Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Principais actividades levadas a cabo no 2010
noticias

Principais actividades levadas a cabo no 2010:

ESCOLA PROVINCIAL DE MÚSICA NO INSTITUTO DA FARIXA

O curso comprendeu linguaxe musical, música e movemento, práctica instrumental nas especialidades de frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra clásica, guitarra e baixo eléctricos, acordeón, gaita e pandeireta. As actividades de conxunto abarcaron grupos de cámara, guitarras, majorettes, charangas, cantareiras pandeireteiras nas modalidades de infantil e adultos, coro infantil, así como bandas de gaitas, de educandos e de música. As clases e ensaios leváronse a cabo os venres, de 16 a 22 h., e os sábados, de 9 a 14 e de 16,30 a 20 h. A escola contou co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As clases e actividades que nela se levaron a cabo tiveron carácter provincial e dirixíronse a tódolos interesados en iniciarse na música e a todos aqueles que tendo xa experiencia na práctica instrumental optaron por integrarse na dinámica e estrutura de Música e Cultura de Galicia.

CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA VALENZÁ

Durante o 2010, tódolos xoves, dende as 19:30 h., impartimos clases de música tradicional no local social da Asociación de Veciños da Valenzá. Estas clases foron gratuítas para os que estaban matriculados tamén na nosa escola de música da Farixa.

ACTUACIÓNS COS GRUPOS MUSICAIS Ó NOSO CARGO.

Tódolos anos, realizamos máis dun cento de actuacións por numerosos lugares da Península Ibérica a cargo dos diferentes colectivos musicais que compoñen a asociación. Atendemos festivais, cerimonias, festas e compromisos de Organismos Públicos, especialmente os da Excma. Deputación Provincial de Ourense.

COLECTIVOS MUSICAIS QUE FORMAN PARTE DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA:

01.- BANDA DE MÚSICA DO CONCELLO DE BARBADÁS.
02.- CHARANGA DOS ESCACHAPEITOS.
03.- BANDA INFANTIL DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
04.- GRUPO DE CLARINETES AIRIÑOS DE BARBADÁS.
05.- MAJORETTES DE OURENSE.
06.- GRUPO DE METAIS XENTE XOVE.
07.- GRUPO DE SAXOS FOLGOS NOVOS.
08.- CHARANGA XENTE MOZA
09.- GRUPO DE GUITARRAS CORDAS BRAVAS
10.- GRUPO DE PERCUSIÓN MALLA NA EIRA
11.- CANTAREIRAS DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
12.- BANDA DE GAITAS
13.- GRUPO DE CÁMARA SOPRO E ARMONÍA
14.- QUINTETO DE GAITAS
15.- GRUPO DE MÚSICA DE MODERNA DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA e XIX CERTAME LITARARIO DE PIÑOR. 

-Domingo, 9 de maio de 2010
Na igrexa de San Pío X de Mariñamansa. Participaron: Clase de Música e Movemento da escola de música da Farixa, Grupo de guitarras Cordas Bravas, Cantareiras da escola de música da Farixa, Grupo de percusión Malla na Eira e Banda infantil de Música e Cultura de Galicia.

-Sábado, 12 de xuño de 2010
Celebramos concerto de alumnos nun salón de actos do Instituto da Farixa, cheo a rebentar. Tivemos intérpretes de tódalas idades, dende rapaces de curta idade a xubilados; todos desbordando concentración, interese e ilusión. Brindáronos varias sorpresas musicais que arrincaron calorosos e prolongados aplausos. 

-Domingo, 27 de xuño de 2010
No Teatro Principal de Ourense, tivemos a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia. Interviron a banda de gaitas e cantareiras Frouma, o grupo de guitarras Cordas Bravas e a banda de música do concello de Barbadás. Entregáronse tamén os premios correspondentes a dezanove edición do certame literario de Piñor, no que participaron 137 relatos chegados de distintos lugares de Galicia.

III FESTA DA MÚSICA POPULAR

*Domingo, 23 de maio de 2010, ás 19:00 h., no Campo de Roma de San Lourenzo de Piñor. Participaron a Banda das escolas de gaitas e cantareiras de Piñor e Baños de Molgas e a Banda das escolas de música da Farixa e San Cibrao das Viñas.

XORNADA DE NADAL ADICADA ÓS ALUMNOS MÁIS NOVOS DA NOSA ESCOLA DE MÚSICA

• Sábado, 18 de decembro de 2010, celebrarmos nas instalacións da Farixa.
un espectáculo para os alumnos de máis curta idade con cancións, xogos con paracaídas, maquillaxe, globoflexia, etc. A continuación tivemos a visita de Papa Noel ós nenos.

FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL

Cheo extraordinario no Teatro Principal para ver a actuación de varios colectivos de Música e Cultura de Galicia. Varias autoridades amigas apoiaron o acto coa súa presenza, coma o Conselleiro de Educación, o Presidente da Deputación, o deputado Rosendo, o alcalde de Barbadás e o tenente alcalde de San Cibrao das Viñas. Seguindo coa nosa política de homenaxear a COMPOSITORES, MÚSICOS OU OUTRAS PERSONALIDADES QUE SE TEÑAN DESTACADO POLO SEU APOIO ÓS PROXECTOS DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA, na presente edición fíxoselle unha homenaxe a Vicente Álvarez, a Alfredo Ferro, Tito Marcos e José Luís Baltar.

ACTUALIZACIÓNS E MANTEMENTO DA PÁXINA WEB: wwwmusicabarbadas.com

Engadíronse á web as seccións de Anecdotario e Humor e a de Certame Literario de Piñor.


Escrito por Justo, el Lunes, 02 de Mayo 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal