Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
ACTO CULTURAL DA NOSA ASOCIACIÓN O 5 DE XUÑO DE 2011 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
noticias

ACTO CULTURAL DA NOSA ASOCIACIÓN O 5 DE XUÑO DE 2011 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Nun Teatro Principal de Ourense repleto de público, escoitamos e contemplamos unha magnífica actuación conxunta da banda de música do concello de Barbadás e as corais do Liceo de Ourense e Voces e Cordas de Sobrado do Bispo. Logo, entregamos os premios ós nove escritores galardoados nesta edición do Certame Literario de Piñor, en recompensa ó seu esforzo e bo facer no concurso. Contamos neste acto, coa asistencia e participación do Presidente da Deputación Provincial. Ningún xornalista ou fotógrafo dos xornais de Ourense cubriu o evento, pese a estaren tódolos medios convidados.

PRESENTACIÓN DO ACTO

Boas tardes, amigos da Cultura galega. Xuntámonos, un ano máis, para renderlle homenaxe ás nosas Letras e Música; e para facelo, viñemos a este incomparable marco que é o Teatro Principal da cidade de Ourense. Dámoslle as grazas por facilitalo, ó Presidente da Deputación, José Luís Baltar, así como a todo o persoal deste fermoso Teatro.

Nesta velada, contaremos coa animación musical das estupendas corais do Liceo de Ourense e Voces e Cordas de Sobrado do Bispo; e tamén coa da banda de música do concello de Barbadás. Tamén entregaremos os galardóns do Certame Literario de Piñor, que como mostra do seu atractivo e fortaleza, conta de novo entre os gañadores con persoas procedentes das catro provincias galegas.

Cos nove premios de hoxe, serán xa 196 os entregados ó longo dos vinte anos de vida do certame. Case douscentos recoñecementos a máis de 3.000 relatos presentados cunha gran dose de esforzo e ilusión.

Contando co inestimable apoio do Presidente da Deputación e do director do centro educativo, fai 4 anos a nosa asociación creou unha escola de música nas instalacións do Instituto da Farixa. Alí, con once profesores e 356 socios, alumnos e músicos, desenvolvemos as nosas inquedanzas non só musicais, senón tamén socioculturais. En Música e Cultura de Galicia, estamos abertos a todo tipo de sensibilidades e a calquera ámbito local de procedencia. Na actualidade, un 51% dos socios proveñen da capital provincial, un 30% do concello de Barbadás, un 9% do concello de San Cibrao das Viñas e o 10% restante repártese entre os demais concellos limítrofes.

Novamente, contando co espírito colaborador de José Luís Baltar, hoxe podemos presentar un interesante libro, que Música e Cultura de Galicia editou para testemuña-lo intenso traballo levado a cabo co seu Certame Literario. Neste libro recollemos o palmarés do concurso, cos nomes e títulos dos 187 galardoados nas dezanove primeiras edicións; tamén 35 relatos gañadores, escollidos entre tódalas edicións realizadas; e unha reivindicación para que dende o sector intelectual e literario deste país se lle preste algo máis de atención á figura do escritor, avogado, xornalista, orador e animador sociocultural da cidade, Alberto García Ferreiro, orixinario de Sobrado do Bispo, no concello de Barbadás, municipio no que tamén naceu a nosa asociación.

Queridos amigos e autoridades presentes, déixoos xa coas actuacións dos nosos colectivos convidados, que darán paso á entrega de premios do XX Certame Literario de Piñor. Moitas grazas.


Escrito por Justo, el Miercoles, 08 de Junio 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal