Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
ASEMBLEAS DO 26/05/2012
noticias

ASEMBLEAS DO 26/05/2012

Na Asemblea Xeral, celebrada o 26 de maio de 2012, expuxéronse e aprobáronse as contas do 2011. A continuación relacionáronse as actividades organizadas e levadas a cabo pola asociación no 2011: Escola provincial de música, xestión dos nosos colectivos, 68 actuacións dos nosos grupos por diferentes puntos da Península Ibérica, XX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, XX Certame Literario de Piñor, IV Festa da Música Popular, Festival de Nadal e actividades desenvolvidas nese tempo, cursos de danza galega e de comunicación e habilidades sociais, intercambios coas bandas de Boiro e A Garda, así como actualización e mantemento da nosa web.

Seguidamente expuxéronse as actividades xa levadas a cabo e as previstas no presente ano de 2012: Escola provincial de música, diversas actuacións dos nosos grupos por diferentes puntos da Península Ibérica, XXI Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, V Festa da Música Popular, Festival de Nadal e actividades dese tempo, obradoiro de teatro, andaina educativa cultural de recoñecemento do hábitat, excursión de un día para os nenos e nenas da asociación, excursión de fin de semana para os socios, xestión dos nosos colectivos musicais e actualización e mantemento da nosa web. Por último e antes de dar paso ós rogos, preguntas e suxestións dos socios, o director da escola de música explicou o funcionamento da escola no 2011 e os resultados acadados, e marcou os obxectivos desta no 2012.

Na Asemblea extraordinaria, celebrada o 26 de maio de 2012, trala asemblea ordinaria, expuxéronse as razóns existentes para unha reforma dos estatutos da asociación, aprobándose a continuación polos socios presentes e sen ningún voto en contra, as modificacións propostas.


Escrito por Justo, el Jueves, 31 de Mayo 2012
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal