Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
FESTIVAL DE ANINOVO 2014 CELEBRADO NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
noticias
FESTIVAL DE ANINOVO 2014 CELEBRADO NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE O domingo, 12 de xaneiro de 2014, cunha impresionante resposta de público, levamos a cabo un festival no que participaron os nosos grupos de música e movemento, pandeireta e canto infantil, banda infantil, canto de taberna, cantareiras e banda de música.
Coa celebración deste evento pretendemos en primeiro lugar, mostra-la exuberante vida cultural que aflora no desenvolvemento cotián do alumnado e os colectivos musicais da nosa entidade.
En segundo lugar, buscamos sensibilizar na idea de que un proxecto coma este, debe ser apoiado, aireado e compartido polos nosos socios e amigos, así como polos nosos alumnos e os seus familiares.
Música e Cultura de Galicia é o froito dunha emoción que xurdiu en 1996 nunhas mentes inquedas.
Tralo sentimento inicial impuxémonos, como non podía ser doutro xeito, unha análise racional do que pretendiamos, e observamos satisfeitos que ese proxecto constituía algo innovador, pero tamén recuperador; algo fermoso, formativo e aglutinador; pero era sobre todo, algo estritamente necesario e lóxico nunha sociedade local que vivía culturalmente en precario.
Logo de 18 anos e xa sobradamente convencidos do que somos o do que queremos chegar a ser no futuro, vólvenos alagar unha riada de emocións, porque un organismo coma o noso, ou da índole que sexa, se carece de sentimentos, está incapacitado para evolucionar.
Cando unha persoa decide asociarse a esta entidade, contribúe en primeiro lugar, a que a palabra e a expresión artística sigan a ser libres; en segundo lugar, a facer posible a súa supervivencia, e por último, a garanti-la continuidade da súa entrega social, educativa e cultural con todo aquilo que ós que vivimos en Ourense, naceramos na provincia ou país onde naceramos, nos identifica e nos une. A A.C. Música e Cultura de Galicia, tódolos anos por estas datas, recoñece o xeneroso apoio que lle prestan algunhas persoas, as cales encabezan un longo listado de benfeitores que ben merecerían ser designados tamén pola súa colaboración desinteresada e continua.

Agardamos que edición tras edición, todos eles vaian tendo sitio neste apreciado grupo que ata esta xornada festiva estaba formado por Felisindo Pérez, José Luis Baltar, Vicente Álvarez, Tito Marcos, Alfredo Ferro, Estrella Martínez e Orentino Santos, e que agora se viu incrementado en dúas persoas máis ás que a nosa entidade rendeu unha merecida homenaxe.
Eles son Manuel Crespo e José Rodríguez López.

Escrito por Justo, el Martes, 21 de Enero 2014
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal