Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
CURSO 2013/14 NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA
noticias
CURSO 2013/14 NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA

A Asociación Música e Cultura de Galicia ven desenvolvendo con notable éxito, dende xaneiro de 2008, unha escola de música nas instalacións do Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa na cidade de Ourense.

Esta escola comprende un amplo abanico de especialidades, dende música e movemento (rapaces de 4 a 7 anos), ata linguaxe musical de diferentes graos, pasando pola práctica instrumental en especialidades como frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, gaita, guitarra clásica, guitarra e baixo eléctricos, acordeón, pandeireta e percusión.

As actividades de conxunto abarcan grupos de cámara, guitarras, canto de taberna, charanga, cantareiras, canto e pandeireta infantil, así como bandas de gaitas, de educandos e de música. As clases e ensaios lévanse a cabo os venres, de 16 a 22 h., e os sábados, de 9 a 14 e de 16,30 a 20 h.

As clases e actividades van dirixidas a tódolos interesados en iniciarse na música e a todos aqueles que tendo xa experiencia na práctica instrumental queiran integrarse na dinámica e estrutura de Música e Cultura de Galicia.

A Escola de Música e Cultura de Galicia ten como finalidade fundamental ofertar unha formación práctica en música para afeccionados de calquera idade, sen prexuízo da súa función de orientación a estudos profesionais musicais nos que os distintos alumnos teñan unha especial vocación ou actitude.

A Escola de Música e Cultura de Galicia abarca toda a provincia, aínda que se dirixe moi especialmente ós veciños e rapaces da cidade de Ourense, así como dos concellos limítrofes.

O curso 2013/14 comezará a mediados de setembro de 2013 e rematará o último sábado de xuño de 2014. Para aclarar dúbidas e da-la información que sexa precisa, estaremos no Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa o venres, 6 de setembro, dende as 17 ás 20:30 h.; e o sábado, 7 de setembro, dende as 10 ás 13:30 h.

Escrito por Justo, el Lunes, 12 de Agosto 2013
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal