| |
Concerto de Alumnos na Farixa
noticias
|
|
|
|
Onte celebramos concerto de alumnos nun salón de actos do Instituto da Farixa, cheo a rebentar. Tivemos intérpretes de tódalas idades, dende rapaces de curta idade a xubilados; todos desbordando concentración, interese e ilusión. Brindáronos varias sorpresas musicais que arrincaron calorosos e prolongados aplausos. ¡Moi bo traballo da dirección, profesorado e alumnado! ¡Moi bo público! ¡Magnífica demostración de Música e Cultura de Galicia!
|
|
|
|
|