| |
XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA
noticias
|
|
|
XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA
Organizadas pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e a Asociación Xuvenil Xoves Amigos.
PROGRAMA:
*Domingo, 9 de maio de 2010, ás 20:00 h., na igrexa de San Pío X de Mariñamansa. Participan: -Clase de Música e Movemento da escola de música da Farixa. -Grupo de guitarras Cordas Bravas. -Cantareiras da escola de música da Farixa.. -Grupo de percusión Malla na Eira. -Banda infantil de Música e Cultura de Galicia.
*Domingo, 23 de maio de 2010, ás 19:00 h., no Campo de Roma de San Lourenzo de Piñor. Participan: -Banda das escolas de gaitas e cantareiras de Piñor e Baños de Molgas. -Banda das escolas de música da Farixa e San Cibrao das Viñas.
*Sábado, 12 de xuño de 2010, ás 20:00 h., no salón de actos do Centro de Formación Profesional da Farixa. Participan: -Clase de Música e Movemento da escola de música da Farixa. -Alumnado da escola de música da Farixa (solistas, dúos, grupos de cámara, etc.).
*Domingo, 27 de xuño de 2010, ás 20:00 h., no Teatro Principal de Ourense. Participan: -Banda de gaitas e cantareiras Frouma. -Un rancho folclórico de Portugal. -Banda de música do concello de Barbadás. -Entregaranse ademais os galardóns do XIX Certame Literario de Piñor.
|
|
|
|
|