| |
ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
noticias
|
|
|
|
ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
Celebrouse o sábado, 24 de abril de 2010, dende as 20:00 h. no salón de actos do Centro Integrado da Formación Profesional da Farixa.
ORDE DO DÍA:
1º.- A tesoureira expuxo as contas do 2009 e realizou tamén unha exposición das contas do 2010 ata o día da asemblea.
2º.- O presidente realizou un amplo resumo das actividades máis importantes levadas a cabo no 2009 e das que están previstas ou levándose xa a cabo no 2010.
Actividades máis importantes levadas a cabo durante o 2009:
-ESCOLA PROVINCIAL DE MÚSICA NA FARIXA -CURSO DE MÚSICA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA VALENZÁ -NUMEROSAS ACTUACIÓNS COS GRUPOS MUSICAIS Ó NOSO CARGO EN FESTAS E FESTIVAIS. -PARTICIPACIÓN NO 123 CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “CIDADE DE VALENCIA” -ORGANIZACIÓN DAS XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA E DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. -ORGANIZACIÓN DA II FESTA DA MÚSICA POPULAR -FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL -ACTUALIZACIÓNS E MANTEMENTO DA PÁXINA WEB: wwwmusicabarbadas.com
Actividades máis importantes durante o 2010:
-ESCOLA PROVINCIAL DE MÚSICA NA FARIXA Engadiranse probablemente no novo curso que comezará en setembro ás especialidades xa existentes na nosa escola, as modalidades de acordeón e danza folclórica. -CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA VALENZÁ Continuarase con esa actividade sempre que sigan deixándonos o local e a Deputación nos manteña a subvención para ese concepto. -NUMEROSAS ACTUACIÓNS QUE XA ESTÁN PROGRAMADAS COS GRUPOS MUSICAIS Ó NOSO CARGO. -XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA. Xa están organizadas para os días 9 de maio e 12 e 27 de xuño. -XIX CERTAME LITARARIO DE PIÑOR. Xa está organizado e con importantes novidades. -III FESTA DA MÚSICA POPULAR Xa está organizada para o día 23 de maio. -FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL Xa está organizado para o día 18 ou 19 de decembro. -ACTUALIZACIÓNS E MANTEMENTO DA PÁXINA WEB: wwwmusicabarbadas.com Xa se pediu orzamento de cambios na web a fin de facela máis dinámica. -ORGANIZARANSE TAMÉN ALGUNHAS EXCURSIÓNS, CURSOS, CONFERENCIAS E OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DAS QUE SE INFORMARÁ OPORTUNAMENTE.
3º.- O presidente fixo unha exposición das subvencións tramitadas, concedidas, cobradas e pendentes de cobrar tanto do exercicio do 2009, como do 2010.
4.-Falou a tesoureira dos tipos de cotas que existen na asociación e da conveniencia de formar parte dela dun xeito ou doutro para fortalece-la agrupación en tódolos sentidos.
Clases de socios:
1.- Son socios/alumnos todos os que reciben clases de linguaxe musical, música e movemento, canto ou de algún instrumento musical.
2.- Son socios ordinarios: -Todas aquelas persoas e entidades colaboradoras ou protectoras. -As majorettes da nosa asociación. -Os músicos pertencentes ós grupos da entidade que non son alumnos da nosa escola de música. -Os traballadores da asociación.
A importancia dos socios ordinarios é grande, pois contribúen á solvencia económica da asociación, danlle vida e dinamismo á mesma, aportan as súas ideas e iniciativas, teñen voz e voto na asemblea e poden formar parte da xunta directiva.
Cotas:
Tanto as cotas de socios ordinarios, como as de socios/alumnos acostuman a variar cada ano, por acordo da asemblea xeral, pero son sempre moi populares en canto o seu importe. Cotas extraordinarias serán aquelas que se establecen pola directiva, por beneficiarse o socio ordinario ou outro tipo de usuarios, dalgunhas actividades que se establecen con carácter extraordinario (viaxes, cursos, comidas, certos espectáculos, etc.). Só estarán obrigadas a abonar esta cota, aquelas persoas que se beneficien directamente do servizo ofertado. Os socios, terán descontos neste tipo de actividades, con respecto ós outros usuarios do mesmo servizo, que non sexan socios.
5º.-A continuación houbo unha interesante exposición polo director da escola de música dos resultados acadados nela durante o 2009 e dos obxectivos que Música e Cultura de Galicia se propón conseguir na escola no presente curso de 2010.
6º.-Fíxose pública á asemblea a única candidatura presentada para facerse cargo da Xunta Directiva, proclamándose de seguido e tomando posesión os novos directivos dos seus cargos.
A directiva entrante é a seguinte:
Presidente: Justo Calviño Cruz Vicepresidente: Antonio Currás Menor Secretario: José Manuel Dopazo Grande Tesoureira: Iria Calviño García Vocal: Orentino Santos Outomuro Vocal: Manuel González González Vocal: Juan Carlos Pérez Paz Vocal: Almudena Varela Sabucedo Vocal: María Concepción Borrajo Iglesias Vocal: David Manuel Rodríguez Álvarez Vocal: Diego Pérez Fernández Vocal: José Miguel Grande Dopazo Vocal: Noemí Blanco Souto Vocal: María del Carmen Fernández Álvarez Vocal: Tito Marcos Vázquez
7º.- O presidente fíxolle saber á asemblea que os directivos, a parte das tarefas específicas dos seus cargos, desenvolverán o seu labor nesta nova lexislatura traballando en comisións formadas cada unha delas por un mínimo de tres directivos e estruturadas en comisións de participación na xestión da asociación e comisións de participación na xestión da escola de música.
8º.- Pechouse a asemblea anual cun capítulo de rogos e preguntas.
|
|
|
|
|