O próximo domingo, 27 de xuño, dende as 20:00 h., no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas durante os meses de maio e xuño, polas asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves amigos do Concello.
Intervirán nese acto, a banda de gaitas e cantareiras Frouma, o grupo de guitarras Cordas Bravas e a banda de música do concello de Barbadás.
Entregaranse tamén os premios correspondentes a dezanove edición do certame literario de Piñor, no que participaron 137 relatos chegados de distintos lugares de Galicia. Nesta ocasión os galardoados foron:
na categoría de 18 a 30 anos: Rocío Leire Castro e Iria Calviño García;
na categoría de 14 a 17 anos: Nerea Blanco Souto e Belén Sotelo García;
na categoría de 10 a 13 anos: Sandra Carrasco Álvarez e Sara Fernández Álvarez; e
na categoría de 6 a 9 anos: Carmela Lemos Nacemento e Selene Carnero Cid.
¡Grazas a tódolos participantes!