Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DA IV FESTA DA MÚSICA POPULAR
noticias

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DA IV FESTA DA MÚSICA POPULAR

Benvidos amigos e amigas da música popular. Benvidos tamén veciños da parroquia de Piñor e do resto do concello, que nesta fin de semana agarimosamente nos acolledes. Sentímonos agradecidos pola vosa hospitalidade.

Nestes tempos de tolemia social nos que a loita por acada-los propios intereses prima dun xeito implacable sobre a posibilidade de collernos da man e marcarnos obxectivos de mellora-la sociedade na que vivimos, son as asociacións, formadas maioritariamente por xente nova, as que fan constantes exercicios de xenerosidade a prol da consecución de importantes metas nos eidos sociais, educativos e culturais.

As actividades da IV Festa da Música Popular lévanse a cabo coa desinteresada disposición dos socios, alumnos e músicos de Música e Cultura de Galicia. Todo se fai contando con eles e coa colaboración de varias agrupacións amigas, como Boiro e A Garda, coas que estamos a facer un intercambio e para as que pido agora un aplauso.

Agradecemos tamén a colaboración do Alcalde, que nos prestou o novo local social de Piñor; a da Deputación, que nos concedeu os agasallos para as bandas; e a axuda que nos prestaron para a esta festa os concelleiros Julio de Barbadás e Estrella de San Cibrao.

A partida económica necesaria para desenvolver tódalas actividades e para honrar como se merecen ós colectivos musicais participantes, sae integramente dos fondos da nosa agrupación e das cotas dos nosos socios.

Capacidade, imaxinación, unidade e raciocinio son os catro pés cos que se sostén unha tarefa sociocultural coma a que a nosa asociación leva a cabo, amparándose na colaboración económica e infraestrutural das institucións públicas, cando teñen a ben botarnos unha man e respectan a nosa independencia.

Música e Cultura de Galicia é un colectivo do que calquera de vostedes pode formar parte. Ó longo do ano, ademais de impartirmos clases de música no Instituto da Farixa, realizamos unha chea de actividades para tódalas idades, ás que procuramos darlle a máxima difusión posible. Ademais, a nosa web está regularmente actualizada coas novidades que se van producindo.

Organizamos a festa da música popular porque sabemos que este tipo de música é a máis coñecida, admirada e querida polas nosas xentes, residan estas no mundo rural ou no urbano, xa que esta música está moi por encima do lugar que se habite e do xeito de vida que se leve e porque a calidade máis sobranceira da música popular é que ten moito que ver co coñecemento e o sentimento. E todos sabemos que nada move mellor a unha sociedade cós sentimentos e os coñecementos. Por iso, a educación, as artes, a literatura e a música, son tan importantes no noso xeito de vivir e de comportarnos como individuos e como elementos constitutivos dunha sociedade.

Deixos, entón, coa actuación das bandas de Boiro, A Garda e Barbadás. Moitas grazas.


Escrito por Justo, el Martes, 18 de Octubre 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal