Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
REUNIÓN DA DIRECTIVA (25/10/2010)
noticias

REUNIÓN DA DIRECTIVA (25/10/2010)

A reunión iniciouse ás 20:30 h., no local social de Piñor, informándose en primeiro lugar do estado de contas da entidade. A continuación tratouse o cambio no sistema de pago do aluguer das instalacións da nosa escola de música, que supuxo asumir ese gasto e incrementar, por tanto, a partida de gastos da entidade en 6.000 euros anuais. A fin de compensar no presente exercicio ese gasto extra co que non se contaba, acordouse deixar para fondos o importe dos concertos levados a cabo pola nosa banda de música en Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Corcubión e que deberá abonar a Consellería de Cultura. No ano vindeiro, ademais de deixar algunha actuación elevarase a cota da escola de música a partir de setembro de 2011 a 12 euros pola primeira actividade e a 8 euros pola segunda, seguindo a ser linguaxe musical gratuíto para tódolos matriculados nalgunha actividade.

No punto seguinte, o director explicou a estrutura no presente curso da nosa escola de música (disciplinas, novidades, profesorado, alumnado, obxectivos, etc.). Xa no cuarto punto da orde do día, a directiva acordou as actividades a desenvolver co gallo da celebración da Festa de Nadal, constando nesta ocasión dunhas actividades de xogo infantil o sábado, 18 de decembro, e ademais coa visita de Papá Noel ó alumnado; e ó día seguinte, no Teatro Principal de Ourense, a celebración do tradicional festival de Nadal, coa participación de varios grupos musicais da nosa entidade. Como último punto, acordouse a creación no seo da asociación do Grupo histórico literario Alberto García Ferreiro, que realizará traballos creativos, literarios e de investigación histórica; e así mesmo se desenvolverá en colaboración coa Comisión das Xornadas de Exaltacións das Letras e a Música de Galicia, axudándoa na organización dos actos a levar a cabo nesas datas e no Certame Literario de Piñor.


Escrito por Justo, el Viernes, 29 de Octubre 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal