| |
NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
noticias
|
|
|
|
NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA :
a) O prazo de presentación de candidaturas transcorrerá dende o 17 de marzo ata ó 16 de abril de 2010.
b) Cada candidatura presentarase nun escrito, no prazo indicado no punto anterior, que se entregará ó actual presidente da asociación, quen lle estenderá ó socio que a presente un “recibín” acreditativo de que a candidatura foi correctamente recibida.
c) Cada candidatura deberá conter un mínimo de cinco socios e un máximo de quince.
d) A votación das candidaturas levarase a cabo o sábado, 24 de abril, durante a asemblea xeral de socios, que terá lugar no salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa dende as 20:00 h.
e) Poderán votar: -En primeiro lugar, aquelas persoas que ostenten a condición de socios ordinarios de carácter anual e que teñan pagada a cota do 2010. -En segundo lugar, os alumnos e alumnas do curso 2009/2010 que teñan o pago das súas cotas da escola de música ó día, podendo eles mesmos exerce-lo dereito ó voto no caso de seren maiores de idade; ou un dos seus pais ou titores, no caso dos alumnos menores de idade.
|
|
|
|
|