Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
PRIMEIRO ACTO DAS XXVI XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA
noticias
PRIMEIRO ACTO DAS XXVI XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA

O sábado, 20 de maio de 2017, celebramos no salón de actos do CIFP A Farixa, a primeira gala das XXVI Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia.
Contamos nesta velada coa actuación dos grupos de acordeóns, de guitarras, e de pandeireta e canto infantil da nosa escola de música.

Tivemos así mesmo, unha breve lectura de poemas a cargo de José Manuel Dopazo, Montse Blanco, José Luís Troitiña, Iria Calviño e Justo Calviño, acompañados á guitarra por Kevin González.

Entregamos tamén os seus galardóns aos gañadores da vinte e dúas edición do noso certame literario, no que participaron 42 autores.
O terceiro premio foi para o relato “O reto da auga”, do escritor Jorge Rodríguez Álvarez, da Estrada.
O segundo premio foi para o relato “ O guía”, do escritor Manuel Antonio Piñeiro Fernández, de Ribeira.
E o primeiro premio foi para o relato“A pinga de ámbar”, do escritor José Ángel Corral Suárez, de Ames.

Por último rendémoslle unha merecida homenaxe a don Miguel Reza, director do CIFP A Farixa, un home que nos últimos anos converteuse nun apoio fundamental e nun soporte imprescindible para a nosa entidade, xa que moitos dos logros acadados serían certamente imposibles sen o seu pulo e colaboración.

Escrito por Justo, el Domingo, 21 de Mayo 2017
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal