Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
REUNIÓN DA DIRECTIVA (13/01/2011)
noticias

REUNIÓN DA DIRECTIVA (13/01/2011)

Acordouse felicitar a tódolos patrocinadores, colaboradores e participantes, e moi especialmente ós compoñentes da nosa Comisión das Xornadas de Nadal polo magnífico traballo levado a cabo nos xogos infantís e visita de Papá Noel á escola, e no Festival de Nadal celebrado no Teatro Principal da cidade. Despois tratouse o estado de contas da asociación e fíxose unha análise pormenorizada das partidas de gastos e ingresos durante o 2010. A continuación realizouse unha primeira aproximación ás Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, que a nosa entidade organiza cada ano, decidíndose que as mesmas constarán de 4 eventos de índole cultural que terán lugar en distintos puntos da cidade de Ourense entre o 15 de maio e o 25 de xuño de 2011. Tratáronse seguidamente os cambios que para tódolos colectivos e grupos musicais que forman parte do Convenio da Deputación Provincial, se estableceron a partir deste ano e decidiuse, despois de examinar cada un dos nosos grupos no convenio, ben manter algúns tal como están, ben reduci-lo número de integrantes doutros e tamén meter dentro do convenio unha banda de música da escola e outra charanga. Tratáronse así mesmo novas maneiras de captación de socios que quedaron de desenvolverse nas dúas vindeiras reunións, para poder facelas realidade dende a primavera do presente ano. A continuación estableceuse a data do sábado, 16 de abril de 2011, para celebra-la asemblea xeral da entidade e marcáronse os martes, 1 de febreiro, 1 de marzo, 5 de abril, 2 de maio, 7 de xuño, 6 de setembro, 4 de outubro e 8 de novembro para ter durante o 2011, reunións ordinarias da Xunta Directiva.


Escrito por Justo, el Lunes, 17 de Enero 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal