| |
MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL
noticias
|
|
|
|
MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL
O pasado domingo, tivo lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas polas nosas asociacións. Extraordinaria resultou a interpretación das bandas de gaitas Frouma e de música do concello de Barbadás, así como das cantareiras e do grupo de guitarras Cordas Bravas, que arrincaron intensos aplausos do público, que unha vez máis respondeu magnificamente á nosa chamada. Contra todo prognóstico fomos quen de vencer á tentadora praia e ós interesantes partidos do campionato do Mundo de fútbol.
Ben os directores dos grupos (Iria, Bea e Jose); ben todos os músicos que constituían os colectivos; ben os encargados do transporte do material e da infraestructura, baixo a responsabilidade de Diego. Parabéns ás oito galardoadas e a tódolos participantes no noso certame literario.
Parabéns a Javier por esa extraordinaria mostra do seu virtuosismo musical que nos ofreceu, acompañado da banda. Foi un magnífico broche ó seu esforzo no presente curso como profesor na nosa escola de música.
|
|
|
|
|