que se lle entregará a cada un dos gañadores consistirá nun obsequio artístico conmemorativo e un diploma.

8. As fotos premiadas quedarán en poder da Asociación Música e Cultura de Galicia, que as divulgará citando sempre o seu autor. As fotos non premiadas devolveranse aos seus autores se entre xaneiro e febreiro de 2018 as recollen na escola de música da Asociación.

9. A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao Presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia e o feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases.

Organiza:
Asociación Música e Cultura de Galicia.

Colaboran:
Excma. Deputación Provincial de Ourense, Parroquia de San Pío X (Mariñamansa – Ourense) e CIFP A Farixa de Ourense).

Escrito por Justo, el Lunes, 11 de Septiembre 2017
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal