Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
noticias

Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XIX Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.   

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas. -Categoría A, para participantes de 18 a 30 anos. -Categoría B, para participantes de 14 a 17 anos . -Categoría C, para participantes de 10 a 13 anos. –Categoría D, para participantes ata 9 anos.   

2.- Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Ademais entregaranse cheques ós gañadores por importe de 590 euros, repartidos do seguinte xeito: 1ºA: 200€. 2ºA: 100€. 1ºB:100€. 2ºB: 50€. 1ºC: 60€. 2ºC: 30€. 1ºD: 30€. 2ºD: 20€.   

3- Os contos estarán escritos en galego e a extensión e temática dos mesmos serán libres, non debendo estar xa premiados noutros certames, nin por suposto editados en calquera tipo de publicación.   

4.- Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (R/Requeixo, 70. 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR.   

5.- Xunto cos traballos, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que se participa. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo e número de teléfono. O prazo de admisión pecharase o venres, 18 de xuño de 2010, ás 15:00 h.   

6.- O xurado compoñerano persoas de recoñecida solvencia nos eidos do ensino e a literatura. O fallo será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o domingo, 27 de xuño do 2010, nun acto que se celebrará dende as 20:00 h., no Teatro Principal da cidade de Ourense e que contará coa animación musical da banda de gaitas Frouma, un grupo de danzas e cantares de Portugal e a banda de música do concello de Barbadás.   

7.- Os orixinais non serán devoltos ós seus autores, reservándose os organizadores o dereito de publica-los relatos gañadores.  

8.- Poderá ser solicitada a información que se precise sobre este certame, chamando ó número de teléfono 609 811 129.   

9.- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ó xurado. O feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases.   

Ourense, 20 de marzo de 2010


Escrito por Justo, el Miercoles, 24 de Marzo 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal