Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Certame de Nadal 2016
noticias
Bases:

1. O certame terá como tema o Nadal

2. As obras presentadas deberán ser orixinais e estarán elaboradas mediante calquera das seguintes técnicas: pintura, escultura, cerámica, manualidades, fotografía, poesía, cómic ou tarxeta de Nadal con debuxo. Poderase utilizar incluso a combinación de varias modalidades.

3. Establécense dúas categorías, outorgándose dous premios en cada unha delas:
-Categoría A para participantes de 9 a 15 anos.
-Categoría B para participantes de 3 a 8 anos.
O premio que se lle entregará a cada un dos catro gañadores consistirá nunha bolsa con diferentes obsequios e un diploma conmemorativo.
Ningún concursante poderá obter dous premios na presente edición deste certame, polo que no caso de ter votos suficientes para dous, outorgaráselle soamente o mais importante.

4. O sábado, 17 de decembro de 2016, dende as 11 ás 14 h., exporanse no CIFP da Farixa tódalas obras presentadas a concurso. Cada traballo figurará cun número identificativo e cunha letra correspondente á categoría na que participa. As persoas que visiten a exposición poderán votar polas obras que mais lles gusten en cada categoría, utilizando un formulario que a asociación organizadora porá á súa disposición.

5. Obterán premio os dous concursantes mais votados en cada categoría. As obras premiadas quedarán en poder da Asociación organizadora, que as divulgará citando sempre ao seu autor. Os traballos non premiados devolveranse aos seus autores se pasan a recollelos entre xaneiro e febreiro de 2017.

6. O prazo para a recepción das obras rematará o venres, 16 de decembro de 2016, ás 20:30 h. A súa entrega realizarase na escola de música da Asociación, situada no CIFP da Farixa, ben os venres pola tarde, ben os sábados pola mañá.

7. Xunto coa obra, os participantes entregarán unha nota na que reflectirán o título do seu traballo, así como o nome e apelidos do autor, idade, enderezo e teléfono ou correo electrónico de contacto.

8. A entrega dos premios terá lugar no festival que a Asociación Música e Cultura de Galicia celebrará na Igrexa de San Pío X de Ourense, o domingo, 18 de decembro de 2016, ás 17 h.

9. A participación no concurso implica a aceptación de todos os apartados das presentes bases.

ASOCIACIÓN CULTURAL MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
justocalvio@yahoo.es / 609811129
WWW.MUSICABARBADAS.COM

Escrito por Justo, el Viernes, 11 de Noviembre 2016
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal