Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2011 NO TEATRO PRINCIPAL
noticias

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2011 NO TEATRO PRINCIPAL

Excmo. Sr. Conselleiro de Educación; Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial; Sr. Rosendo, deputado autonómico; Sr. Alcalde do Concello de Barbadás, Sr. Tenente de Alcalde e Sra. Concelleira de Cultura do Concello de San Cibrao das Viñas; estimados alumnos, músicos, familiares e amigos da Asociación Música e Cultura de Galicia, así como señores convidados de honor na velada de hoxe, moi boas tardes a todos vostedes.

Atopámonos hoxe neste marco incomparable que é o Teatro Principal de Ourense co obxectivo de mostrarlles parte do traballo que a nosa asociación está a levar a cabo, así como de homenaxear, como tamén ven sendo habitual nos últimos anos por parte da nosa entidade, a algunhas persoas que tiveron ou teñen un importantísimo peso no pasado e no presente da nosa institución.

A nosa escola de música, da que forman parte máis de 300 persoas, baixo as directrices de 10 profesores, a dirección de José Manuel Dopazo e a tutela dunha Xunta Directiva que teño o gusto de presidir, ten a finalidade básica de dar unha adecuada formación musical a tódolos integrantes da entidade.

Dentro dos nosos diferentes obxectivos, non esquecemos xamais fomentar ó máximo as actividades de conxunto, pois constitúe o mellor xeito de unirnos e de formar unha gran familia dende a educación, o compañeirismo, a solidariedade e a música. Así mesmo, non esquecemos a nosa perenne vocación de contribuír á vida educativa e cultural da provincia e, por suposto, tamén de Galicia, naquela parte que obviamente nos corresponda e que se sitúa sempre nos postos máis innovadores dentro do respecto á cultura que nos serviu de berce.

De aí a nosa participación anual en máis dun cento de eventos, intercambios, festivais e certames. Por iso organizamos tamén cada ano a festa da música popular, as xornadas de exaltación das letras e a música de Galicia, que xa camiñan pola súa vixésima edición e que teñen o seu punto culminante na coordinación e celebración do Certame Literario de Piñor. Por iso coidamos unha web onde a escola, os colectivos, a literatura, as anécdotas e as lembranzas teñen fundamental presenza, sempre dende unha clave xenuinamente galega.

Esta tarde contaremos coa intervención de oito dos nosos grupos, quedando para outra ocasión a actuación doutros tantos, que non tiveron hoxe cabida neste acto, só por non alargalo demasiado.

Estimado Conselleiro, querido Presidente, non agarden atopar na nosa mostra un virtuosismo fóra do común, porque non é o noso obxectivo como escola de música. O que si atoparán en abundancia vai ser ilusión, traballo e sacrificio por parte dos alumnos, dos pais, dos profesores e da directiva.

Amigos e amigas, vounos deixar por fin coa música. Recordábame a semana pasada o director dunha banda portuguesa, a xa célebre frase de Walter Haddon de que a música é o remedio das almas tristes. Eu contesteille que tamén é as alas que lle serven para voar ás almas ledas e por suposto, unha das máis importantes motivacións que sempre han de ter tódalas almas. Moitas grazas.


Escrito por Justo, el Lunes, 20 de Diciembre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal