| |
ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS
noticias
|
|
|
|
ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS
Sr. Alcalde do Ilmo. Concello de Barbadás:
JUSTO CALVIÑO CRUZ, con DNI nº 34.926.342-Z, EXPÓN que onte, xoves, 22 de outubro de 2009, pola tarde, atopei no buzón de correos varias cartas desde Concello dirixidas ás asociacións nas que ostento algunha representación ou cargo. As mesmas teñen data de saída do Concello o 19 de outubro, mais foron entregadas ós seus destinatarios na data arriba indicada.
Que o mesmo lle ocorreu a algunhas outras asociacións do municipio, como por exemplo á Asociación de Veciños da Valenzá, Asociación Xuvenil Xoves Amigos e outras.
Que no contido da carta municipal se lles indica ás asociacións que deberán presentar no Concello a memoria de actividades antes do 23 de outubro, de cara a seren incluídas no orzamento do Concello para o ano 2010. Este prazo constitúe unha auténtica aberración administrativa ou un descoido inadmisible, posto que non se lles deixa ás asociacións nin un día para que poidan preparar e presenta-la documentación requirida. Sinxelamente, o Concello elimina o prazo de presentación.
Aínda que convencido de que do mesmo xeito que no que vai de lexislatura, non se outorgará un só céntimo ás asociacións que represento, véxome na obriga de denunciar que se xogue deste xeito coas asociacións municipais, auténticas dinamizadoras durante longos anos da vida social do Concello.
Tamén lle fago chegar a nosa queixa porque coidamos que quizais vostede non é o culpable desta situación anómala, limitándose probablemente a súa participación a asinar tan desafortunado escrito.
Non obstante e pese a todo o recollido anteriormente, xúntolle as memorias de actividades para o 2010 das asociacións baixo a miña responsabilidade.
Reciba un cordial saúdo. Barbadás, 23 de outubro de 2009.
|
|
|
|
|