| |
UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA
noticias
|
|
|
|
UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA
Cando os membros da comisión de festas de Cabeza de Vaca, localidade na que aínda hai bastantes casas no solar municipal de Barbadás, se achegaron pola Casa Consistorial dese Concello para interesarse pola nosa banda de gaitas (Frouma de Piñor), non só non lla concederon, como ben sendo habitual nos tres últimos anos con tódolos nosos colectivos musicais, senón que tan sequera lle quixeron facilitar -aínda que llo pediron-, o xeito de contactar cos responsables da asociación. Por suposto que están en todo o seu dereito, pero qué memoria tan fráxil teñen. Qué pronto se esqueceron de tantos servizos -moitos deles desinteresados-, prestados pola nosa entidade durante tantos anos.
|
|
|
|
|