|
HOMENAXE DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
noticias
|
|
HOMENAXE DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
Como leva feito nos últimos anos, Música e Cultura de Galicia, durante a velada de Nadal que celebraremos no Teatro Principal de Ourense, o 18 de decembro de 2011, renderá unha homenaxe a algunha persoa que se teña distinguido polo seu apoio, dedicación ou servizo á nosa entidade en particular, ou á música e colectivos musicais galegos en xeral. Os socios de Música e Cultura de Galicia que queiran propor algún candidato para homenaxear na presente edición, poderán facelo a través do envío dun e-mail a info@musicabarbadas.com no que figurarán o nome e apelidos do seus candidatos, así como unha breve exposición dos seus méritos.
Ata de agora, foron homenaxeados Felisindo Pérez, Vicente Álvarez, Tito Marcos, Alfredo Ferro e José Luís Baltar.
|
|
|
|