Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
REFLEXIÓNS SOBRE O RECENTE FESTIVAL DE NADAL
noticias
REFLEXIÓNS SOBRE O RECENTE FESTIVAL DE NADAL

O pasado domingo, 23 de decembro, celebramos na igrexa de San Pío X de Ourense, o xa tradicional festival de Nadal da A.C. Música e Cultura de Galicia.
Vaia en primeiro lugar o noso agradecemento a D. Luís, párroco da devandita igrexa, por cedernos ese fermoso templo, que se encheu de amigos e socios da nosa entidade.

Sabiamos da dificultade de encher un espazo tan amplo, pero as fotos do evento reflicten irrefutablemente a resposta da cidadanía ourensá ó chamamento cultural da nosa escola de música.
En segundo lugar, debemos agradecer a instrutiva e amena colaboración da directiva Noemí Souto como presentadora do acto.

Tamén, como non, eloxia-la magnífica participación de tódolos grupos musicais participantes: o grupo de música e movemento, o de canto e pandeireta infantil, a banda de música infantil, e os grupos de cantareiras e canto de taberna, cos profesores colaboradores e directores ó fronte.
Queremos agradecer, por último, o esforzo de tódolos alumnos que participaron no noso III concurso de debuxo infantil e felicitar, por suposto, ós gañadores da presente edición.

Escrito por Justo, el Viernes, 27 de Diciembre 2013
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal